Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Coruña Corre - Rosales
02/06/2024
10:00 - 11:00
[
Go Back
]
Descripción
Carreira Popular dos Rosales, A Coruña
Circuíto Coruña Corre
Data:
domingo, 2 de xuño de 2024.
Avenida Fernando Suárez García, Paseo Marítimo, frente a Polideportivo Rosales (A Coruña)
Hora:
10:00 ABSOLUTA (2006 e anteriores)
11:15 SUB18 (2007-2008)
11:30 SUB16 (2009-2010)
11:45 SUB14 (2011-2012)
12:00 SUB12 (2013-2014)
12:15 SUB10 (2015-2016)
12:30 PEQUES (2017 e posteriores)
Distancia:
de 100 a 6.325 m.
Web:
Coruña Corre
Percorridos:
Racemapp
::
Le e comenta a Carreira dos Rosales neste tema do foro
::
INSCRICIÓNS:
a data límite será o domingo 26 de maio ás 23.59 horas.
Inscrición en liña: www.corunacorre.com
No caso de participar en carreiras individuais, o dorsal será exclusivo para cada unha das 7 carreiras que integran o circuíto.
As inscricións ao circuíto dispoñerán dun “dorsal único”, que é necesario conservar para todas as carreiras. No caso de perda deberá comunicarse á organización enviando un correo a consulta@championchipnorte.com e a súa reposición terá un coste de 1 €.
HORARIO DE SAÍDAS E DISTANCIAS*
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10.00 ABSOLUTA 6.325 m aprox.
11.00 ENTREGA DE PREMIOS – CATEGORÍA ABSOLUTA
11.15 SUB 18* Que cumpran 17 e 16 anos durante este ano. 2.400 m aprox.
11.30 SUB 16* Que cumpran 15 e 14 anos durante este ano. 2.400 m aprox.
11.45 SUB 14 Que cumpran 13 e 12 anos durante este ano. 1.600 m aprox.
12.00 SUB 12* Que cumpran 11 e 10 anos durante este ano. 800 m aprox.
12.15 SUB 10* Que cumpran 9 e 8 anos durante este ano. 800 m aprox.
12.30 PEQUES* Que cumpran 7 anos ou menos durante este ano. 100 m aprox.
13.00 ENTREGA DE PREMIOS - CATEGORÍAS INFERIORES*
*Horarios orientativos en función da participación
LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
- Domingo 2 de xuño no Polideportivo Municipal dos Rosales ata 1 hora antes do comezo de cada unha das categorías.
As persoas participantes da categoría “peques”, ademais do dorsal, deberán recoller as súas pulseiras identificadoras para a carreira no espazo de recollida de dorsais.
Media hora antes da súa saída, esta entrega realizarase no arco de saída de peques.
LUGAR DE SAÍDA E META CARREIRA ABSOLUTA:
- Av. Fernando Suárez García, próximo ao Polideportivo Municipal dos Rosales
PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA:
- Ás 11.00 horas.
SERVIZO DE GARDARROUPA
- O día da carreira, de 9.30 ás 11.15h. no Pol. Municipal dos Rosales
SERVIZO DE DUCHAS
- Polideportivo Municipal dos Rosales. Horario: das 10.30 ás 13.00 h
USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP:
a) O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice o/a corredor/a. Chip amarelo en propiedade (non se devolve).
b ) Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
c) Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve).
AVITUALLAMENTO DE META:
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
HORARIO DA ENTREGA DE PREMIOS:
- Horario da entrega á Categoría Absoluta: 11.00 horas
- Horario da entrega á Categoría Menores: 13.00 horas (condicionado pola participación na categoría de Peques)
Lugar:
na zona de saída/meta.
- Os/as atletas premiados/as deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o inicio dela, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
- Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
- Exclusivamente poderán subir ao podio as e os atletas premiados.
- Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio, no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
- Aqueles/as atletas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia, no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.
Información actualizada a 29/5/2024.
[
Go Back
]