Calendario
Info da proba

San Sadurniño

09/06/2024 11:30 - 12:30
Regulamento IX Carreira Popular Concello de San Sadurniño
Corre polo Medio Ambiente

Data: domingo, 9 de xuño de 2024.
Hora: proba absoluta ás 11:30 h.
Distancia: de 60 a 5.000 m.
Inscricións: en Emesports (ata o 3/6/2024).

:: Le e comenta a Carreira de San Sadurniño neste tema do foro ::

Percorrido da proba


Regulamento
Art. 1- DATA DE CELEBRACIÓN.
DOMINGO 9 DE XUÑO DE 2024

Art. 2- HORARIOS, DISTANCIAS, IDADES, CATEGORÍAS E CIRCUITOS.


Art. 3- LUGAR.
A Carreira Popular de San Sadurniño terá lugar na Finca A Cortiña (lugar de Bidueiro. San Sadurniño).
https://goo.gl/maps/r4Xy4J9m3SE2
https://goo.gl/maps/g3totvB78T62

Art. 4- ENTIDADE ORGANIZADORA.
Concello de San Sadurniño
Concellería de Deportes
Colabora.
X CIRCUÍTO DE CARREIRAS DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Art. 5- REGULAMENTO ESPECÍFICO.
1. A proba está incluida no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA).

2. “Proba oficial da FGA con distancia non homologada”.

3. A Carreira forma parte do “X CIRCUÍTO DE CARREIRAS DEPUTACIÓN DA CORUÑA”.

4. A proba está aberta a todas/os os atletas federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

5. As persoas participantes nesta proba deportiva, coas excepcións previstas neste regulamento, están obrigadas ao cumprimento das normas particulares do regulamento da proba e ás que nun momento determinado estableza ou adopte, por seguridade, o responsable da proba ou a autoridade competente.

6. As categorías serán dende Peques ata Máster 4.

7. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade é suponse que dispón dun nivel de condición física óptimo para afrontala proba.

8. Todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible o longo de toda a proba.

9. Todas as categorías, exceptuando a categoría de peques, estarán controladas con chip e controlado polos xuíces/zas da Federación Galega de Atletismo.

10. Durante o transcurso da proba absoluta poderán facerse controis de paso en varios puntos do circuíto, polos cales terán que pasar todas as persoas
participantes para non ser descualificadas.

11. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíce/za árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

12. Ningún atleta federado/a poderá competir con outro Club que non sexa o que figure na súa licenza correspondente. No caso de que se producise esta situación, será descualificado automaticamente.

13. RETIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA que estarán autorizados a descualificar.
As descualificacións de atletas nunha carreira levará aparellada a perda de todos aqueles puntos e posibles premios obtidas polo/a atleta infractor/a na proba de que se trate, e non serán tidas en conta para os efectos de puntuación do seu equipo (X CIRCUÍTO DE CARREIRAS DEPUTACIÓN DA CORUÑA).

Consideraranse as seguintes condutas antirregulamentarias do/a atleta:
✗ Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
✗ Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor.
✗ Non pasar polos controis de carreira establecidos.
✗ Non realizar o percorrido de carreira completo.
✗ Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces/zas.
✗ Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
✗ Pretender participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.
✗ Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non sexa motivo de expulsión do circuíto.
✗ Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
✗ Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
✗ Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
✗ Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra do espírito deportivo.
✗ Tirar lixo ao chan.

14. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA (Federación Galega de Atletismo), RFEA (Real Federación Española de Atletismo) e WA (Federación Internacional de Atletismo Amateur) para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

15. Todas as persoas participantes na proba o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de inscribirse aceptan o presente regulamento.

16. Seguro: Cada participante estará amparado por unha póliza de Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis ou da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo á organización, estando estes últimos debidamente identificados.

17. A organización disporá de SERVICIO MÉDICO E AMBULANCIA CON SOPORTE VITAL AVANZADO dende unha hora antes do comezo da primeira proba e ata que finalice a última proba. A Organización recomenda aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.

18. Todas as persoas participantes, polo feito de formalizala inscrición, dan o seu consentimento para que a organización trate informaticamente e con
finalidade exclusivamente deportiva e/ou promocional os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías,
vídeo, redes sociais, etc.

19. En función do número de participantes, a organización poderá establecer varias saídas para as categorías inferiores.

20. A organización poderá solicitar a documentación, onde conste a data de nacemento dos participantes. A non aportación desta, poderá ser motivo de descualificación.

21. Non está permitido o acompañamento en ningunha das probas de ningún vehículo alleo á organización. Nin tampouco con bicicletas, patíns ou de persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras, nin correr acompañados destes en ningún momento.

22. A organización resérvase o dereito de modificar o que considere oportuno. O mal tempo non será motivo de suspender a proba, agás que axa aviso de alerta vermella e quede suspendido todo tipo de actividade deportiva ao aire libre.

23. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento, poderá ser descualificado.

24. A carreira da categoría absoluta (5 quilometros) poderase realizar correndo ou correndo-camiñando, sendo o tempo máximo para realizar a carreira de
50 minutos.

25. En caso de retirada, avisarase ao persoal da organización. No caso de lesión ou impedimento para regresar polos propios medios á meta, solicitarase
axuda á organización, que xestionará a recollida.

26. Os premios non son acumulativos, exceptuando o premio o participante de maior idade masculino e feminino, e o primeiro clasificado masculino e feminino do Concello de San Sadurniño.

27. Todas as carreiras estarán pechadas ao tráfico, escepto na carreira absoluta.

Art. 6-RESPONSABILIDADE.
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas.
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e de Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes inherentes á proba.

Art. 7-OUTRAS OBSERVACIÓNS.
Poderán participar todos aqueles atletas que o desexen, por norma xeral, en competicións do calendario autonómico non porán participar atletas españois con
axuda económica da RFEA.
O descoñecemento do presente regulamento non exime do seu cumprimento.

Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Art. 8-CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA.
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces/zas da FGA.

Art. 9-SISTEMA DE CRONOMETRAXE.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip, excepto na categoría de peques.
As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos poderán ser descualificadas coa consecuente non aparición nos resultados finais.

Art. 10-CLASIFICACIÓN.
• Absoluta (SUB 18 ata MÁSTER 4). A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip e estará controlado tecnicamente polos xuíces/zas da Federación Galega de Atletismo.
• SUB10, SUB12, SUB 14 e SUB16. A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip e estará controlado tecnicamente polos xuíces/zas da Federación Galega de Atletismo.
• Peques non haberá clasificación nin cronometraxe, estará controlado tecnicamente polos xuíces/zas da Federación Galega de Atletismo. Todos os/as participantes correrán co dorsal número 1.

As clasificacións da carreira poderán ser consultadas:
• No lugar habilitado para tal efecto no lugar da carreira.
• Na páxina web do Concello de San Sadurniño www.sansadurnino.gal
• Na páxina web www.emesport.es
• Na web da FGA: www.carreirasgalegas.com

Art. 11- PECHE DE CONTROL DA CARREIRA.
O tempo de realización máxima da carreira absoluta será de 50 minutos. Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas clasificacións.
Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade.

Art. 12- INSCRICIÓN.
Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é imprescindible que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.
A inscrición haberá que realizala a través da plataforma habilitada para tal efecto.

12.1.- Taxa:
CATEGORÍAS TAXA

ABSOLUTA
SUB 18 Masc. e Fem.
SUB 20 Masc. e Fem.
SUB 23 Masc. e Fem.
SÉNIOR Masc. e Fem.
MÁSTER 1 Masc. e Fem.
MÁSTER 2 Masc. e Fem.
MÁSTER 3 Masc. e Fem.
MÁSTER 4 Masc. e Fem.
5,00 €

SUB 16 Masc. e Fem. Gratis
SUB 14 Masc. e Fem. Gratis
SUB12 Masc. e Fem. Gratis
SUB 10 Masc. e Fem. Gratis
PEQUES Gratis

12.2.- Forma de pago:
• A forma de pago será na mesma plataforma de inscrición.

12.3.- Devolución da inscrición:
• Se a persoa participante decide anular voluntariamente a inscrición, a organización non devolverá o importe de dita inscrición.
• Tampouco devolverase o importe da inscrición se é descualificado.

12.4.- Nº de Prazas:
• Na carreira da categoría absoluta (5 Kms): 500 atletas
• O resto das categorías sen límite de prazas.

12.5.- Prazo de inscrición.
• O prazo de inscrición remata o luns 3 de xuño ás 23:30h. (Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba).

12.6.- Lugar e forma de inscribirse.
• Na web de emesports https://emesports.es/eventos

Art. 13- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
• A retirada dos dorsais e chips realizarase o mesmo día no lugar da proba.
Haberá unha carpa habilitada para a retirada dos dorsais e chips.

O horario de retirada será:
• Carreira Absoluta. De 9:10 a 11:15 horas
• O resto das categorías 40 minutos antes do inicio de cada proba.

Art.14- AVITUALLAMENTO.
A carreira popular de San Sadurniño prescinde, por primeira vez, dos plásticos, o avituallamiento das carreiras non utilizarán plásticos dun só uso. De feito, as botellas substituiranse por bebidas isotónicas embotellada en briks de 5 litros (aptas para veganos, dieta keto e gluten free), sen azucre nin aditivos artificiais e, ademais, proporcionaranse vasos biodegradables.

Na meta colocarase un avituallamento líquido e sólido ó final da proba para todas as persoas participantes. Ademais, poñeranse ao dispor dos corredores/as colectores para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización destes por parte dos/as atletas poderá supoñer a
descualificación.

Art. 15- SERVIZO DE FISIOTERAPIA.
A organización porá a disposición das persoas participantes na carreira absoluta un servizo de fisioterapia para aquelas persoas que sufran algún tipo de incidente durante a carreira.
Colabora a clínica local Fisio-Che-Ben.

Art. 16- APARCADOIRO.
A organización habilitará unha zona de aparcadoiro o carón dos circuitos para que tanto as persoas participantes como o público poidan deixar o coche.
https://goo.gl/maps/c5rAhqYPrfK2

Art. 17- DUCHAS.
Aquelas persoas que o rematar a proba desexen ducharse terán a sua disposición os vestiarios do pavillón polideportivo municipal.
O Pavillón Polideportivo Municipal non se atopa no mesmo lugar da proba (Avda. Marqués de Figueroa nº 19).
https://goo.gl/maps/oCw2X4ULcP32

Art. 18- AMBIGÚ.
Para as persoas acompañantes e as que desexen repoñer forzas logo da carreira haberá habilitado un servizo de ambigú no mesmo lugar da carreira.

Art. 19- AGASALLOS.
Cada participante recibirá un agasallo por participar.

Art. 20- PREMIOS.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada de cada unha das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propio atleta.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo 10 de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a este.

CATEGORÍA PREMIOS
PEQUES Medalla para cada participantes
SUB 10 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino e medalla para cada participante
SUB 12 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 14 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 16 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 18 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 20 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 23 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SÉNIOR Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
MÁSTER 1 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
MÁSTER 2 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
MÁSTER 3 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
MÁSTER 4 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino

Participante de Maior Idade Placa ao participante masculino e feminino de maior idade
ABSOLUTA (3 primeiros clasificados/as da xeral) Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
ABSOLUTA Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino do Concello (Primeiro clasificado/a da xeral) de San Sadurniño

Art. 21- COMPROMISO.
Cada participante comprométese a:
1.- Aceptar estritamente todos os artigos do presente regulamento.
2.- Aceptar as posibles modificacións da proba as que a organización véxase obrigada a modificar por causas alleas a súa vontade.
3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se realizará devolución do importe da inscrición baixo ningunha causa.
4.- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón: “Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, ós sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos/as, empregados/as e demais persoal organizador de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como lesión, perda de obxectos persoais porroubo ou outras circunstancias”.
5.- A organización reservase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións do evento expostos no presente regulamento.
No caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a organización.
6.- Dar o seu consentimento para que a organización trate informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva ou promocional, os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, etc.

Art. 22- SERVIZOS ÁS PERSOAS INSCRITAS.
A inscrición inclue os seguintes servizos:
• Dereito a participar na proba
• Avituallamento líquido e sólido na meta
• Seguro de responsabilidade civil e de accidentes
• Agasallo
• Aparcadoiro
• Duchas
• Dorsal
• Cronometraxe con chip
• Servizo médico axustándose á normativa legal deste tipo de eventos
• Servizo de fisioterapia

Art. 23- CIRCUÍTOS.
Haberá 3 circuitos debidamente sinalizados:
Circuito 1: Categoria Peques
Circuito 2: Categoria SUB 10, SUB 12, SUB 14 e SUB 16
Circuito 3: Categoria Absoluta

23.1.- Sinalización.
Todos os circuitos estarán balizados. Os diferentes circuítos estarán sinalizados con valos, conos, cinta e marcas no chan, que será retirado pola organización unha vez remate a proba.

A saída e a meta será común para tódalas categorías, estará sinalizada cun arco.
Tanto nas categorías inferiores como na absoluta a organización colocará na cabeza da carreira uns ciclistas que dirixirán e abrirán a carreira e na parte final outros/as ciclistas como peche da mesma, contribuindo deste xeito a reducir a pegada ambiental.



Información actualizada a 24/5/2024.