Calendario
Info da proba

Brión

17/09/2023 11:00 - 12:30
Regulamento I ANDAINA “NON A BALSA CORNANDA-TAMBRE”
17 de setembro de 2.023
Distancia: 4.970 metros aprox.
A plataforma “NON Á BALSA CORNANDA-TAMBRE” convoca a I Andaina “Non á balsa Cornanda-Tambre” que terá carácter NON COMPETITIVO, e co único obxectivo de dar a coñecer o encanto da nosa zona, a cal pretenden destruír.

REGULAMENTO.
1- A distancia total do percorrido é duns 4.970 metros. aproximadamente con saída dende o encoro “Barrié de la Maza” e chegada en “Pedra do Santo – Busto de Frades”. Percorreríase o traxecto que ocuparía a infraestrutura que se pretende construír dende a orixe da extracción da auga nas proximidades do encoro “Barrié de la Maza” ata a súa vertedura e posterior bombeo na hipotética balsa artificial reversible situada nas proximidades da aldea de Busto de Frades (Pedra do Santo).
2-Dado o carácter simbólico da proba, cada participante efectuará o percorrido baixo a súa responsabilidade e risco, exonerando á organización de calquera responsabilidade en caso de accidente ou lesión, así como da rotura ou perda de obxectos persoais.
Recórdase que a pesar de seren vías de pouco tránsito, éstas figuran ABERTAS ó tráfico rodado de vehículos.
3-A modalidade da proba é NON COMPETITIVA. Dada a dificultade moderada do traxecto, aqueles participantes que o desexen poderán facelo parcialmente, sen completar a totalidade do percorrido.
4-Os participantes menores de idade irán sempre acompañados dun adulto e previa autorización asinada do pai/nai/titor/a legal.
5-É responsabilidade de cada participante seguir o percorrido correcto da proba, para o cal a organización sinalará con todos os medios dispoñibles os posibles enclaves coflitivos.
6-A inscripción é gratuita, debendo comunicarse igualmente mediante correo electrónico ó enderezo nonabalsacornanda@gmail.com indicando Nome, Apelidos e Lugar de Procedencia ou por WhatsApp aos números de teléfono 699.940.769 e 649.792.248.
7-A Plataforma “Non á Balsa Cornanda-Tambre” resérvase a posibilidade de cancelación ou aprazamento da andaina por causa xustificada. De producirse será comunicada coa suficiente antelación.
8-A plataforma “NON Á BALSA CORNANDA-TAMBRE” resérvase a utilización de imaxes e filmacións referentes ao evento de forma voluntaria e gratuíta de todos os participantes. Poderá utilizar ditas imaxes en redes, prensa, etc. sen ningún límite temporal para facelo.
9-Recomendacións: Levar roupa e calzado cómodos, auga e teléfono móbil.
10-A participación na proba conleva a aceptación do presente regulamento