Calendario
Ver carrera

Cuntis

13/01/2024 10:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción VI ORIENTACIÓN POPULAR DE REIS - VILA DE CUNTIS

UBICACIÓN

Escolas de Mesego
42.633385,-8.525337

PARTICIPACIÓN

¡PARA TÓDOLOS PÚBLICOS!
*Nen@s menores de 8 anos deberán ir acompañados por un adulto.

A inscrición é de balde e farase o mesmo día da proba na secretaría habilitada na zona de concentración (ata AS 9:45). Pregase que veñades con un pouco de antelación para cumprir o horario establecido.

FAREMOS CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA O BANCO DE ALIMENTOS DE PONTEVEDRA.
Podedes colaborar aportando 1kg de alimentos NON PERECEDEIROS que depositaredes no momento de inscribirvos na actividade .

*Esta proba non é competitiva e non se fara toma de tempos nin clasificación algunha.

Haberá un crontol de chegada para verificar que todol@s participantes están de volta.

????️ MAPA
TAMAÑO A3 papel resistente a auga ????
ESCALA 1:10.000 ????

Faránse actualizacións cartográficas do mapa elaborado na pasa edición, na que non se específica o tipo de vexetación, agás nos camiños e sendeiros que se atopan con maleza e faise difícil a progresión por eles.
⚠️ ATENTOS A HORA DE DECIDIR A RUTA PARA VISITAR OS PUNTOS DE CONTROL.

Aparecen obxetos singulares tales como árbores característicos, pedras grandes, rocha nai, fontes ou manantiais que nos darán algunha referencia para ubicarnos ou para atopar o punto de control (baliza) que estamos a buscar.

PERCORRIDO

Na proba predominarán camiños de terra, ainda que atoparemos moitos tramos de enlace de pistas asfaltados e pasos por aldeas da contorna.
RECOMÉNDASE CALZADO DE MONTE, USO DE COMPÁS E PORTAR UN TLF MOBIL (sobre todo no caso das persoas que non teñan experiencia orientando. Para os/as que participen en grupo chega con que o leve unha persoa)

Nesta ocasión faremos unha proba en formato "rogaine", no que os participantes teñen un tempo máximo de 3 horas para visitar os case 30 puntos de control.
¿Cantos de vos seredes capaces de visitar tódolos puntos de control?

ANIMADEVOS A PARTICIPAR

[ Go Back ]