Calendario
Info da proba

Sin - Son

17/12/2023 11:00 - 12:30
Regulamento “REGULAMENTO CARREIRA SIN SON 10K 2023”
O Concello de Porto do Son organiza o domingo 17 de decembro a
partir das 11:00h. horas a carreira popular ¨SIN-SON 10 K¨ a cal estará
incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As probas rexeranse polo seguinte regulamento:
REGULAMENTO PROBA ABSOLUTA (10 KM)
Articulo 1.- A carreira absoluta cuxa saída será ás 11:00 h disputarase
sobre unha distancia de 10 km en ruta entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON. A proba estará supervisada baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Articulo 2.- Participación de atletas de outras federacións autonómicas
e estranxeiros. A proba está incluída no calendario autonómico da
Federación Galega de Atletismo, co cal a participación de atletas
estranxeiros e doutras federacións autonómicas rexerase polo disposto
na sección terceira, artigos 16, 17 e 18 do regulamento de competicións
da Real Federación Española de Atletismo, que se pode consultar na
seguinte ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-04/Reglamento%20de%20Competici%C3%B3n.pdf
Artigo 3.-A recollida de dorsais e chips poderase efectuar da seguinte
maneira:
1. Os participantes que se anoten antes do 1 de decembro, poderán
elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades:
« Santiago, A Coruña, Pontevedra ou Vigo»; a partir do 8 de decembro
ata o 12 de decembro; poderán facer efectiva a recollida.
Próximamente informarase, dos puntos de recollida en Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo.
2. Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán:
a. Portosín, o día 16 de decembro na Casa dá Cultura, na «FEIRA
DO CORREDOR» desde as 19:30 ás 21:00 h. Recomendámosvos fagades o esforzo de usar esta opción.
b. Portosín, o mesmo día da carreira en horario de 8:00h. a 10:30 h.
da mañá, na Casa da Cultura, preto da zona de saída.
Recoméndase que, na medida do posible, fágase a recollida previamente por razóns operativas.
O traslado de participantes farase en 10 autobuses con saída de Porto
do Son a partir das 8:00 h, en dirección á localidade de Portosín (lugar
de saída de carreira). O último autobús sairá ás 10:20 h.
A información estará dispoñible na web da carreira. www.sin-son10 k.
com.
Artigo 4.- A carreira realizarase sobre un circuíto en liña no cal se establecerán 2 puntos de control, un a metade de percorrido e outro situado
no arco de META. O percorrido no seu inicio transcorrerá por un cir-
cuíto urbano de 3,550 km na localidade de Portosín; unha vez completado este primeiro tramo de carreira accederase á AC 550 para desta
forma e sen abandonar a mesma, completar o percorrido en dirección a
Porto do Son accedendo polo porto cara á liña de META.
Artigo 5.- Haberá 2 puntos de avituallamiento: km 6 (auga) e en META
(sólido e líquido)
Artigo 6.- Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os da
organización e vehículos autorizados
Cortarase o tráfico rodado do carril dereito en sentido Portosín a Porto
do Son polo que transitará a carreira. A organización colocará conos no
centro da calzada e durante todo o percorrido para delimitar a zona dos
corredores con respecto ao carril contrario de circulación de vehículos.
Artigo 7.- As inscricións, consulta de clasificacións e tempos realizaranse nas webs oficiais do Concello de Porto do Son, con ligazón directa
á pasarela. Calquera dúbida con respecto ao proceso de inscrición poderá consultarse na propia web oficial do evento ou por mail en soporte@emesports.es.
O atleta deberá encher o formulario de inscrición e mediante a modalidade de pago por tarxeta efectuar o pago que no seu caso corresponda.
• O prezo ata o sábado 4 de novembro ás 23:59 h é de 10€ por
participante.
• O prezo dende o domingo 5 de novembro ata o luns 11 de decembro ás 23:59 h é de 12€ por participante.
Non se aceptarán inscricións o mesmo día da carreira nin fóra de prazo.
Entrando na listaxe de inscritos poderá visualizar o estado da súa inscrición.
As inscricións abriranse o 28 de outubro e pecharanse o luns 11 de Decembro ás 23:59h., ou ata completar 1.500 participantes.
O 1 de decembro pecharanse para os participantes que decidan facer a
recollida en Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Vigo,
proximamente, informarase, para os inscritos máis afastados dos puntos
de recollida nas citadas localidades. A información estará dispoñible
nas webs: www.sin-son10 k. com.
www.portodoson.gal. E nas RRSS oficiais da carreira.
Artigo 8.- Estableceranse as seguintes categorías de competición:
HOMES E MULLERES
-CATEGORÍA XERAL.
-CATEGORÍA (SUB 18): Atletas nados no 2006 e 2007.
-CATEGORÍA (SUB 20): Atletas nados no 2004 e 2005.
-CATEGORÍA (SUB 20): Atletas nados no 2001, 2002 e 2003.
-CATEGORÍA (SÉNIOR): Atletas nados en 2000 ata 1989
-CATEGORÍA MÁSTER 1: Nados en 1988 ata 1983.
-MÁSTER 2: Nados en 1982 ata 1973.
-MÁSTER 3: Nados en 1972 ata 1963.
-MÁSTER 4: Nados antes do ano 1963.
Artigo 9.- A organización establecerá os premios e obsequios que se
indican de seguido. No momento da entrega dos premios os beneficiarios deberán asinar unha declaración responsable relativa á non incorrer
en ningunha prohibición das sinaladas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.
• Trofeo para @s tres primeiro@ s clasificade@ s de todas as categorías establecidas no presente regulamento.
• Trofeo para os tres primeiros sonenses homes e mulleres da xeral.
• CAMISETA TÉCNICA para todos os inscritos.
• Avituallamento FINAL (Sólido e líquido)
SERVIZOS PARA O ATLETA
• Servizo de 10 autobuses e gardarroupa para atletas (carpa de
META e Bus)
• Marcaxe de cada KM con sinalización no pavimento.
• Arco ríxido de control ao paso do km5.
• Servizo de duchas (Pavillón Polideportivo Santa Irene, Piscina
Municipal e Campo de Fútbol). Sempre que as autoridades sanitarias o
permitan.
• Autobús pechando a proba para recollida de participantes que o
necesiten.
• Servizo de ambulancias, seguro deportivo do atleta e de responsabilidade civil do evento, 3 médicos e 3 sanitarios.
• Caixóns de saída (Elite: menos de 40 min, Caixón A: menos de
50 min e Caixón B:máis de 50 min).
• Baños.
• Zonas de Parking Atletas.
PREMIOS Á XERAL (premios en metálico)
1º Clasificado/a: Trofeo, 500€.
2º Clasificado/a: Trofeo, 400€.
3º Clasificado/a: Trofeo, 300€.
4º Clasificado/a: 200€.
5º Clasificado/a: 100€.
Tres primeiros sonenses: (requisito, estar empadroado, no Concello de
Porto do Son, como mínimo, durante os últimos 365 días anteriores á
carreira e marcar campo correspondente na inscrición).
1º Clasificado/a. Trofeo, 100€. en material deportivo.
2º Clasificado/a. Trofeo, 75€. en material deportivo.
3º Clasificado/a. Trofeo, 50€.en material deportivo.
Os beneficiarios dos premios en material deportivo terán ata o 31 de
decembro de 2023 para facer efectiva a recollida, data a partir da cal o
premio caduca.
Artigo 10.- A organización reservarase o dereito para solicitar o DNI
ou documento acreditativo da identidade e/ou idade dun participante en
caso de dúbida ou posterior reclamación que poida afectar á entrega de
premios da categoría á que afecte. Neste caso atrasarase a entrega de
premios ata que o deportista demostre a súa idade.
Artigo 11.- Descualificacións: calquera atleta poderá ser descualificado
por non levar dorsal ou non levalo colocado de forma visible e a todo o
ancho na zona do peito; por mal estado físico do deportista ou por participar con chip ou dorsal doutro corredor; por participar
cun dorsal non autorizado, entrar en meta sen chip ou non levalo colocado correctamente na zapatilla deportiva; por non atender as indicacións da organización e/ou xuíces e por condutas antideportivas.
Artigo 12.- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan
o presente regulamento. Todo o non previsto nel resolverase segundo o
establecido nos regulamentos da RFEA e FGA para probas en ruta. As
reclamacións poderán realizarse ao xuíz árbitro da competición con
prazo máximo 30 minutos despois da publicación dos resultados.
Artigo 13.- O límite de inscrición será de 1.500 participantes na proba
de 10 Kilómetros.
Art. 14 – ENTREGA DE TROFEOS. Realizarase no palco instalado na
zona de meta o día da carreira. A entrega de trofeos realizarase á finalización do evento. Os/as atletas deberán situarse na zona próxima á
entrega de trofeos no momento no que a megafonía anuncie o seu comezo. Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida
do seu trofeo no momento da entrega perderán o dereito para recollelo.
Só subirán ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo
a ninguén que non sexa o/a propio/a atleta. Aquelas persoas que poidan
alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante
un prazo máximo de 15 días, onde estarán custodiados os trofeos non
recollidos.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
1. Se decide aparcar o seu vehículo en Porto do Son, dispoñerá de zonas
habilitadas (aparcadoiro para a carreira ben sinalizado). Colla un dos 10
autobuses dispoñibles (8:00 h. a 10:20 h.) Os cales lle trasladarán á saída a Portosín. Recolla o seu dorsal, se é o caso de 8:00 h a 10:00 h (na
Casa da Cultura de Portosín, próxima á zona de SAÍDA).
2. A SAÍDA darase ás 11:00h (3,550km de circuíto urbano e 6,450km
pola C550).
3. Unha vez pasada a META terás o avituallamento sólido e líquido e
a posibilidade de utilizar o servizo de duchas que estará convenientemente sinalizado, ( Pavillón Santa Irene, Piscina Municipal). Poderás
utilizar o servizo de autobuses RETORNO para volver a Portosín a recoller o teu vehículo, se é o caso.
4. Poderás recoller as túas pertenzas no SERVIZO GARDA-ROUPA.
5. A entrega de premios realizarase ás 13:00 h.