Calendario
Info da proba

Mos - San Silvestre

31/12/2023 11:00 - 12:00
Regulamento I CARREIRA SAN SILVESTRE DE MOS
As NN.XX de Mos celebran a Primeira Carreira San Silvestre de Mos “pet
friendly” e en favor de Mos Axuda cunha recollida solidaria de aliementos.
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación
conxunta. A cronometraxe da carreira estará a cargo de championchipnorte. Haberá
duas distancias (3,5 km e 7 km a escoller polos participantes)
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
 Sub 20 (nados 2003 e posteriores)
 Sub 40 (nados 1983-2002)
 Sub 60 (nados 1963-1982)
 Veterans (nados 1962 e anteriores)
3. HORARIOS:
10:00 h. RECOLLIDA DE DORSAIS (Pavillón Óscar Pereiro)
11:00 h. SAÍDA CARREIRA 7 Km
11:15 h. SAÍDA CARREIRA DE 3.5 Km
13:00 h. ENTREGA DE PREMIOS (Pavillón Óscar Pereiro)
4. INSCRICIÓNS.
As inscricións realizaranse a través da web www.championchipnorte.com
Admitiranse inscricións ata o luns 25 de decembro de 2023 ás 23:59 horas .
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
5. PREZOS DE INSCRICIÓN
 Proba de 3,5 km: 3€
 Proba de 7 Km: 5€
6. Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de tódolos atletas sito no
Pavillón Óscar Pereiro.
7. PREMIOS
 Haberá medallas para os 3 primeiros clasificados das categorías
establecidas, (feminina e masculina), tanto para a distancia de 3,5 km como
a de 7 km.
 Haberá premio para o mellor disfraz.
 Haberá trofeo conmemorativo para os participantes de maior e minor idade.*
*Será motivo de entrega dos premios/trofeos concluir a proba na que se está isncrtito na
súa totalidade.
8. Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da
proba, sendo a súa decisión inapelable. Dado o carácter popular e festivo desta
proba, a organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
9. A realización da inscrición implica que se aceptan os compromisos de estar en bo
estado físico, que se superaron os pertinentes recoñecementos de saúde e que se
autoriza á organización para a utilización da imaxe en carteis, publicacións, medios
de comunicación e outros para a promoción do deporte.