Calendario
Ver carrera

Esgos

16/06/2024 10:30 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción XVI TRAIL SAN PEDRO DE ROCAS – ESGOS Domingo, 16 de xuño de 2024 REGULAMENTO TRAIL CURTO – TRAIL LONGO 1. ORGANIZACIÓN O Concello de Esgos coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organiza o domingo, 16 de xuño de 2024 o “XVI Trail San Pedro de Rocas Esgos”no que se disputarán as seguintes probas:  XVI Campeonato Xunta de Galicia de Trail Running – Carreiras de Montaña Absoluto – Máster – Sub23 – Sub20 – Sub18  Ranking Classic da Federación Galega de Atletismo x10 Puntos acadados – 1.000 puntos gañador/a  XVI Trail San Pedro de Rocas – Esgos PROBA POPULAR 2. SAÍDA/META – DISTANCIAS – HORARIO 2.1 Localización Saída - Meta Casa do Concello de Esgos 2.2 Probas – Distancias – Horario PROBA DISTANCIA DESNIVEL SAÍDA PECHE CONTROL RUTA LONGA 18 Km +620 m. aprox. 10:30 13:30 RUTA CURTA 8,5 Km +370 m. aprox. 11:30 13:30 3. PARTICIPACIÓN – CATEGORÍAS 3.1 Participantes Poderán participar nesta proba atletas populares e federados sempre que estean inscritos nos prazos e formas establecidos ao efecto pola organización. 3.2 Categorías Ruta Longa Homes – Mulleres:  Sub23 (nados en 2002 a 2004)  Sénior (nados desde o 2001 ata os 34 anos)  Máster A (de 35 a 44 anos)  Máster B (de 45 a 54 anos)  Máster C (de 55 a 64 anos)  Máster D (+ de 65 anos)  Absoluta 3.3 Categorías Ruta Curta Homes – Mulleres:  Sub16 / Sub18 (nados desde 2007 a 2010)  Sub20 (nados en 2005 e 2006)  Absoluta 4. INSCRICIÓN 4.1 Inscrición Federados As inscricións dos deportistas federados realizaranse a través do sistema en liña da RFEA na páxina https://sdp.rfea.es/ ata as 20:00 horas do luns, 10 de xuño de 2024. 4.2 Inscrición Populares As inscricións dos deportistas populares realizaranse a través da web https://carreirasgalegas.com/ ata as 23:59 horas do mércores, 12 de xuño de 2024. Prezo de inscrición: 17€ A inscrición Popular da dereito a:  Participación na carreira  Camiseta conmemorativa  Avituallamento  Trofeo carreira popular  Premios carreira  Xantar ao remate das probas  Sorteos 5. RECOLLIDA DE DORSAIS A recollida de dorsais realizarase o domingo, 16 de xuño de 2024 na carpa habilitada a tal efecto na Praza da Souteira de Esgos dende as 08:30 horas. 6. XULGAMENTO DA COMPETICIÓN 6.1 Xulgamento da Competición O carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da publicación dos resultados. 6.2 Descualificacións Serán motivo de descualificación:  Falsificar datos persoais, ou a suplantación da identidade.  Non levar dorsal ou manipulalo.  Non seguir a sinalización específica da carreira (valos, cintas,...)  Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces.  Non completar todo o percorrido ou non pasar polos controis.  Utilizar vehículos de axuda.  Ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.  Ensuciar ou deteriorar o entorno.  Continuar a participación cando supoña un risco para a súa propia seguridade, para outros atletas ou para o desenvolvemento da proba.  Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba (Peche de Control) 7. PREMIOS 7.1 Premios Ruta Longa: trofeo aos tres primeiros homes e mulleres das categorías Sub23 – Máster A – B – C – D e Absoluta. Ruta Curta: trofeo aos tres primeiros homes e mulleres das categorías Sub16/Sub18 – Sub20 e Absoluta. 7.2 Premio vencedor/a Ruta Longa Premio de 250€ ao vencedor e vencedora na Ruta Longa sempre que obteña unha marca inferior a:  Homes < 1h.8’24”  Mulleres < 1h.24’16” 8. SERVIZOS MÉDICOS – SEGUROS 8.1 Servizos Médicos A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola FGA e de acordo coa lexislación vixente. 8.2 Seguros Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais, empregados e demais organizadores. 9. NORMATIVA 9.1 Aceptación do regulamento Todas/os as/os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.

[ Go Back ]