Calendario
Info da proba

Villalba - San Silvestre

30/12/2023 17:30 - 18:30
Regulamento Art. 1.- OBXETO.
Establecer as bases de inscrición e reglas de participación nas probas da VIII
Carreira-Andaina “San Silvestre Vilalbesa” que organiza O Concello de Vilalba.
O evento terá unha duración aproximada de 3 horas, dende as 15:30 ata as 18:30
horas do sábado 30 de decembro de 2023 e comezará coas carreiras dos máis
pequenos sobre as 16:30 horas aproximadamente.
A proba celébrase no núcleo urbán por distintas rúas de Vilalba según os roteiros do
anexo, sendo a saída e chegada a Praza da Constitución.
Art. 2.- CATEGORÍAS.
As categorías, clasificacións e distancias a percorrer son as que se relacionan a
continuación:
 Categoría mini: proba participativa mixta, nados entre 2020-2018, 150 metros.
 Categoría pitufos e pitufas: proba participativa mixta, nados entre 2017-2016,
300 metros.
 Categoría sub 10: proba participativa mixta, nados entre 2015-2013, 900
metros.
 Categoría sub 13: proba participativa mixta, nados entre 2012-2010, 1.800
metros.
 Andaina: proba participativa mixta, sen límite de idade, 2.000 metros
aproximadamente.
 Categoría Absoluta: clasificación masculina e feminina, nados no 2009 e
anteriores, 5.120 metros aproximadamente. Cronometraxe con chip e listados
de resultados.
Art. 3.- INSCRICIÓN.
As inscricións de balde para todas as probas serán dende o 15 ata o 26 de decembro
as 23:59 na web: championchipnorte.com, podendo participar calquera persoa
correctamente rexistrada na categoría correspondente según a súa idade.
Non se aceptan inscricións por teléfono, correo electrónico ou presencial.
Art. 4.- HORARIO DAS PROBAS.
As carreiras de menores terán carácter participativo.
 16:30 - pitufos e pitufas.
 16:40 - sub 7.
 16:50 - sub 10.
 17:05 - sub 13.
A carreira abosluta será competitiva, con cronometraxe e resultados por categorías
masculina e feminina.
 17:30 - Absoluta e Andaina
Art. 5.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
Na Casa da Cultura:
 Venres 29 de decembro de 11:00 a 13:00 e de 17:30 a 20:00.
 Sábado 30 de decembro de 11:00 a 13:00.
Na praza da Constitución:
 Sábado 30 de decembro de 15:30 a 16:30.
Art. 6.- DESENROLO DAS PROBAS
Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedir o ano,
tódolos participantes poden asistir disfrazados.
En tódalas carreiras de menores, non está permitido que os pais, nais ou titores
dos nenos e nenas corran á súa beira.
Na Andaina ao non exisitir límite de idade poden participar dende recén nados no seu
carro e a súa familia, ata os máis maiores. Tamén poden participar donos coa súa
mascota sempre e cando, a mascota, leve o material idóneo para a seguridade dos
participantes e o evento en si. Na andaina poden participar todolos participantes das
categorías menores, non sendo necesaria a adquisición dun novo dorsal para a
andaina.
Art. 7.- PREMIOS.
Art. 7.1.- CARREIRAS MENORES
Medallas para tódolos participantes (entrega á chegada dos deportistas á
meta).
Art. 7.2.- CATEGORÍA ABSOLUTA
Trofeo para o 1º, 2º e 3º clasificado/a na categoría masculina e feminina.
Art. 7.3.- AGASALLO DE PARTICIPACIÓN
Agasallo para todos os participantes que rematen as probas.
Art. 8.- RESPONSABILIDADE.
No momento da inscrición, o participante ou o seu representante, manifesta atoparse
físicamente apto para percorrer a súa distancia. A participación no evento levarase a
cabo baixo a responsabilidade e propio risco do participante no que respecta ao seu
estado de saúde. Ademáis, deberá ter en conta o respeto e cumprimento da normativa
sobre seguridade viaria. A organización declina toda responsabilidade dos danos que
os participantes poidan ocasionar durante a proba, ou derivar deles a terceiros.
Os participantes contará cun seguro de asistencia sanitaria que contará como mínimo
coas prestacións mínimas do Seguro Deportivo Obligatorio Deportivo establecidas no
Real Decreto 849/1993, de 4 de xuño. En caso de accidente ou lesión durante as
carreiras, os participantes deben poñelo inmediatamente en coñecemento da
organización ou dos servizos de asistencia sanitaria presentes no evento para
tramitrar o correspondente parte de accidentes.
Art. 9.- MODIFICACIÓN DAS BASES.
A organización resérvase o dereito de modificar as presentes bases e de decidir sobre
calquera aspecto ou circunstancia non contemplada nas mesmas.
Art. 10.- ACEPTACIÓN DAS BASES DE PARTICIPACIÓN NAS CARREIRAS
A inscrición e participación na VIII Carreira-Andaina “San Silvestre Vilalbesa” 2022
supón a aceptación das normas.