Calendario
Info da proba

Arteixo

01/05/2024 11:45 - 13:25
Regulamento Art. 1 – IDEOLOXÍA
A carreira popular do Concello de Arteixo ten por obxectivo seguir a fomentar a práctica de
actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable, a través desta
nova edición.
Nesta edición colaborarase co banco de alimentos Rías Altas favorecendo que todas as persoas
que desexen axudar voluntariamente a esta entidade, podan facelo doando o que considere cada
quen, con alimentos non perecedoiros preferentemente (leite, cacao, fariña, azucre, aceite,
conservas, cereais para o almorzo, salsa de tomate, leite infantil e potiños infantís) na carpa
habilitada para tal fin no día da carreira.
Todas as persoas que libremente estean interesadas, tamén poderán colaborar coa Entidade Stop
Leucemia, Fundación contra o Cancro Hematolóxico, dirixíndose á carpa que terán situada preto
da saída e meta.
Art. 2 – DATA
O Concello de Arteixo organizará a XXIV edición da Carreira Popular Concello de Arteixo o
vindeiro 1 de maio de 2024, cunha distancia de 11.700 metros para a proba de adultos, e
lonxitudes adaptadas para as categorías de menores..
Art. 3 – HORARIO
A proba de adultos comezará ás 11.45 a.m. e a liña de saída estará situada na zona do Pazo dos
Deportes de Arteixo, na Av. Arsenio Iglesias, 43, 15142 Arteixo, A Coruña.
As carreiras de menores comenzarán ás 10.00 a.m. na mesma ubicación.
Art. 4 – CIRCUÍTOS
A proba absoluta, e de cadeiras de rodas e handbikes levarase a cabo sobre a distancia de
11.700 metros correspondentes ao circuito A, e transcorrerá sobre asfalto na súa totalidade. A
ruta estará debidamente sinalizada.
 Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O
Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Ervedíns, Marciñado, O
Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e chegada
ao Pazo dos Deportes.
A carreira Pre-benxamín levarase a cabo sobre unha distancia de 200 metros, correspondentes ao
circuito B.
 Percorrido: Dende a entrada no aparcadoiro do Campo de fútbol ata o IES Manuel Murguía
e volta.
A carreira Benxamín e Alevín levarase a cabo sobre unha distancia de 960 metros,
correspondentes ao circuito C.
 Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias ata Glorieta e volta.
A carreira Infantil, Cadete e Xuvenil levarase a cabo sobre unha distancia de 2.800 metros, correspondentes ao circuito D.
 Percorrido: Ida e volta, saída do Pavillón, Avda. Arsenio Iglesias, Paseo Fluvial ata a primeira
ponte pola que pasa a estrada xeral.
A carreira da categoría especial levarase a cabo sobre unha distancia de 200 metros,
correspondentes ao circuito E.
 Percorrido: Dende aproximadamente a entrada do aparcadoiro do Campo de fútbol ata o lugar de
saída da carreira absoluta.
A organización poderá modificar os percorridos por causas alleas e/ou de forza maior.
Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips, con excepción da categoría
prebenxamín, que é meramente participativa.
Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o
mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A organización resérvase o
dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen, avisando na
medida do posible. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as
súas decisións inapelables. A participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.
Art. 6 – UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, así como os chips amarelos,
son exclusivos desta carreira e deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente
visible, e na zapatilla ou portachips no nocello, sen obstrucións e sen manipulalo, e así deben
levarse durante toda a proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do que as persoas que cheguen a meta (finishers)
poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen dorsal
e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas
regulamentariamente inscritas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente
a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa
o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A
organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais sen axudas
materiais de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente rexistradas. Calquera dúbida a respecto diso deberá consultarse coa organización
antes de facer a inscrición a través do correo electrónico consulta@championchipnorte.com
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar,
avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento. Tampouco está permitida a participación con animais,
nin correr acompañados destes en ningún momento.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa
participante.
Art. 8 – DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba á ou ao atleta que
manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle
requira, ás e aos corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil,
servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
A organización da proba terá a facultade de descualificar á persoa infractora que non leve visible
o seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o
percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada no regulamento.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
Art. 9 – PECHE DE CONTROL DAS CARREIRAS
 Absoluta: 90 minutos despois de súa saída.
 Infantil, Cadete e Xuvenil: 20 minutos despois de súa saída.
Art. 10 – CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
 Sénior: Persoas nadas entre 2006 e 1990 ambos incluídos.
 Veterano A: Persoas nadas entre 1989 e 1974 ambos incluídos.
 Veterano B: Persoas nadas entre 1973 e 1960 ambos incluídos.
 Veterano C: Persoas nadas de 1959 en adiante.
 Cadeiras de atletismo e handbikes*: Persoas nadas en 2016. 18 años cumpridos o día da
proba
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que
axuden á impulsión destas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro
adherido á roda.
Ojo morado Atletas en handbike
*Poderán participar en handbike ou cadeira de atletismo, sendo estas categorías independentes,
todas aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos neste regulamento e que sexan
maiores de idade con discapacidade física que xustifique a súa participación en esta modalidade.
O percorrido será o mesmo que para a categoría sénior
Deberán presentarse na carpa de control 60 minutos antes do inicio da proba para pasar o control
de material e recibir o briefing da carreira. No control de material revisaranse os seguintes
elementos, que deberán estar homologados e funcionar correctamente: casco, chasis, bandeira
de visibilidade, rodas, sistema de freado e sistema de dirección.
CATEGORÍAS E INSCRICIÓNS
 Pre-benxamín: persoas nadas entre 2017-2019 ambos incluídos.
 Benxamín: persoas nadas nos anos 2015 e 2016 homes e mulleres.
 Alevín: persoas nadas nos anos 2013 e 2014 homes e mulleres.
 Infantil: persoas nadas nos anos 2011 e 2012 homes e mulleres.
 Cadetes: persoas nadas nos anos 2009 e 2010 homes e mulleres.
 Xuvenil: persoas nadas nos anos 2007e 2008 homes e mulleres.
 Categoría especial: persoas con diversidade funcional, (persoas nadas en 2019 e anteriores).
CATEGORÍAS HORARIO* DISTANCIA
Pre-benxamín 10.00 200 m aprox.
Benxamíns 10.30 960 m aprox.
Alevíns 10.30 960 m aprox.
Infantil 10.45 2.800 m aprox.
Cadete 10.45 2.800 m aprox.
Xuvenil 10.45 2.800 m aprox.
Especial 11:30 200 m aprox.
Cadeiras de atletismo e handbikes 11.35 11.700 m aprox.
Absoluta 11.45 11.700 m aprox.
*Os horarios son aproximados, dependendo do volume de participantes de cada
categoría.
A organización pode facer variar carreiras en cada idade.
Art. 11 – INSCRICIÓN
a) A inscrición é gratuita para todas as categorías.
Ojo morado A través da web https://carreirapopulararteixo.com/ Estará operativa desde a publicación
deste regulamento ata as 23.59 horas do mércores 24 de abril de 2024. Tanto para entidades
deportivas como para centros escolares, existe a posibilidade de realizar inscricións grupais:
 Os centros escolares poden poñerse en contacto no correo: consulta@championchipnorte.com
para que se lles habilite a conta pertinente desde a que realizar a inscrición.
 As entidades deportivas poden crear un usuario desde o que dar de alta aos participantes na
proba desde o seguinte enlace: https://ccnorte.com/registro/club?next=/perfil/datos-deportivos/
c) Outras consideracións:
 As inscricións estarán limitadas a 1.500 participantes no cómputo de todas as categorías.
 As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, gratuitamente.
 Non se fará, baixo ningún concepto, ningunha inscrición posterior a data límite, nin por suposto o
mesmo día da competición.
 Non se permitirá a participación en máis dunha proba.
SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
Art. 12 – ENTREGA DE DORSAIS
O domingo 28 de abril en horario de 10.00h a 14.00h, o luns día 29 e o martes 30 de abril en
horario de 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h, na piscina municipal de Arteixo.
O mesmo día da proba ( 1 de maio) no Pazo dos Deportes dende as 8.30h ata media hora antes
do inicio de cada proba. Recoméndase chegar con antelación suficiente para evitar colas de
última hora.
Unha vez finalizada a proba, as persoas participantes non propietarias de chip non terán que
devolver o chip xa que a organización facilitou o chip desbotable que estará colocado no dorsal.
Para a retirada do dorsal, a todas as persoas participantes, poderáselles solicitar que acrediten a
súa identidade á hora de recoller o dorsal, con calquera dos seguintes documentos oficiais:
 Maiores de 14 anos: DNI, ou outro documento oficial.
 Os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do pai/nai/titor/a..
Art. 13 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
WC: Estarán á disposición dos participantes os aseos localizados no Pazo dos Deportes.
DUCHAS: Estarán á disposición dos participantes as duchas localizadas no Pazo dos Deportes.
GARDARROUPA: Estarán á disposición dos participantes no Pazo dos Deportes.
Art. 14 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
Ademais, haberá colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso
obrigado, polo que as e os atletas que non os utilizaren, poderían ser descualificados.
Art. 15 – SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados e de acordo coa lexislación vixente.
Poñerase a disposición das persoas participantes un servizo de fisioterapia.
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do
seguro obrigatorio deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal
indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias,
enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e
contacto/s en caso de emerxencia.
TROFEOS
Art. 16 – CLASIFICACIÓNS
As clasificacións publicaranse unicamente en formato dixital, nas páxinas web da organización
destinadas para ese efecto.
Art. 17 – ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas
clasificadas da categoría absoluta, así como as tres primeiras persoas clasificadas das
diferentes categorías de adultos, tanto en homes como en mulleres.
Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha
das categorías (masculina e feminina).
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non
se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo
de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado,
entenderase que renuncian a el.
Os trofeos non serán acumulativos. Os tres primeiros clasificados masculino e feminina non
recibirán trofeo, de ser o caso, na súa categoría específica.
Do mesmo xeito, se fará entrega dos seguintes trofeos e agasallos:
 As 3 primeiras persoas clasificadas en categorías benxamín e alevín, tanto en homes
como mulleres recibirán trofeo e todos os participantes medalla conmemorativa.
 As 3 primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías na categoría InfantilCadete-xuvenil, tanto homes como mulleres recibirán trofeo.
 Trofeo ao corredor/a de maior idade que remate a proba.
 Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a do Concello de Arteixo, ben que resida no
municipio ou ben sexa natural do mesmo. Para optar a este premio deberá facer constar
na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar
a súa residencia ou nacemento en Arteixo.
 Recibirán trofeo as 3 primeiras persoas clasificadas en handbike e as tres primeiras
persoas clasificadas en cadeira de rodas, sen distinción de xénero.
 Farase entrega dos mesmos en dous bloques, o primeiro ao finalizar as probas de
categorías base e o segundo ao remate da proba da carreira sénior longa.
 Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos.
 As persoas participantes na proba pre-benxamíns recibirán unha medalla conmemorativa.
 Todas as persoas participantes na categoría especial recibirán unha medalla
conmemorativa.
CONSIDERACIÓNS XERAIS
RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
A inscrición para a participación na proba presupón a aceptación deste Regulamento e a expresa
renuncia a calquera reclamación futura por mor das modificacións regulamentarias que poidan
acontecer.
A proba rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade
Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas
deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306
do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de
xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
Os e as atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos
vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios e
usuarias normais da vía.
É obrigatorio correr pola marxe dereita das rúas de Arteixo.
Suspenderase a proba sempre e cando haxa unha alerta meteorolóxica en terra no ámbito
territorial da proba, de nivel igual ou superior a laranxa ou causa de forza maior.
A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmo ou a outras
persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias
que poidan cometer durante o seu transcurso.
Todas as persoas participantes declaran expresamente non sufrir ningún problema de saúde que
lle impida a práctica deportiva e a disputa desta carreira.
A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou imputadas
por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)
Non se permitirá o acompañamento de animais ás persoas participantes durante a proba.
Art. 18 – RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por
imprudencias ou descoidos delas mesmas.
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico
que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime á organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes
inherentes á proba.