Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Valdoviño
16/06/2024
12:00 - 13:30
[
Go Back
]
Descripción
VII Volta ás Forcadas, Valdoviño
X Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña
Data:
domingo, 16 de xuño de 2024.
Distancias e horarios:
MENORES
- Biberón Nados/as no 2019 ou posteriores - 100 m - 11:00 h
- Sub 8 Nados/as en 2017-2018 - 100 m - 11:05 h
- Sub10 Nados/as en 2015-2016 - 800 m - 11:10 h
- Sub12 Nados/as en 2013-2014 - 1.200 m - 11:15 h
- Sub14 Nados/as en 2011-2012 - 1.600 m - 11:20 h
- Sub16 Nados/as en 2009-2010 - 2.500 m - 11:30 h
- Sub18 Nados/as en 2007-2008 - 2.500 m - 11:30 h
ABSOLUTA
- Sub20 Nados/as en 2005-2006 - 9.200 m 12:00 h
- Sub23 Nados/as en 2002-2003-2004 - 9.200 m 12:00 h
- Sénior Nados/as en 2001 ata 1990 - 9.200 m 12:00 h
- Máster 1 Nados/as en 1989 ata 1984 - 9.200 m 12:00 h
- Máster 2 Nados/as en 1983 ata 1974 - 9.200 m 12:00 h
- Máster 3 Nados/as en 1973 ata 1964 - 9.200 m 12:00 h
- Máster 4 Nados/as antes do ano 1964 - 9.200 m 12:00 h
Inscricións:
en
Carreiras Galegas
ata o 10 de xuño ás 23:59 h.
::
Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares
::
PRESENTACIÓN
O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, organiza a VII carreira “VOLTA ÁS FORCADAS”. A proba está incluída no “X Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña” e no calendario oficial das competicións da FGA.
DATA E HORARIO
A proba disputarase o domingo 16 de xuño de 2024. Comezará ás 11:00 horas e a liña de saída e meta estará situada no campo de fútbol Juan Sabín, Vilaboa, Valdoviño.
• HORARIO:
o 10:00 RECOLLIDA DORSAIS (ATA 45 MIN. ANTES DA HORA DE SAIDA POR CATEGORÍA).
o 11:00 CATEGORÍAS DE BASE (DISTANCIA SEGÚN CATEGORÍA).
o 12:00 CATEGORÍAS SENIOR (DISTANCIA 9.200 m).
CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 9.200 metros nas categorías superiores e a distancia indicada nas categorías de base. O percorrido transcorrerá sobre asfalto e a ruta estará debidamente sinalizada. A carreira realizarase pola vía pública con corte de tráfico rodado. Está prohibido usar como zonas de carreira outras non sinalizadas como circuíto.
Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas infractoras. A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA. Ao longo do percorrido a organización establecerá controis para regular a axeitada participación dos e das atletas.
UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen manipulalo, e así deben levarse durante toda a proba. A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen dorsal e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas regulamentariamente inscritas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces. Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente á xuíza ou xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da publicación dos resultados.
DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba á ou ao atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, ás e aos corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar á persoa infractora que non leve visible o seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais sen axudas materiais de ningún tipo. Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr acompañados destes en ningún momento. Tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
O incumprimento desta norma implicaría a descualificación dos atletas acompañados.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
MENORES
- Biberón Nados/as no 2019 ou posteriores - 100 METROS. 11:00 HORAS
- Sub 8 Nados/as en 2017-2018 – 100 METROS. 11:05 HORAS
- Sub10 Nados/as en 2015-2016 – 800 METROS. 11:10 HORAS
- Sub12 Nados/as en 2013-2014 – 1.200 METROS . 11:15 HORAS
- Sub14 Nados/as en 2011-2012 – 1.600 METROS. 11:20 HORAS
- Sub16 Nados/as en 2009-2010 – 2.500 METROS. 11:30 HORAS
- Sub18 Nados/as en 2007-2008 – 2.500 METROS 11:30 HORAS
ABSOLUTA
- Sub20 Nados/as en 2005-2006 – 9.200 METROS 12:00 HORAS
- Sub23 Nados/as en 2002-2003-2004 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
- Sénior Nados/as en 2001 ata 1990 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
- Máster 1 Nados/as en 1989 ata 1984 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
- Máster 2 Nados/as en 1983 ata 1974 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
- Máster 3 Nados/as en 1973 ata 1964 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
- Máster 4 Nados/as antes do ano 1964 - 9.200 METROS 12:00 HORAS
PECHE DE CONTROL DA CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA
Unha hora despois da/o primeira/o clasificada/o da categoría absoluta.
INSCRICIÓN E COTA
A inscrición realizarase a través da url inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com
Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59 horas do 10 de xuño de 2024.
A inscrición terá un custe de 3 euros por persoa participante (agás para menores de 18 anos que será de balde)
ENTREGA DE DORSAIS
As/os atletas deberán recoller os dorsais, o mesmo día da proba no campo de fútbol Juan Sabín, Vilaboa, Valdoviño, ata 45 minutos antes da saída da categoría na que estean inscritas/os.
SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación vixente.
SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES
A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do seguro obrigatorio deportivo. Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.), así como teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia.
AVITUALLAMENTOS
Na liña de meta haberá un avituallamento líquido e sólido.
PREMIOS CATEGORÍA MENORES
Nas categorías Biberón todas/os as/os participantes levarán unha medalla.
Entrega de medalla ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os en cada unha das categorías.
CATEGORÍA ABSOLUTA
Entrega de medalla ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os en cada unha das categorías.
CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
As/os tres primeiras/os clasificadas/os da clasificación absoluta xeral recibirán medalla.
PARTICIPACIÓN DE ATLETAS EXTRANXEIROS E DE OUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS
A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase segundo o regulamento de competición da Real Federación Española de Atletismo. Ligazón: https://atletismorfea.es/sites/default/files/2024-03/Reglamento%20de%20Competición.pdf
RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas. A/o participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime á organización da devandita responsabilidade. A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes inherentes á proba.
COMPROMISO
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
CONSIDERACIÓN FINAL
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase.
Información actualizada a 6/6/2024.
[
Go Back
]