Calendario
Info da proba

Volta a Ría

03/12/2023 10:00 - 12:30
Regulamento ARTIGO 1. ORGANIZADORES
1.1.- O Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Narón, Neda e
Fene, organiza a XXXVII edición da carreira de media maratón “Memorial
Adolfo Ros - Volta á Ría”.
As probas terán lugar o día 3 de decembro de 2023 a partir das 10:00 horas, e
contarán tamén con probas para categorías de menores.
1.2.- A Organización contará coa axuda da Garda Civil de Tráfico e da Policía
Municipal dos catro Concellos, que regularán o tránsito ao longo do
percorrido.
1.3.- Así mesmo actuarán como colaboradores habilitados pola organización,
as agrupacións de Protección Civil dos catro Concellos citados, así como
algunha outra entidade de voluntarios doutros concellos aos que se solicite
colaboración no caso de ser necesario. Entre os colaboradores estará tamén
Aefat (Asociación que agrupa á familias afectadas por ataxia telangiectasia
en España).
Outros colaboradores serán clubs inscritos en calquera dos catro concellos
organizadores.
REGLAMENTO
ARTIGO 2.- PERCORRIDO E DURACIÓN.
2.1.- A saída e a chegada terán lugar na Estrada de Castela, nas
inmediacións da praza de España de Ferrol.
2.2.- O percorrido será de media maratón (distancia non homologada) 21.000
metros aproximadamente sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de Ferrol,
Narón, Neda, Fene e Ferrol. ( nese orde)
2.3.- A proba está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo.
2.4.- O percorrido estará sinalizado como mínimo cada 5 kms.
2.5.- No percorrido estableceranse controis, así como postos de avituallamento
situados nos Concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol e estarán nos quilómetros
5, 10, 15 e 20 aproximadamente.
2.6 - Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de
apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación
dos corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán
seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a
organización, que contarán con roupa apropiada e visible.
2.7.- O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en
meta o primeiro clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo
previsto de peche de control (unha hora dende que entre o primeiro
clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial
que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o
tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso
de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas
e sinais, e considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a
organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer
(Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
2. 8- O percorrido da proba figura como Anexo I ao presente Regulamento.
ARTIGO 3.- PARTICIPANTES
3.1.- A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción
de sexo.
3.2.- En calquera caso poderán participar na media maratón os/as nacidos/as
no ano 2005 e anteriores. Para as categorías de menores, estableceranse
probas de menor distancia.
3.3.- Cada corredor/a participa na media maratón baixo a súa
responsabilidade e declara que dispón dun nivel de condición física suficiente
para afrontar a proba. A organización terá potestade para descualificar a
calquera atleta que a propósito da súa imposibilidade para participar na
proba, proporcione datos erróneos para poder facelo.
ARTIGO 4.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓNS.
4.1 Unha inscrición é válida cando a persoa participante enche o boletín de
inscrición a través da web: www.carreirasgalegas.com e realice o pago da
inscrición. Poderanse realizar inscricións ata o mércores 28 de novembro de
2023 ás 23:59 horas.
4.2 Aqueles que se inscriban máis dunha vez, inducindo a posible erro á
Organización, quedarán descualificados.
4.3 A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán
devolucións, baixo ningunha causa, do importe da inscrición.
4.4 A realización da inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso
que a continuación se expón: “Declaro que estou en bo estado físico. Eximo á
organización, patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais
organizadores, de toda responsabilidade que da participación no evento se
puidese derivar tal como: perda de obxectos persoais por roubo ou outras
circunstancias, lesións, …”
4.5 - Os/as participantes comprométense a:
 Aceptar estritamente tódolos artigos do presente regulamento.
 Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a organización se
vexa obrigada por causas alleas á súa vontade.
4.6 - Todos os/as corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación
do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou
internet. Mediante a inscrición o corredor consinte expresamente que os seus
datos sexan empregados pola organización para comunicacións acerca da
súa actividade. En todo caso e tal e como establece a Lei de Protección da
datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico nas
oficinas da Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, praza de Armas
s/n, 15402 Ferrol, .
4.7 A organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non
acepte os termos e condicións do evento que queden expostos no presente
regulamento. En caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida
neste, estarase ao que dispoña a organización.
Descualificacións: O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están
facultados para retirar da carreira a:
 Calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
 Todo/a atleta que non realice o percorrido completo
 Todo/a atleta que non teña dorsal ou non o leve visible, dobre ou
manipule a publicidade ou o fotocopie.
 Todo/a atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se
retire en protestas ante a organización, á marxe do estipulado no
apartado de reclamacións.
4.8 Condicións para as cadeiras de rodas e Handbikes:
 As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
 Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que
non foran deseñadas para a actividade de atletismo.
 Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros
inferiores toquen o chan durante a carreira.
 Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea
conforme ás regras enriba indicadas e de non demorar a carreira
mentres fai os axustes á cadeira.
 Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco
durante toda a carreira.
 O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do
corredor sobre as rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.
4.9 Condicións para participantes con Discapacidade Visual:
 Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este
guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola
organización. Se algún atleta con discapacidade visual non ten guía, a
organización non permitirá participar na proba, por motivos de
seguridade.
 Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o
guía deberá estar por detrás del.
 O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre
ser dirixido por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de
atadura ou ben correr sen suxeición. Non se permitirá soster o atleta,
suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta coas dos guía. A
atadura deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as mans
do atleta e as do guía. Ademais o corredor poderá recibir instrucións
verbais do guía.
 Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de
transporte.
 O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo
para darlle impulso. A infracción suporá a descualificación.
 Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o
atleta e o guía non poderá haber en ningún momento unha distancia
maior de 0,50 m
ARTIGO 5.- CATEGORÍAS
5.1 – Categorías Absolutas
CATEGORÍAS ABSOLUTAS.
Sub 20: Nacidos/as no ano 2004 e 2005
Sub 23: Nacidos/as no ano 2001 – 2002 - 2003
Sénior Nacidos/as no ano 2000 ata o 1989
Master 1 Nacidos/as en 1988 ata 1983
Master 2 Nacidos/as en 1982 ata 1973
Master 3 Nacidos/as en 1972 ata 1963
Master 4 Nacidos/as 1963 e anteriores
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A. e non participantes
5.2 – Categorías de menores
CATEGORÍA
Sub 18 Nacidos/as no 2006 - 2007
Sub 16 Nacidos/as no 2008 - 2009
Sub 14 Nacidos/as no 2010 - 2011
Sub 12 Nacidos/as no 2012 - 2013
Sub 10 Nacidos/as no 2014 - 2015
Sub 8* Nacidos/as no 2016 - 2017
PEQUES* Nacidos/as no 2018 e anteriores
ARTIGO 6.- CUSTO DA INSCRICIÓN
6.1 Para inscribirse na proba (media maratón), as persoas participantes
deberán pagar a cantidade de 4 €.
6.2 As inscricións para as carreiras de menores serán gratuítas
ARTIGO 7.- RETIRADA DE DORSAL.
7.1.- A retirada de chips e dorsais poderase efectuar :
 Venres 1 de decembro de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 horas no
Complexo Polideportivo Municipal da Malata.
 Sábado 2 de decembro 10:00 a 13:30 no Complexo Polideportivo
Municipal da Malata e de 16:00 a 20:30 horas na Praza de España.
( oficina de Turismo)
 Domingo 3 de decembro, dende as 8.00 ata as 9.30 horas na Praza de
España do Concello de Ferrol. ( oficina de Turismo)
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da
participación, debendo por tanto, recoller os dorsais persoalmente.
Se o dorsal fose retirado por outra persoa diferente ao participante na proba,
o que recolle deberá deixar nome e apelidos e un teléfono de contacto.
ARTIGO 8.- PROBAS PARA MENORES
A continuación da saída da carreira absoluta terá lugar a carreira das
categorías de menores, discorrendo polo Concello de Ferrol cos mesmos
puntos de saída e chegada que a carreira principal, cos seguintes percorridos
e distancias:
CATEGORÍAS SAÍDA DISTANCIAS
Sub 18 e Sub 16 10:05 2.000 mts
Sub 14 e Sub 12 10:20 1.000 mts
Sub 10 10:35 500 mts
Sub 8 10:45 250 mts
Peques 10:55 50 mts
ARTIGO 9.- PREMIOS
9.1.- As clasificación publicaranse inmediatamente despois de finalizar a
proba na Web da entidade cronometradora.
9.2 - Haberá trofeos para:
 Gañador e gañadora absoluta da proba.
 Tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos da
clasificación xeral da proba absoluta residentes en calquera dos
catro concellos organizadores ( Narón, Neda, Fene e Ferrol )
 Tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e
feminina, tanto absoluta como de menores agás os peques.
Os premios son acumulativos,
9.3 Todos os participantes que obtivesen algún premio deberán presentar
algún documento de identidade (DNI ou pasaporte) que acredite a data de
nacemento do premiado así como a súa residencia en calquera dos catro
Concellos (Narón, Neda, Fene e Ferrol) no caso de obter premio por
clasificación para residentes nos concellos organizadores.
A non presentación deste documento supón a non entrega do premio
9.4 .- A entrega de trofeos terá lugar ás 13:00 horas na praza de España de
Ferrol. Os/As premiados/as deberán estar no lugar indicado 10 minutos antes
para axilizar a entrega de premios.
ARTIGO 10.- CONTROL TÉCNICO DA PROBA.
10.1 - A proba será controlada polo Comité Galego de Xuíces de Atletismo e
rexerase polas normas do Regulamento da IAAF. Tamén está incluída no
Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo.
10.2 – O Xuíz árbitro será designado pola F.G.A. para resolver calquera suceso
de tipo técnico, interpretando o regulamento da proba.
10.3- Os tempos tomaranse mediante sistema informático. Existirá un control de
tempo na saída, no quilómetro 10 e na meta. Só terán validez os chips persoais
integrados no dorsal da carreira. O tempo de carreira só será rexistrado se a
persoa participante leva posto correctamente o chip, que irá integrado no
dorsal.
10.4- O dorsal debe levarse na parte dianteira en lugar visible.
10.5 – Apelacións. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse
verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos
despois da publicación dos mesmos
ARTIGO 11.- SEGUROS.
11.1.- A organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e
Responsabilidade Civil.
11.2.- A organización recomenda aos participantes que, con anterioridade á
proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un
adestramento axeitado para as características desta competición.
11.3- A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais
que poidan sufrir os participantes antes, durante ou como consecuencia da
súa participación nesta proba.
ARTIGO 12.- ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
12.1.- Os/As participantes aceptan cada un dos artigos deste regulamento e
comprométense a non anticiparse ao momento da saída e a cubrir a
distancia completa antes de cruzar a liña de meta.
12.2.- Todos/as os/as participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o
seu consentimento para que a organización, ela mesma ou mediante terceiras
entidades, traten informaticamente e con finalidade exclusivamente
deportiva, promocional ou comercial, os seus datos de carácter persoal, así
como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeos, etc. De
acordo co que estable a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, da
protección de datos de carácter persoal, o/a participante poderá exercer o
seu dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar
de forma parcial ou total o seu contido. Poderase exercer este dereito
mediante un escrito ou correo electrónico nas oficinas do Negociado de
Deportes do Concello de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402 Ferrol.
12.3- Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de
Atletismo e mediante a súa inscrición, o/a corredor/a consinte expresamente
que os seus datos básicos sexan cedidos para a tramitación, ante a compañía
de seguros, dos seguros obrigatorios de Accidentes e Responsabilidade Civil,
así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas en ruta. En
todo caso e tal e como establece a Lei de protección de datos, o/a
interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo (Avda. Glasgow, Nº13. – 15008, A Coruña).
12.4- A Organización poderá modificar o presente regulamento, sen previo
aviso. Igualmente resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste Regulamento.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control
(unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola
organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e
abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o
desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a
súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un
usuario máis da vía, quedando eximida a organización de toda
responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de
circulación R.D. 1428/2003).
Haberá servizo de duchas no Polideportivo Municipal de Esteiro (Rúa San
Ramón s/n 15406 Ferrol)
Anexo II: Percorrido Carreira Absoluta
Saída de Ferrol: Saída estrada de Castela, nas inmediacións da Praza de
España , dirección Narón.
 Estrada de Castela
Entrada en Narón
 Ponte das Cabras
 Estrada de Castela
 Meta – Estrada de Castela, nas inmediacións da Praza de Galicia
de Narón.
Entrada en Neda
 Ponte de Xuvia
 Avda. De Xuvia
 Avda. Algeciras
 Puntal.
Entrada en Fene
 Avda. de Conces.
 Cruce Igrexia.
 Avda. das Pías
Entrada en Ferrol
 Avenida das Pías.
 Avda. do Mar
 Rúa Telleiras
 Estrada Caranza
 Avda. Mc. Mahón
 Rúa Taxonera
 Rúa dos Irmandiños
 Praza de Galicia
 Rúa Concepción Arenal
 Xiro a dereita en Rúa Magdalena
 Praza de España ( Paso por zona peatonal diante dos arcos da
Praza de Sevilla)
 Rúa Carvallo Calero
 Xiro a Dereita carreteira de Castela
 Entrada en meta na estrada de Castela.
Recorrido carreira Sub 16 e sub 18 (2000 m) 1 volta
Saida crta Castilla ata cruce con rúa Bertón, xiro 180º e volta por crta
Castilla.
Recorrido categoría sub 14 – sub 12 (1000 m)
Saída crta Castilla ata cruce con rúa Sánchez Calviño, xiro 180º e volta
por crta Castilla.
Recorrido categoría sub 10 ( 500 m)
Saída crta Castilla ata n.º 55 - 69 (ONCE) da crta de castilla xiro 180º e
volta por crta Castilla.
Recorrido categoría sub ( 250 m)
Saída crta Castilla ata cruce con rúa Euzkadi xiro 180º e volta por crta
Castilla.
Recorrido categoría peques (50 m)
Saída dun arco a outro dentro da zona dos valados.