Calendario
Info da proba

Santa Comba - Entroido

10/02/2024 11:30 - 12:30
Regulamento Carreira de Entroido 2024
No Entroido a festa e a alegría son case tan importantes como as filloas e as orellas… Para poder levar todo da mellor maneira, propoñemos un ano máis a clásica carreira de Entroido do Concello de Santa Comba en colaboración con CorreXallas

Unha vez máis, para todas as idades e en varias modalidades para que poidan desfrutar tanto @s máis pros como @s máis tranquil@s.

Contaremos con categoría Absoluta 5K, modalidade andaina e categorías de Pitufos e Infantís.

A diversión non vai a faltar, sobre todo se vides disfrazad@s!
E, no Entroido e sempre, hai que lembrar que o deporte é saúde!

Así que non o dubides e anótate de balde na ligazón que deixamos aquí abaixo. Tes ata o 8 de febreiro.

Inscricións: https://www.santacomba.es/s6-concello/c26-deporte/carreira-de-entroido-2024.html