Calendario
Info da proba

Touro

17/09/2023 10:30 - 12:00
Regulamento REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Touro (A Coruña). A saída e chegada
de cada proba farase na rúa Pucho Boedo, e o circuíto correspondente a cada
categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
3.- A inscrición da proba absoluta (de sub 20-sub 23 a máster) poderá realizarse na
web
www.emesports.es ata o xoves 14 de setembro ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a sub 18) farase a través da páxina web
www.emesports.es ; a data límite de inscrición será o xoves 14 de setembro ás 23:59
horas.
PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a sub 18 incluídos):
GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de sub 20 – sub 23 a máster): 5 € por
participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
https://emesports.es/eventos. Para calquera dúbida co proceso de inscrición
poderán poñerse en contacto cos teléfonos 654 285 692 (de martes a venres de 09:00
a 15:00) ou 981 504 029 en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres ou no
em@il soporte@emesports.es.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o
día da carreira.
4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada na Casa do Concello,
a carón da SAIDA das probas, con prazo límite 30 minutos antes de cada proba
correspondente.
5.- PREMIOS
Percibirán trofeos:
 Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
presente regulamento, masculinos e femininos, agás a categoría pitufo
e prebenxamín que non terán clasificación, e tamén os tres
primeiros/as clasificados/as da proba absoluta masculino e feminino.
 Os tres primeiros atletas locais da proba absoluta, tanto masculinos como
femeninos tamén recibirán trofeo. Para optar a este trofeo será imprescindible
estar empadroado no Concello de Touro.
 O primeiro clube masculino e o primeiro clube femenino na clasificación final,
establecida pola suma dos seis primeiros clasificados e seis primeiras
clasificadas do clube na clasificación individual final. Nesta clasificación só se
admitirá a participación de clubes federados que deberán inscribir os seus
atletas de xeito individual marcando a opción de “participa na clasificación de
clubes” en cada inscrición.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir
dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado
de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automaticamente descalificado.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo
da súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa
idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 20 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba,
en función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento
da FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
Categorías e horarios
CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Sub 20 Nados en 2004 e 2005 10:30 h 10000 m aprox
Sub 23 Nados en 2001,2002 e 2003 10:30 h 10000 m aprox
Senior Nados entre 1989 e 2000 10:30 h 10000 m aprox
Máster 1 masc/fmno Nados entre 1983 e 1988 10:30 h 10000 m aprox
Máster 2 masc/fmno Nados entre 1973 e 1982 10:30 h 10000 m aprox
Máster 3 masc/fmno Nados entre 1963 e 1972 10:30 h 10000 m aprox
Máster 4 masc/fmno Nados antes de 1963 10:30 h 10000 m aprox
Pitufo Nados en 2108 e posteriores 12:40 h 150 m
Prebenxamín Nados en 2016 e 2017 12:35 h 300 m
Sub 10 Nados en 2014 e 2015 12:25 h 1000 m
Sub 12 Nados en 2012 e 2013 12:10 h 2000 m
Sub 14 Nados en 2010 e 2011 12:10 h 2000 m
Sub 16 Nados en 2008 e 2009 11:50 h 3000 m
Sub 18 Nados en 2006 e 2007 11:50 h 3000 m
ENTREGA DE PREMIOS AS 13:00 HORAS
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO:
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan esta
normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación non prevista nela,
resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as
regras da FGA, RFEA e IAAF en vigor.