Calendario
Ver carrera

Santiago

17/05/2024 10:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción X Carreira Camiño das Letras, Santiago

Data: venres, 17 de maio de 2024.
Horario e distancias:
10:00 h Probas absolutas dende o Pico Sacro.
12:00 h Sub 14 – Sub 16 H/M 2,5 km aprox.
12:20 h Sub 10 – Sub 12 H/M 1,5 km aprox.
12:35 h Sub 8 H/M 500 m aprox.
12:45h Sub 6 H/M 300 m aprox.
Inscricións: Carreiras Galegas

:: Le e comenta a proba neste tema do foro ::

X CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS
A empresa Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Cultura, organiza o venres 17 de maio de 2024 a X Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que partirá dende o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura. A maiores desta proba de 15 km, farase unha carreira de 5 km no entorno da Cidade da Cultura, ofrecendo as dúas alternativas a todos/as os/as participantes.

Tamén contaremos con carreiras para as distintas categorías infantís e xuvenís (de sub 6 a sub16).

Esta Carreira, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago, réxese polo seguinte

REGULAMENTO
1. Data, distancias e horarios
A X Carreira Camiño das Letras terá lugar o venres 17 de maio de 2024 e constará de dúas probas absolutas (15 e 5 km) na que poderán participar atletas federados e non federados que correrán (estes últimos) coa licenza de día da Federación Galega de Atletismo.

PROBA ABSOLUTA DE 15 KM
Esta proba absoluta (das categorías absoluta a sub18) sairá ás 10.00 horas dende as proximidades do Pico Sacro, e seguirá un circuíto de 15 km ao longo da Ruta da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.

Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista pola organización para o comezo da carreira. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola organización.

A carreira de 15 km cerrarase ás 12:00 horas

PROBA ABSOLUTA DE 5 KM
A saída desta proba (categoría absoluta a senior) será as 10:05 da Cidade da Cultura con percorrido polo Gaias e o Bosque de Galicia seguindo un circuíto de 5 km.

A Carreira estará controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.

PROBAS DE MENORES
As probas das categorías “escolares” (de sub 6 a sub 16) realizaranse a partir das 12:00 horas por un circuíto na Cidade da Cultura, coas seguintes distancias e intervalos de tempo:
12:00 h Sub 14 – Sub 16 H/M 2,5 km aprox.
12:20 h Sub 10 – Sub 12 H/M 1,5 km aprox.
12:35 h Sub 8 H/M 500 m aprox.
12:45h Sub 6 H/M 300 m aprox.

Os horarios das saídas poderanse modificar, a criterio da organización e do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría. As categorías sub 6 e sub 8 non son categorías federadas.

2. Categorías de Competición por PROBA:
Proba 15 KM e 5 KM
• SUB 18 M/F Nados/as no 2008 ata 17 anos
• SENIOR M/F De 18 anos cumpridos o día da proba ata master
• MÁSTER 1 M/F De 35 a 40 anos cumpridos o día da proba
• MÁSTER 2 M/F De 41 a 49 anos cumpridos o día da proba
• MÁSTER 3 M/F De 50 anos e superiores
• ABSOLUTA M/F Calquera das categorías anteriores

PROBAS DE MENORES:
• SUB 6 M/F Nados/as no ano 2019 e posteriores
• SUB 8 M/F Nados/as nos anos 2017 e 2018
• SUB 10 M/F Nados/as nos anos 2015 e 2016
• SUB 12 M/F Nados/as nos anos 2013 e 2014
• SUB 14 M/F Nados/as nos anos 2011 e 2012
• SUB 16 M/F Nados/as nos anos 2009 e 2010

3. INSCRICIÓNS:
Realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com :
As inscricións estarán abertas ata o martes 14 de maio ás 23.59 horas. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido.
Os prezos de inscrición serán os seguintes:

PROBA CATEGORIAS PREZO
Proba menores De sub 6 a sub 16 GRATUITA

Proba absoluta 15 km aprox.
De Senior a Absoluta • Do 5/04 ao 14/05: 10 €

Proba de 5 km aprox.
De Senior a Absoluta
• Do 5/04 ao 14/05: 5 €
Sub 18
• Do 5/04 ao 14/05: 2 €

4. Entrega de dorsais
A entrega dos dorsais realizarase na sede de Xurdir (Outeiro do Castiñeiriño 73, Baixo
A) nos seguistes días e horarios:
• Xoves 16 de maio de 9:00 a 20:00 horas

De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na Secretaría da competición situada na Cidade da Cultura.
- Para a carreira de 15 quilómetros entregarase entre as 8.00 e as 9.00 horas
- Para a carreira de 5 quilómetros de 8:30 a 9:30 .
- Os dorsais das categorías escolares poderanse recoller ao longo da mañá antes da hora de cada unha das probas.

A cronometraxe realizarase mediante un sistema de chip-dorsal.

Os dorsais son persoais e intransferibles e irán colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descalificación.

5. Premios e agasallos
Todos os participantes que se inscriban nas probas recibirán xunto a entrega do dorsal e como agasallo da organización, un libro e máis o diploma Camiño das
Letras, para unir a conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo dos Camiños de Santiago.

A entrega de premios aos gañadores/as na zona de meta da Cidade da Cultura a partir das 13:00 horas aprox. Os premios non serán acumulativos.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 15 k m recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 5 km recibirán un trofeo deseñado especialmente e un lote de libros
- Os tres primeiros clasificados/as de cada categoría establecida neste regulamento recibirán un lote de libros.
- O club federado do que máis atletas rematen as probas recibirán un trofeo e un lote de libros.
- O colexio do que máis atletas rematen as probas recibirán un trofeo e un lote de libros.

6. Avituallamentos
Estableceranse 2 puntos de avituallamento nos quilómetros 7 e 12 aprox. da proba de 15 km, onde se abastecerá de bebida aos atletas. Na liña de meta, facilitarase a hidratación dos participantes de ambas probas (5 e 15 km) coa entrega de augae froita.

7. Servizos médicos
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia. De outra banda, disporase de servicio de masaxistas para aqueles sofran algún percance muscular.

SERVIZO DE AUTOBUSES PARA A PROBA DE 15 KM
OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8:30 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9:15 HORAS.

8. Reclamacións
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da competición, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de que se publiquen os resultados oficiais.

9. Responsabilidade
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para correr a proba.

Ademais exime a organización desta responsabilidade e que non presenta sintomatoloxía relacionada coa covid-19, o cal lle permite estar en condicións óptimas
para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes.

A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

10. LOPD
Todos os corredores, incluídos menores de idade, ao realizaren a inscrición, aceptan a publicación do seu nome e da súa imaxe nas clasificacións, nos medios de
comunicación e en internet.

11. Outros servizos
A organización porá á disposición dos participantes un servizo de gardarroupa na zona de saída que trasladará á zona de meta a roupa deportiva depositada nel. A esto unirase o servizo de duchas no Pavillón do CEIP das Fontiñas.

CONSIDERACIÓN DERRADEIRA
Todo o que non se reflicta neste regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA, RFEA e WA, por esta orde.

Información actualizada a 10/5/2024.

[ Go Back ]