Calendario
Ver carrera

Betanzos

24/08/2024 9:30 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción XXIV Carreira Popular Betanzos.
ORGANIZAN: Concello de Betanzos e Club atletismo "BRUTANZOS TEAM".
DATA DE CELEBRACIÓN: 24 de agosto de 2024.
HORARIO: As carreiras de menores comezarán ás 10:30 h, a carreira absoluta ás 11:00 h e a andaina ás 11:05 h.

Non haberá cronometraje nin clasificación ao tratarse dunha proba popular no que o principal obxectivo e dar a coñecer o pobo de Betanzos e disfrutar do día nunha pequena festa ao finalizar a proba.

Incripción:

https://www.ins.cronotec.es/web-evento/10311-xxiv-carreira-popular-betanzos

Regulamento:

XXIV CARREIRA POPULAR BETANZOS FESTAS SAN ROQUE 2024
O Sábado 24 de agosto a partires das 10:30h terá lugar a XXIV Edición da CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BETANZOS
1. ORGANIZA E PATROCINA: CONCELLO DE BETANZOS, CLUB ATLETISMO “BRUTANZOS TEAM”.
2. COLABORAN:
- CONCELLO DE BETANZOS
- PROTECCIÓN CIVIL
- GADIS
3. LUGAR E DÍA: VELÓDROMO BETANZOS, SÁBADO 24 AGOSTO. TODAS AS PROBAS CON SAÍDA E CHEGADA NO VELÓDROMO.
4. HORARIOS, DISTANCIAS E ANOS DE NACEMENTO POR COMPETICIÓN:
- A PARTIR DAS 9:30 H: ENTREGA DE DORSAIS
- 10:30 h.: CARREIRA DE PITUFOS (2017 e posteriores)
- 10:35 h.: SUB-10 (2013-2016), SUB-12 Distancia:
500 m. aprox.
- 10:40 h.: SUB-12, SUB-14, SUB-16 (2011-2007):
1500 m. aprox.
- 11:00 h.: CARREIRA ABSOLUTA. DISTANCIA: 6 KM
- 11:05 h.: ANDAINA
5. INFORMACIÓN E CARACTERÍSTICAS DOS PERCORRIDOS:
- Percorridos cortados ao tráfico
- Todos os percorridos estarán debidamente sinalizados
- Os percorridos dos menores discurrirán pola zona do velódromo.
- Saída e chegada: velódromo de Betanzos.
6. INSCRICIÓN E PREZOS
O prazo de inscrición rematará o mércores 21 de agosto ás 23:59 h., na web www.cronotec.es
A inscrición para as categorías menores será gratuita.
A inscrición na proba absoluta será de 5 Euros.
7. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais e agasallo do corredor conmemorativo da proba serán entregados aos participantes o sábado 24, dende as 9:00 h., na carpa habilitada a tal efecto na zona de saída e chegada da carreira, nas pistas deportivas cubertas anexas ao Velódromo de Betanzos.
8. TROFEOS E AGASALLOS DA CARREIRA
Na proba absoluta, trofeo para os 3 primeiros absolutos e as 3 primeiras absolutas.
Na proba de menores, ao non ser competitivas, os participantes recibirán un pequeno agasallo.
9. CRONOMETRAJE
Non haberá cronometraje nin clasificación ao tratarse dunha proba popular no que o principal obxectivo e dar a coñecer o pobo de Betanzos e disfrutar do día nunha pequena festa ao finalizar a proba.
10. DUCHAS
As duchas estarán situadas no colexio Vales Villamarín, a 100 metros da saída e chegada da proba.
11. ROPEIRO
Teremos unha zona habilitada para deixar a roupa na zona de saída e chegada.
12. RESPONSABILIDADE E SEGURO DE ACCIDENTES
Todos os participantes estarán amparados por un Seguro Colectivo de Accidentes e atenderán en todo
momento as indicacións realizadas pola Organización a través de voluntarios, técnicos, xuíces, persoal
acreditado ou o speaker da proba. Cada corredor participa na XXIV Carreira Popular de Betanzos baixo a
súa enteira responsabilidade. A Organización recomenda a todos os corredores realizar un
recoñecemento médico e/ou unha proba de esforzo antes de tomar a saída. A Organización declina toda
responsabilidade dos danos que os participantes puideran sufrir ou causar a terceiros en horas
posteriores á súa participación na carreira.
13. DEREITOS DE IMAXE
Todos os corredores/as polo feito de realizar a inscripción aceptan a aparición da súa imaxe en videos
ou fotografías previas ou durante a celebración do evento, entrega de premios/agasallos e a publicación
do seu nome nos medios de comunicación e/ou internet, salvo manifestación expresa no sentido
contrario, feita esta cunha antelación non inferior a 48 horas previas á celebración da carreira.
14. OUTRAS DISPOSICIÓNS
- Ao finalizar, haberá avituallamiento final para os participantes na proba, tanto nas carreiras como na andaina.
- A organización resérvase o dereito a modificar o presente reglamento ata 30 minutos antes do inicio
da proba

[ Go Back ]