Calendario
Ver carrera

A Guarda

22/06/2024 19:00 - 22:00

[ Go Back ]

Descripción I TRAIL CAMPOSANCOS O SOLPOR
A asociación Rego de Bicosán en colaboración coa FGA e o Concello da Guarda organizan o
I Trail Camposancos ó Solpor o sábado 22 de xuño de 2024 a partir das 19 horas.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo baixo a normativa
oficial das carreiras de montaña (mountain running).
REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas:
As probas sairán a carón do Campo Multiusos Codesal
https://maps.app.goo.gl/vo7R2qRcSNz5esxs9
Artigo 2. Horarios e distancias.
O Trail Camposancos ó Solpor terá os seguintes horarios e distancias:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA PRAZAS
19:00 Longa 17 770 2006 e anteriores ABSOLUTA 250
19:10 Curta 8,5 420 2010 e anteriores
SUB 16 E
SUPERIORES
250
19:15 ANDAINA 8,5 420 2008 e anteriores
NON
COMPETITIVA
150
Tódolos deportistas das modalidades Maratón, classic e preclassic deberán pasar por cámara de
chamadas ata 10 minutos antes da saída.
Dispoñeranse de caixóns de saída para cada proba sendo obrigatorio respectar os mesmos.
Artigo 3. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un límite
de prazas en cada modalidade.
Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, pecharase á mesma en cada carreira
programada.
Artigo 4. Categorías de competición.
DISTANCIA LONGA:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2006 ate máster
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1989 e 1979
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1978 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
DISTANCIA CURTA:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 16 MASC/FMNO Nados en 2009 e 2010
SUB 18 MASC/FMNO Nados en 2007 e 2008
SUB 20 MASC/FMNO Nados en 2005 e 2006
ABSOLUTA MASC / FMNO Nados entre 2010 e anteriores
ANDAINA (NON COMPETITIVA): 2011 e anteriores.
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que
incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os
deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licenza. Para o resto de participantes subscribirase un seguro (licenza de día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS E TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA
A partir do 6 de xuño a organización publicará tódolos tracks e percorridos
para disposición dos participantes
CARREIRA DE MONTAÑA LONGA
CARREIRA DE MONTAÑA CURTA
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com
APERTURA DE INSCRICIONS: LUNS 29 ABRIL ÁS 14 H
PECHE DE INSCRICIONS: LUNS 17 XUÑO ÁS 23:59 H
PREZOS DA INSCRICION:
✓ CARREIRA LONGA: 15 € ata 3/06/2024
17 € ata 17/06/2024
✓ CARREIRA CURTA: 7 € ata 3/06/2024
8 € ata 17/06/2024
✓ ANDAINA: 6 € ata 17/06/2024
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse nas instalacións do Campo de Codesal nos seguintes
horarios:
• Sábado 22 de xuño: De 12 a 14 horas
De 17 a 19 horas
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
▪ Medalla aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada subcategoría establecida no
presente regulamento;
▪ Trofeo ós 3 primeiros/as absolutos de cada distancia
▪ AGASALLO para todos os participantes (poderán recollelo xunto co dorsal de
competición antes da saída das probas).
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 22 horas aproximadamente no lugar
de saída e meta de todas as probas.
▪ Premios NON acumulativos.
Artigo 10.SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios no campo multiusos
de Codesal
Artigo 11. ABASTECEMENTOS
Abastecemento líquido no km 9 aprox. Da proba longa
Abastecemento completo en meta.
A asistencia externa a calquera deportista durante a competición non estará permitida
As zonas de abastecemento estarán acotadas en inicio e fin. Non estará permitido abandonar o
abastecemento con ningún tipo de residuo do mesmo, incluídas as posibles ‘codias’ de froita como
poden ser mondas de plátano ou laranxa.
Artigo 12. MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
*LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
Dorsal visible na parte frontal
Manta térmica
Chifre
Teléfono móvil (operativo)
Sistema de hidratación
*LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
Curtaventos
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material
obrigatorio definitivo.
Artigo 13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
A Asociación Rego de Bicosán e o Concello de A Guarda publicarán a información de accesos
para tódolos participantes facilitando os accesos a recollida de dorsais, saída, meta e zonas
de paso intermedias. Tamén se facilitará a información de transporte público.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumprir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do Trail Camposancos ó Solpor garante
un uso responsable do medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta
distribución de calquera residuo ou material empregado para a realización do evento.

[ Go Back ]