Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Correndo x Ou - O Couto
25/05/2024
22:30 - 23:30
[
Go Back
]
Descripción
Carreira do Couto
XII Circuíto de Carreiras Populares de Ourense
Data:
sábado, 25 de maio de 2024.
Horario:
Rúa Dalí, Ourense (Ourense)
22:00 PITUFOS (2017 e posteriores)
22:05 SUB10 (2015-2016)-SUB12 (2013-2014)
22:15 SUB14 (2011-2012)-SUB16 (2009-2010)
22:30 ABSOLUTA (2006 e anteriores)
22:30 SUB18 (2007-2008)
Distancia:
de 100 a 6.100 m.
Web:
Correndo x Ourense
::
Le e comenta o Correndo x Ourense no foro de Carreiras Populares
::
REGULAMENTO XII CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES DE OURENSE
CORRENDO POR OURENSE 2024
Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.
O CMD organiza o
XII Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense”
integrado por 7 carreiras en diferentes localizacións do Concello de Ourense.
INSCRICIÓN
- As inscricións realizaranse na páxina web correndoporourense.com ou ccnorte.com facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
- O prazo para inscribirse no Circuíto comeza o día 1 de abril e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. A data límite para inscribirse no Circuíto é o 5 de xuño de 2023, a data de peche da carreira de Corpus.
- CATEGORÍA PITUFOS:
o Deben recoller o dorsal e corren sen chip.
- CATEGORÍAS SUB20, SUB23, SENIOR E MASTER
o A inscrición para todo o Circuíto ten un custe de 15€ (7 carreiras).
o Para participar no circuíto é obrigatorio o uso do chip amarelo. Poderán alugar un chip para este Circuíto ou mercalo para sempre por un prezo de 15€. A persoa que o devolva na última carreira do Circuíto ou no Pavillón dos Remedios ata o día 31 de outubro de 2024, recuperará 8€.
o En caso de querer participar en carreiras soltas o prezo será de 5€ por carreira para propietarios/as de chip amarelo, mentres que os/as que non teñan chip propio terán que abonar 1€ de aluguer do chip por cada carreira, tendo que devolvelo ao remate da proba.
o Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
- CATEGORÍAS SUB10, SUB12, SUB14, SUB16 E SUB18
o Inscrición gratuíta.
o Terán que abonar unha fianza de 5€ polo chip, que recuperarán as persoas que entreguen o chip na última carreira do Circuíto ou no Pavillón dos Remedios ata o día 31 de outubro de 2024.
- INSCRITOS/AS NO CIRCUÍTO:
o A inscrición e o dorsal son únicos para todo o Circuíto, polo tanto, os/as atletas inscritos/as nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos/as para todas as restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal ben visible no peito.
o No caso de que o/a corredor/a perda o dorsal, terá que solicitar outro enviando un correo a consulta@championchipnorte.com, pagando unha penalización de 1€.
- Aqueles atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba, proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descualificados.
- A recollida presencial dos dorsais con chips realizarase o 27 de abril de 2024, no Pavillón dos Remedios, de 10:00h. a 20:00h. Con carácter extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira proba.
- O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.
- Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación.
- Todos/as os/as participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes, fotografías e/ou vídeos do evento.
DATAS, HORARIOS E PERCORRIDOS
CARREIRA DO VINTEÚN
DOMINGO 28/04/2024
11,00h: Pitufos
11,05h: SUB10, SUB12
11,15h: SUB14, SUB16
11,30h: SUB18,SUB20,SUB23,
Senior e Máster
Saída: Rúa Madre Soledad, Avda. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Avda. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad.
CARREIRA DO COUTO
SÁBADO 25/05/2024
22,00h: Pitufos
22,05h: SUB10, SUB12
22,15h: SUB14, SUB16
22,30h: SUB18,SUB20,SUB23,
Senior e Máster
Saída: Rúa Dalí, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, rotonda cara Antonio Puga, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Dalí.
CARREIRA DO CENTRO
SÁBADO 08/06/2024
22,00h: Pitufos
22,05h: SUB10, SUB12
22,15h: SUB14, SUB16
22,30h: SUB18,SUB20,SUB23,
Senior e Máster
Saída: Rúa do Paseo, Concello, Xoán XXIII, Progreso, Avda. de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo.
TRAIL OIRA-SAN TOMÉ
DOMINGO 30/06/2024
11,00h: Pitufos
11,05h: SUB10, SUB12
11,15h: SUB14, SUB16
11,30h: SUB18,SUB20,SUB23,
Senior e Máster
Oira, pasarela Oira, pasarela Río Lonia, parque Lonia, Ponte da Lonia, senda fluvial, IES de Mende, Verea Vella, San Tomé e volta a Oira polo mesmo itinerario.
CARREIRA DE MARIÑAMANSA
DOMINGO 08/09/2024
11,00h: Pitufos
11,05h: SUB10, SUB12
11,15h: SUB14, SUB16
11,30h: SUB18,SUB20,SUB23,
Senior e Máster
Rúa Xoán Manuel Pintos, Av. do Regato, Rotonda, Av. De Zamora, Rúa Alberto García Ferreiro, Vasco Díaz Tanco, Dr. Pena Rey, Av. Universidade, Av. de Zamora, Eduardo Pondal, Ermida.
CARREIRA DA PONTE
DOMINGO 29/09/2024
11,00h: Pitufos
11,05h: SUB10, SUB12
11,15h: SUB14, SUB16
11,30h: SUB18,SUB20,SUB23,
Senior e Máster
Saída: Francisca Herrera (12 de Outubro), Avda. de Santiago, Basilio Álvarez (ida e volta), Avda. Caldas, J. Antonio Moretón, Ribeiriño, Avda. Caldas, Merca-
do, Rosalía de Castro, Vicente Risco (ata a rotonda e volta ata a meta).
CARREIRA DA CARBALLEIRA
DOMINGO 20/10/2024
11,00h: Pitufos
11,05h: SUB10, SUB12
11,15h: SUB14, SUB16
11,30h: SUB18,SUB20,SUB23,
Senior e Máster
Praza da Lexión, Castelo Ramiro, Hórreo, Paspallás, Salto do Can, Rula, Castelo Ramiro, Pza da Lexión.
- Por cuestións organizativas pode variar algunha destas datas, de ser o caso, informarase a todas as persoas participantes o antes posible.
- Os percorridos por categorías están especificados na información gráfica do Circuíto, pero por necesidades organizativas e/ou de seguridade cidadá poden ser modificados.
- Ao longo do percorrido, a Organización poderá establecer tantos controis como estime oportunos.
- Establécese un tempo de corte (peche do circuíto) dunha hora desde que se dé a saída.
- É obrigatorio seguir a sinalización e as indicacións marcadas pola Organización.
- O avituallamento estará situado na meta.
PARTICIPANTES
As categorías son as seguintes:
CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
PITUFOS Nados/as en 2017 e posteriores
SUB10 Nados/as en 2015-2016
SUB12 Nados/as en 2013-2014
SUB14 Nados/as en 2011-2012
SUB16 Nados/as en 2009-2010
SUB18 Nados/as en 2007-2008
SUB20 Nados/as en 2005-2006
SUB23 Nados/as en 2002-2004
SENIOR Nados/as en 2001 ata máster
MÁSTER A De 35 a 44 anos
MÁSTER B De 45 a 54 anos
MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65
ABSOLUTA 2006 e anteriores
- Para que os Máster non varíen de categoría ao longo do Circuíto establécese a data da primeira carreira do Circuíto para o cálculo das idades.
- Nestes eventos deportivos poden participar atletas federados e non federados.
CLASIFICACIÓN
- Para entrar na clasificación xeral será preciso que os/as atletas participen en 5 carreiras. No caso de participar en todas, desestimaranse os peores resultados.
- A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na clasificación xeral (diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que teñan menos puntos serán os/as primeiros/as clasificados/as.
- No caso de empate resolverase coa suma de postos na clasificación xeral, resultando gañador ou gañadora o/a que menos puntuación obtivera. De persistir o empate será a Organización quen decida o criterio para resolvelo.
- Clasificación por equipos absolutos:
o Os equipos serán mixtos puntuando en cada carreira os 3 primeiros homes e as 3 primeiras mulleres de cada equipo co posto alcanzado na clasificación xeral
(diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que teñan menos puntos serán os/as primeiros/as clasificados/as.
o Para optar a clasificación final cada equipo deberá puntuar en todas as carreiras do Circuíto.
o O prazo para a configuración dos equipos remata co peche da segunda carreira pero recuperaranse os resultados dende a primeira carreira do Circuíto.
o Enlace de axuda de cómo crear os equipos: https://ccnorte.com/ayuda/formar-equipos
o No caso de empate resolverase coa suma de postos na clasificación xeral, resultando gañador o equipo que menos puntuación obtivera. De persistir o empate será a Organización a que decida o criterio para resolvelo.
PREMIOS
- Trofeo aos tres primeiros e primeiras clasificadas en cada categoría.
- Clasificación Xeral Individual:
Trofeo e 300€ en material deportivo ao 1º/1ª clasificado/a.
Trofeo e 200€ en material deportivo ao 2º/2ª clasificado/a.
Trofeo e 100€ en material deportivo ao 3º/3ª clasificado/a.
- Clasificación por equipos absolutos: 120€ ao 1º equipo mixto.
- Todas as persoas que estean na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán unha camiseta conmemorativa.
- A entrega de trofeos (19h) e agasallos (de 10 a 20 h) efectuarase o sábado anterior á Carreira do San Martiño no lugar anunciado con antelación suficiente.
- Na categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán un agasallo en cada carreira. Poderanse facer varias quendas de saída, a criterio da Organización, para un mellor desenvolvemento da chegada á meta, a entrega de medallas e a seguridade dos cativos.
- Para poder recoller os premios e os trofeos deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos/das atletas por medio de DNI ou documento legal en vigor.
- Todos os trofeos que non se recollan o día da entrega oficial estarán os 8 días seguintes a disposición dos corredores na sede do Organizador. A partir desa data enténdese que se renuncia a eles.
RESPONSABILIDADE
- É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
- Todos/as os/as inscritos participan voluntariamente baixo a súa responsabilidade e admiten gozar dun nivel de condición física suficiente para afrontar esta carreira.
- A Organización:
o Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina toda responsabilidade en caso de padecemento latente, accidente por abandono do itinerario establecido ou neglixencia do/a participante.
o Contará con servizos médicos a disposición dos/as corredores/as e coa colaboración da Policía Local de Ourense e de Protección Civil nos puntos máis estratéxicos do percorrido.
o Recoméndalle aos/ás participantes someterse a un recoñecemento médico previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.
o Non se fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os/as participantes deste circuíto.
o A Organización non se fai responsable das consecuencias que deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do/a corredor/a ou persoa na que
delegue.
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do/a atleta dos datos que aporta, aínda que, se obtén un premio, deberá presentar a documentación acreditativa pertinente.
No momento de formalizar a inscrición, os participantes estarán declarando a súa responsabilidade sobre os seguintes termos:
✔ Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o Regulamento desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
✔ Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade e que asumo baixo a miña propia responsabilidade.
DESCUALIFICACIÓN
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
- Non seguir a sinalización específica da carreira (vallas, cintas...) ou as directrices do persoal que intervén na Organización, que irá debidamente identificado.
- Non completar todo o percorrido ou non pasar os controis.
- Non levar dorsal ou manipulalo.
- Falsificar datos persoais, ou a suplantación da identidade.
- Utilizar vehículos de axuda ou mesmo bicicletas, patíns.
- Ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba ou inscritos noutras categorías.
- Cando continuar a participación supoña un risco para a súa propia seguridade, para outros atletas ou para o desenvolvemento da proba.
- Calquera outra circunstancia non prevista no presente regulamento pero que a Organización considere que é motivo de descualificación.
RECLAMACIÓNS
As reclamacións resolveranse en consulta@championchipnorte.com
O presente Regulamento pode ser modificado para a súa mellora por parte da Organización.
Información actualizada a 19/5/2024.
[
Go Back
]