Calendario
Ver carrera

Castro de Rei

14/01/2024 10:15 - 12:15

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
ARTIGO 1: ORGANIZACIÓN:
O Concello de Castro de Rei organiza a VI Carreira Popular Castro de Rei. A proba celebrarase o
vindeiro Domingo 14 de Xaneiro, con saída na Casa do Concello e discorrerá por vías da Deputación de
Lugo. A meta será no Campo da Feira de Castro Riberas de Lea.
ARTIGO 2: PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 300 ATLETAS na proba de adultos,
federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa
responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
ARTIGO 3: PERCORRIDO, CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará sinalizado en cada km.
A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta no Campo
da Feira de Castro Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un
servicio de autobuses para trasladar aos deportistas dende o Pavillón municipal de Castro Riberas
de Lea ata á saída na Casa do Concello de Castro de Rei.
As probas de menores serán na contorna do Campo da Feira de Castro Riberas de Lea.
O servicio de autobuses comezará ás 9.15h, sendo o último servizo ás 9.45h
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2018 e posteriores) 12.10 h 150m
PROMOCIÓN (2015-2017) 12.15 h 550m
SUB 12 (2013-2014) 12.20 h 1100m
SUB 14 (2011-2012) 12.30 h 2000m
SUB 16-18 (2007-2010) 12.30 h 2000m
SENIOR (1989-2006) 10.15 h 14.8 km
MÁSTER A (1981-1988) 10.15 h 14.8 km
MÁSTER B (1972-1980) 10.15 h 14.8 km
MÁSTER C (1971 e anteriores) 10.15 h 14.8 km
ARTIGO 4: PECHE DE CONTROL:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 105’ despois da saída da mesma.
ARTIGO 6: INSCRICIÓN:
A inscrición farase a través da páxina da Federación Galega de atletismo www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán gratuítos.
Cota inscrición da proba absoluta:
-3€ ata o 31 decembro 2023
-5€ do 1 xaneiro ata o 9 xaneiro.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de empadroamento,
teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o clube.
ARTIGO 5: CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
• Inscrición na web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o martes 9 de xaneiro ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o dia da proba.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición,
todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección
de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en mans da
organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para descualificar a calqueira atleta
que incumpra oregulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización, non realizar todo o circuíto da carreira, non levar o dorsal ou a
manipulación do mesmo, falsificar datos persoais...
➢ Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente
tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
ARTIGO 7: RETIRADA DE DORSAIS:
➢ Domingo 14 xaneiro dende as 8.30h ata as 10.00h no Pavillón Municipal de Castro Riberas de
Lea, a partir desa hora a recollida de dorsais trasladarase á zona de meta (Campo da Feira de
Castro Riberas de Lea).
ARTIGO 8: PREMIOS:
➢ Trofeo ós tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreiraabsoluta.
➢ Trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
➢ Os premios NON SERÁN ACUMULATIVOS.
➢ Trofeo ó primeiro/a atleta local da carreira de adultos (deberá estar empadroado/a no Concello
de Castro).
➢ Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta
categoría nin se farán clasificacións.
➢ Nas categoría dende PROMOCIÓN ata SUB 16-18 darase medalla a todos os participantes, así
como trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as.
➢ A entrega de premios será na zona de meta (Campo da Feira) ás 12.45h aproximadamente.
ARTIGO 9: SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira:
1. Aparcadoiro gratuíto nas inmediacións do pavillón municipal.
2. Baños, vestiarios e duchas no pavillón municipal de Castro Riberas de Lea, a escasos 300m da
liña de meta, así coma baños na saída na Casa Consistorial.
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha identificación, e
un vehículo as transportará ata a liña de meta (Edificio da biblioteca).
4. Servizo de autobuses para trasladar aos deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de
autobuses comezará ás 09.15h, sendo o último servizo ás 9.45h.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Aperitivos e bebidas ao remate da última carreira para todos os participantes.
7. 2 Avituallamentos líquidos (km 5 e 10) na carreira de adultos.
8. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado
do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
ARTIGO 10: SEGURO:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes
que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.

[ Go Back ]