Calendario
Info da proba

Brión

09/03/2024 16:00 - 17:30
Regulamento REGULAMENTO DA II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN
O Club Deportivo Brión - Hyupersa Santiago e o Concello de Brión, co-organizan a II
CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN, que se celebrará o Sábado 9
de Marzo de 2024 a partir das 16:00h. na Carballeira de Santa Minia (Concello de Brión).
PRIMEIRA.- NORMATIVA XERAL
A II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN rexerase polas actuais
regulamentacións de Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que
establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real
Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE Nº 306 do 23 de decembro de 2003
sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a
contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
A organización resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou
suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade, circunstancias que
serán comunicadas aos participantes con tempo suficiente.
No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será
suspendida automaticamente.
AO TRATARSE DE UN EVENTO SOLIDARIO, non se devolverá o prezo da inscrición baixo
ningunha causa, no caso de non poder levar a cabo a proba a recadación en metálico irá
destinada igualmente a ART FOR DENT.
SEGUNDA.- PARTICIPANTES
Poderán participar atletas tanto federados como non federados, maiores de 18 anos, con un
límite de 300 participantes.
Os participantes na II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN estarán
rexidos pola conducta “fair play” e comprométense a levar durante a realización da mesma un
comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte, en especial fraterno cara o
contrincante, respectuoso coa organización e correcto cos asistentes.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
- O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
- Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar
no reverso do dorsal da proba.
- O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet, (…) para a promoción do deporte. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
TERCEIRA.- DISTANCIA, PERCORRIDO E HORARIOS
A cronoescalada realizarase sobre un circuíto de aproximadamente 7kms (90% camiños de
monte), e descorre dende a Carballeira de Santa Minia ata as Torres de Altamira. Estará
sinalizado con cinta de balizar e sinais indicativas, e estará controlado por persoas voluntarias
que se situarán visiblemente nos cruces mais importantes.
O circuíto ten unha dificultade técnica e física MEDIA e conta con 320m. de desnivel positivo
aproximado.
A saída dos participantes, que será na Carballeira de Santa Minia, comezará as 16:00h. e en
grupos de 6 por orde alfabética de apelidos e con 30s de diferencia entre cada grupo. Os
participantes deberán estar na zona de saída 10 minutos antes da hora asignada.
Tódolos participantes ao chegar á meta terán que regresar por conta propia ata a Carballeira de
Santa Minia. Habilitarase un circuíto alternativo para chegar ata o punto de saída e así facilitar
o regreso.
É responsabilidade de cada corredor localizar a sinalización e seguila. Algúns tramos de enlace
discorren por estradas, non estando estas pechadas ao tráfico rodado, polo que os participantes
deberán respectar as normas xerais de tráfico ou as instrucións da organización.
A recollida de dorsais será na carpa situada ao carón da Casa da Cultura de Brión ata 15 minutos
antes da hora de saída de cada participante.
CUARTA.- INSCRICIÓN, PREZOS E SISTEMA DE CRONOMETRAXE
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com, ata o 6 de marzo as
23:59h. ou unha vez se completen o total de 300 inscricións. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS
FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN POR OUTROS MEDIOS.
Para o control de tempos da carreira todos os participantes deberán levar un CHIP que lles será
entregado xunto co seu dorsal.
O prezo da inscrición será de 8€. A recadación en metálico será doada integramente a ART FOR
DENT, unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2020 a iniciativa dun grupo de
familias galegas de Brión, Muros, Pontevedra e Lugo, con nenos afectados pola enfermidade de
DENT, unha doenza minoritaria que afecta gravemente ás funcións habituais dos riles. O
principal obxectivo desta asociación é recadar fondos para a financiación da enferminade de
Dent no NefroChus (Laboratorio de Xenética de enfermidades renais do IDIS, Santiago de
Compostela).
Dorsal solidario: Habilitarase un dorsal solidario para todas aquelas persoas que non poidan
participar na proba e que queiran realizar unha doazón para colaborar con ART FOR DENT.
QUINTA.- CATEGORÍAS , CLASIFICACIÓNS E TROFEOS
Na presente edición da proba establécense as seguintes categorías:
- SENIOR Masculino e Feminina: Nadas/os entre 1990 e 2006
- MÁSTER 35 Masculino e Feminina: Nadas/os entre 1989 e 1980
- MÁSTER 45 Masculino e Feminina: Nadas/os entre 1979 e 1975
- MÁSTER 50 Masculino e Feminina: Nadas/os en 1974 e anteriores
Establecerase unha clasificación individual segundo o tempo invertido en completar o circuíto
da proba e unha clasificación por categorías. As diversas clasificacións poderán consultarse na
páxina web: www.galitiming.com.
Outorgaranse trofeos as tres primeiras persoas clasificadas da cada categoría tanto feminina
como masculina e , así mesmo, recibirán trofeo os tres homes e tres mulleres que completen o
circuíto da proba no menor tempo.
Tamén haberá premios para os tres primeiros clubs federados clasificados.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a a título individual poderá
recibir dous trofeos.
SISTEMA DE PUNTUACIÓN E CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS
Os equipos poderán ser federados ou non federados. Cada equipo debe estar constituído por 6
persoas como mínimo e poderán ser mixtos.
Todas as persoas que pretendan participar na clasificación por equipos deben inscribirse na web
www.galitiming.com co mesmo nome de equipo.
A clasificación por clubs será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a líña de
meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de
empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente.
SEXTA.- RECLAMACIÓNS
Dado o espírito deportivo e solidario da proba non se admitirán reclamacións ás clasificacións.
SETIMA.- DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización reservaranse a facultade de descualificar ao infractor/a que realice
calquera das seguintes irregularidades:
- Non leve o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión na parte anterior do corpo.
- Manipule ou modifique o dorsal.
- Participe cun dorsal que corresponde a outro corredor.
- Non pase polos controis de carreira establecidos.
- Non realice o percorrido da carreira completo.
- Non atenda as indicacións dos membros da Organización ou xuíces.
- Entre fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
- Pretenda participar na proba sen terse inscrito previamente.
- Cometa conductas que a xuízo da organización da Carreira poidan ser consideradas como
antideportivas.
- Se teña inscrito alterando os datos de forma maliciosa respecto aos que figuran no DNI ou ficha
federativa.
- Manteña unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente na contra do espírito
deportivo.
- Deixe residuos ou lixo tirado no percorrido da proba
- Manifeste un mal estado físico.