Calendario
Info da proba

Santiago - San Silvestre

31/12/2023 17:00 - 18:00
Regulamento REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados (para os cales realizarase una
licenza de día) haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará
a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. A SAÍDA da proba será a partir das 17:00 horas desde a Avenida de Xoan XXIII. A
zona de meta estará ubicada na rúa de San Francisco. A continuación da Praza do
Obradoiro.
3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no
ano 2011. Os atletas menores de esa idade non poderán participar na proba, a organización
non se fará responsable deles.
4. CATEGORIAS E HORARIOS
Nesta edición de 2023, haberá as seguintes categorías e horarios:
CATEGORÍA ANOS DE
NACEMENTO DISTANCIA HORA
SAN SILVESTRE POPULAR
CATEGORÍA ESCOLARES
do 2006 ó 2011
5 km
homologados
pola RFEA
A partir das
17:00 h
SAN SILVESTRE POPULAR
CATEGORÍA ADULTOS 2005 e anteriores
5 km
homologados
pola RFEA
A partir das
17:00 h
A entrega de premios será ás 18:30 horas aprox. na rúa San Francisco
5. LUGAR DE SAÍDA E META
A saída de todas as probas realizarase desde a Avenida de Xoan XIII.
A meta será na rúa San Francisco, a continuación da praza do Obradoiro.
6. INSCRICIÓNS
As inscricións poderán realizarse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal, con data límite o martes 26 de decembro ás 23:59 horas.
Deberán cubrir o formulario cos datos requiridos e finalizar o proceso de inscrición
(poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs). Establecerase un límite
de 2500 inscritos na proba. Unha vez chegada a esa cifra pecharase a inscrición.
CAIXÓNS DE SAIDA:
Os caixóns de competición faranse por orde de marcas na distancia de 5 K. No caso de non
existir, faranse por orde aleatorio establecido previamente.
PREZOS E PRAZOS DA INSCRICIÓN
• CATEGORÍA ESCOLARES e ADULTOS: 4 €
* A cota de inscrición repercutirá no pago da licencia de día de adultos e escolares
(seguro de accidentes deportivos e Responsabilidade Civil), dorsais, chips e imperdibles
da proba. O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina
web www.carreirasgalegas.com (información en www.aletismo.gal).
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono
981 291 683 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il
info@carreirasgalegas.com .
Teléfonos de información xeral da proba:
981 291 683 / 981 528 730
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións odía
da proba.
PREMIOS E AGASALLOS
SAN SILVESTRE:
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (5 km
homologados pola RFEA).
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (5 km
homologados pola RFEA).
Premio participación aos 3 clubs de atletismo federado feminino con máis
participantes ADULTOS nas probas.
Premio participación aos 3 clubs de atletismo federado masculino con máis
participantes ADULTOS nas probas.
Premio participación ao grupo popular con máis participantes na proba
(deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación a EMPRESA con máis participantes na proba (deberán
reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantesna
proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio aos 3 mellores disfraces de grupo (mínimo 3 integrantes).
Premio aos 3 mellores disfraces individuais.
7. RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:
▪ LUGAR: Centro Comercial As Cancelas
➢ Horarios e días:
▪ 29 de decembro de 16:00 a 20:30 horas
▪ 30 de decembro de 11:00 a 20:30 horas
▪ 31 de decembro de 11:00 a 16:00 horas
NON SE ENTREGARAN DORSAIS NA ZONA DE SAÍDA
Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal que
non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de
xeito visible na zona anterior do corpo.
8. CIRCUÍTO
A proba disputarase sobre un circuíto de 5 km en ruta homologados pola Real
Federación Española de Atletismo e as marcas pasarán ao ranking galego e nacional
na distancia. O circuíto estará publicado nas web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal.
A saída será na Avenida de Xoan XXIII e a meta será na rúa San Francisco.
9. Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en
ruta da FGA e da RFEA en vigor.
10. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probassuporá
a total aceptación deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito. Prégase
precaución na proba polo alto volume de participantes na mesma. A seguridade é o
primeiro.