Calendario
Info da proba

Ferrol

14/01/2024 11:00 - 12:30
Regulamento Artigo 1: Organización:
A XL CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada pola Concellería de Deportes do
Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación
Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 14 de xaneiro de 2024 a partir das
10:00 horas as categorías de menores e das 11.00 h da mañá as categorías
absolutas. A proba está suxeita ás seguintes normas:
Artigo 2: Participación:
Participación: A proba estará aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 800
ATLETAS no caso de categorías absolutas e 500 no caso de categorías de
menores, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade entendendo que dispón de
unha condición física suficiente para rematar a proba. A Organización ten
subscrito un seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil. De todos os
xeitos, a Organización recoméndalles aos participantes que, con anterioridade á
proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un
adestramento axeitado para as características desta competición.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios.
1.- O percorrido da proba absoluta será de 10.000 metros aproximadamente, e
discorrerá polo Concello de Ferrol. A saída e a chegada situaranse nas
proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro.
2.- A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a
este regulamento.
3.- A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal
do Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do
percorrido.
4.- Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio.
O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos
corredores que a infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a
proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que irán
debidamente identificados.
5.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto
6.- O percorrido estará sinalizado e estableceranse controis.
7.- Categorías : Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
SAN XIAO 2024. 10 KM
Sub 20: Nacidos/as no ano 2005 e 2006
Sub 23: Nacidos/as no ano 2004 – 2003 - 2002
Sénior Nacidos/as no ano 2001 ata o 1989
Master A Nacidos/as en 1988 ata 1983
Master B Nacidos/as en 1982 ata 1974
Master C Nacidos/as en 1973 ata 1964
Master D Nacidos/as 1963 e anteriores
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.
SAN XIAO 2023. CATEGORÍAS DE MENORES
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA
Sub 18 Nacidos/as no 2008 - 2007 * logo da saída da
carreira absoluta
2. 000 mts
Sub 16 Nacidos/as no 2010 - 2009
Sub 14 Nacidos/as no 2012 - 2011 10:00 1.000 mts
Sub 12 Nacidos/as no 2014 - 2013
Sub 10 Nacidos/as no 2016 - 2015 10:15 800 mts
Sub 8 Nacidos/as 2017 – 2018 - 2019 10:30 200 mts
Peques Posteriores 10:45 50 mts
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o
primeiro clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche
de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola
organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar
a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento
da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade,
debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario máis da vía, e
quedará eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese
acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
Artigo 5: Inscricións e retirada de dorsais. Inscricións. As inscricións poderán
efectuarse a partir do día 18 de decembro ata as 22.00 h do día 10 de xaneiro a
través da páxina www.carreirasgalegas.com ou ata o fin de dorsais. Poranse a
disposición das persoas interesadas un máximo de 800 dorsais par as categorías
absolutas e 500 para as de menores.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de
nacemento, enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo
electrónico e club.
Asimesmo, no momento da inscrición, os participantes deberán poñer un teléfono
e persoa de contacto en caso de emerxencia.
Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso
facilitarase o número de licenza e o club.
No caso dos menores de idade, o pai/nai ou titor legal deberá asinar a
autorización da inscrición da carreira do menor.
No caso dos atletas discapacitados, deberán facer constar a circunstancia no
momento da inscrición así como entregar copia da licenza coa valoración da
discapacidade recoñecida. Os atletas da categoria de invidentes, deberán
proporcionar os toda a información citada anteriormente da persoa que actuará
como guía.
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
Artigo 6: Retirada de Dorsais .A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao
longo do venres 12 ( de 16:30 a 20:30) tarde sábado 13 (de 9.30 a 13.30 e de
16:30 as 20:30 horas ) no Pavillón polideportivo da Malata así como o domingo 14
de xaneiro, dende as 8.00 ata as 10:30 horas no pavillón de Esteiro.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da
participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha
inscrición defectuosa ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que
deleguen.
Artigo 7: Premios: A organización premiará aos tres primeiros clasificados
masculinos e femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores
agás a categoría peques. A entrega de trofeos realizarase ao finalizar a carreira.
Estimase sobre ás 12:30 h.
Artigo 8: Seguro: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo.
Artigo 9: Condicións de Participación
1.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento. A inscrición implica ler, entender e
adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors,
empregados e demais organizadores.
2.- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do
regulamento, a decisión quedará en mans da organización. Dado o espírito
estritamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán reclamacións.
3.- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
 Non respectar as indicacións dadas pola organización.
 Non realizar todo o circuíto da carreira.
 Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
 Falsificar datos persoais ou correr co dorsal de outra persoa.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado
por instancias superiores.
4 -Cadeiras de rodas e handbike. As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas
grandes e 1 pequena. Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de
paseo, que non foran deseñadas para a actividade de atletismo.
Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen
o chan durante a carreira.
Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme ás
regras enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á
cadeira.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante
toda a carreira.
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre
as rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.
5.- Discapacidade visual. Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar
cun guía. Este guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola
organización. Se algún atleta con discapacidade visual non ten guía, a
organización non permitirá participar na proba, por motivos de seguridade.
Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía
deberá estar por detrás del.
O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido
por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen
suxeición. Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as
mans do atleta coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo de polo
menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o corredor poderá
recibir instrucións verbais do guía.
Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle
impulso. A infracción suporá a descualificación. Independentemente de que se
empregue atadura ou non, entre o atleta e o guía non poderá haber en ningún
momento unha distancia maior de 0,50 m
6- O Concello de Ferrol e a Federación Galega de Atletismo non se fan
responsables dos danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes
nesta proba ou que estas ocasionen a outras persoas.
7.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que
discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir
sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste
regulamento.
8.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a
súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De igual
maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os
seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións respecto
da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de
carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo
electrónico dirixido ao Servizo de Deportes do Concello de Ferrol, praza de Armas
s/n, 15402 Ferrol, .
Dado que esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de
Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os
seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade
Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En
todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow 13- 15008 A Coruña
Artigo 9: Servizos para os participantes: Se disporá de gardarroupa e servizo de
duchas no Pavillón de Esteiro.