Calendario
Ver carrera

Ribeira do Tea

30/09/2023 10:30 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
REGULAMENTO “V carreira Ribeira do Tea”
PREVIO A CARREIRA
Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e
aceptar o presente regulamento.
Art. 2º.- O club Caminhantes do Condado con CIF: G94095189, razón social Lugar Santa
Cruz N 10, Cumiar, Ponteareas. Organiza o sábado 30 de setembro de 2023, a partir das
10:00 horas a V Ribeira do Tea sobre un trazado de 16 Km.
Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS.
Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 18 anos que o desexen sempre que
estean inscritas nos prazos establecidos pola organización, e cumpran as condicións de
participación.
Categorías ( masculina e feminina)
• Absoluta
• Veteranos a partir 45 anos cumpridos no ano de referencia.
Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da
organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se
expoñen a continuación:
Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma ter un nivel de
condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controles
médicos de saúde.
A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por
imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
Os menores de idade deberán presentar na recollida de dorsais unha autorización paterna.
O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da
súa participación no evento (Ex. Perdida de obxectos persoais por roubo ou outras
circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...)
Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis... para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe
V RIBEIRA DO TEA
SALVATERRA DE MIÑO - PONTEAREAS

Página 4 | 5
previa solicitude expresa e por escrito dirixida o Club Caminhantes do Condado ( Lugar
Santa Cruz, Cumiar, 36860 Ponteareas.)
A Organización resérvase o dereito para rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de darse
algunha situación non reflectida en leste, adecuarase ao que dispoña a Organización.
Art. 5º.- INSCRICIÓNS.
Faranse na web de ChampionChipNorte (https://ccnorte.com/) dende o 1 de setembro ata
o 28 de setembro, ambos incluídos.
Na páxina web do evento, dentro da do clube
(https://www.caminhantesdocondado.es/ribeira-do-tea.html) irase actualizando
información e enlaces á páxina de inscricións cando estea habilitada.
Prezo:
• 15 euros para a carreira de 16 km e se precisan servicio de autobús 17 euros.
A inscrición quedará limitada a 200 participantes.
Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
Farase o venres 29 de setembro no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas entre as 17:00 e
as 18:30 e o sábado na Fortaleza de Salvaterra de Miño entre as 09:00 e as 10:00 do día
30 de setembro, día proba.
O DÍA DA PROBA
Art. 7º.- PERCORRIDO.
Os corredores que pediron servicio de autobús estarán listos as 9:00 no pavillón Álvaro
Pino para montarse no autobús que os levará a saída da proba.
As 10:20 horas teremos na saída o control de dorsais.
A saída terá lugar na fortaleza de Salvaterra de Miño, as 10:30.
A proba discorrerá pola ribeira do río Tea, polo sendeiro que usan os pescadores, pasando
polas parroquias de Salvaterra de Miño, Pesqueiras, Fornelos da Ribeira, Moreira,
Angoares e Ponteareas, para rematar na ponte romana de Os Remedios en Ponteareas. Os
corredores completarán un percorrido de 16 km e terán un tempo máximo de 2 horas.
Horario dá saída: 10:30h e fora de control as 12:30h.
Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
A Organización dispoñerá dun servizo médico formado por un/a médico, un/a
enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.
V RIBEIRA DO TEA
SALVATERRA DE MIÑO - PONTEAREAS

Página 5 | 5
A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil, segundo a lexislación
vixente.
Así mesmo, todo participante non federado, dispoñerá dun seguro de accidentes, non
lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.
Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia,
inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos por desprazamentos
a/ou desde o lugar no que se desenvolve a proba.
Art. 9º.- DESCALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición e o director de carreira están facultados para retirar da
carreira a calquera corredor:
• que manifeste un mal estado físico evidente
• que non realice o percorrido completo que non teña dorsal quen leve o dorsal
adxudicado a outro corredor quen proporcione ou omita datos erróneos, co fin de
participar na proba que manipule a publicidade do dorsal ou o numero que manifeste
un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.
Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, será retirada da proba, non estará cuberta pola
Organización.
POSTERIOR Á CARREIRA
Art. 11º.- PREMIOS E SORTEO DE AGASALLOS.
Haberá trofeos para as categorías absolutas e medallas para o restante de categorías.

[ Go Back ]