Calendario
Info da proba

Betanzos - San Silvestre

31/12/2023 17:00 - 18:00
Regulamento REGULAMENTO 5ª SAN SILVESTRE BETANCEIRA
Artigo 1:
Organización:
O Concello de Betanzos, Club Atletismo Betanzos-As vellas non paramos
organizan a V San Silvestre Betanceira. A proba terá lugar o Domingo 31
de decembro, con saída e meta na Praza da Constitución discorrerá pola
contorna da vila.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen
distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa
responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para
rematar a proba.
Non haberá sistema de Cronometraxe oficial con tempos, nin
clasificación xeral, excepto os tres primeiros homes e mulleres
primeiros en cruzar a liña de meta.
Artigo 2:
Categorías, distancias e horarios:
O circuíto será 5km aprox. sobre asfalto e estará pechado a todos os
vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará
controlado por persoas e vehículos da organización. A PREVISION
MAXIMA DE PARTICIPANTES SERA DE 1000. A saída de cada proba será
na Praza da Constitución as 17:00horas
CATEGORÍA ABSOLUTA: 5Km saída 17:00 horas(*permitiranse
animais de compañía durante a proba con correa e saíndo na
parte traseira da proba).
ANDAINA: 4 Km saída 17:05 horas
CATEGORÍA PROMOCIÓN: 16:15horas
Sub14 Nados/as 2010 2011 ( 800m)
Sub12 Nados/as 2012 e 2013 ( 800m)
Sub10 Nados/as 2014 e 2015 ( 150m)
Sub8 Nados/as 2016 e posteriores ( 150m)
Artigo 3:
Condicións de Participación:
➢ As inscricións faranse a través desta páxima https://ccnorte.com
➢ A inscrición pecharase o 24 de decembro ás 23:59 horas.
➢ Non se admitirán inscricións fora de prazo.
➢ A inscrición na proba é persoal e intransferible
➢ A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade
que da participación no evento puidese derivarse á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os
seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo
coa Lei de Protección de Datos.
➢ No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do
regulamento, a decisión quedará en mans da organización.
➢ A proba estará controlada polo Club Atletismo Betanzos, Protección
civil de Betanzos, Policía local
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respectar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da paxina
https://ccnorte.com/
Os dereitos de inscrición na carreira absoluta terá un custe de
6€. Nas probas de menores serán de 2€ , e a andaina de 6€.
A inscrición pecharase o 24 de decembro ás 23:59 horas.
Artigo 4:
Retirada de Dorsais:
Os dorsais poderanse retirar os día 31 na Praza da Constitución de 12:00
a 15:00.
Artigo 5:
Premios:
➢ Premio aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da
carreira absoluta.
➢ Na categoría de SUB8, SUB10, SUB 12, SUB 14 darase medalla a
todos o participantes. A premiación para esta categoría será na entrada
a meta.
➢ A entrega de premios será na zona de meta, o chegar a meta os tres
clasificados da categoría absoluta.
Artigo 6:
Ropero e duchas: Esta proba non contará con ropeiro nin duchas.
Artigo 7:
A organización reservase o dereito de cambiar, modificar, añadir o
reglamento.