Calendario
Info da proba

Boiro

17/09/2023 9:00 - 14:30
Regulamento VII TRAIL DOS INDIOS - CASTELO DE VITRES
REGULAMENTO
DATA:
DOMINGO 17 DE SETEMBRO 2023
DISTANCIAS:
26 km 1600 D+
16 KM 700d+
SAÍDA E META:
PAVILLÓN DE SANTA BAIA – BOIRO
SERVIZO DE DUCHAS NO PAVILLÓN
https://goo.gl/maps/1UnmFiaDYupZEFXeA
INSCRICIÓNS
https://magmasports.es
PECHE DE INSCRIPCIÓNS: mércores 14 de setembro as 23:59h
PRECIO DE INSCRIPCIÓN:
• TRAIL 25€
• TRAILIÑO 15 €
TRAIL:
• Prezo inscrición: 25 €
• Recollida de dorsais - 7:30 a 8:30 h
• Saída – 09:00 h
• Peche de Meta - 14.30h
• Entrega de Trofeos - 13.30 (ou ao completar podios)
• Circuito (suxeito a cambios por forza maior) https://es.wikiloc.com/rutas-carrerapor-montana/trail-dos-indios-27k-distancia-longa-2022-124167820
• Avituallamentos:
o Km 7
o Km 15
o Km 23,5
o Meta
• Tempos de corte
o Avituallamento 1 - km 7 as 10:00h
o Avituallamento 2 - km 15 as 11:30h
o Avituallamento 3 - km 23,5 as 13:45h
o Corte de Meta 14:30h (Tempo máx. total 5h:30 min)
• Material obrigatorio: Poderá haber controis na saída, meta ou ao longo da
carreira. O incumprimento é motivo de descualificación. En función das
condicións climatolóxicas o material obrigatorio poderá sufrir cambios.
o Manta térmica
o Chifre
o Teléfono con batería suficiente
o Sistema de hidratación de cando menos 1 L
o Cortaventos
• CARACTERÍSTICAS DO TERREO.- TRAIL CON DIFICULTADE ELEVADA. Dificultade
técnica ALTA. Dureza en relación distancia-desnivel ALTA. Moitos sendeiros e
zonas rochosas, beiras dos ríos, subidas de dificultade elevada, baixadas técnicas.
Recomendase un nivel de estado físico medio-alto para participar nesta proba.
Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba,
que pode desenvolverse baixo condicións climáticas extremas, polo cal
debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a
práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e
aceptan as condicións do presente Regulamento e participan baixo a súa
enteira responsabilidade, afirman posuír unhas condicións físicas
suficientes para a realización da proba.
TRAILIÑO:
• Prezo inscrición: 15 €
• Recollida de dorsais - 8:30 a 9:30 h
• Saída – 10:00 h
• Peche de Meta - 14.30h
• Entrega de Trofeos - 13.00 (ou ao completar podios)
• Circuíto:https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/trail-dos-indios-16kdistancia-curta-2022-124167675
• Avituallamentos:
o Km 7
o Km 12,5
o Meta
• Material obrigatorio: Poderá haber controis na saída, meta ou ao longo da
carreira. O incumprimento é motivo de descualificación. En función das
condicións climatolóxicas o material obrigatorio poderá sufrir cambios.
o Manta térmica
o Chifre
o Teléfono con batería suficiente
• Tempos de corte
o Avituallamento 1 - km 7 as 11:30h
o Avituallamento 2 - km 12,5 as 13.00h
o Corte de Meta 14:30h (Tempo máx. total 4h:30 min)
• CARACTERÍSTICAS DO TERREO.- TRAIL CON DIFICULTADE ELEVADA. Dificultade
técnica ALTA. Dureza en relación distancia-desnivel ALTA. Moitos sendeiros e
zonas rochosas, beiras dos ríos, subidas de dificultade elevada, baixadas técnicas.
Recomendase un nivel de estado físico medio-alto para participar nesta proba.
Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba,
que pode desenvolverse baixo condicións climáticas extremas, polo cal
debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a
práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e
aceptan as condicións do presente Regulamento e participan baixo a súa
enteira responsabilidade, afirman posuír unhas condicións físicas
suficientes para a realización da proba.
CATEGORÍAS E PREMIOS
CATEGORÍAS PARA TRAIL E TRAILIÑO:
• Absoluta masculino e feminina 18 a 45 anos
• Veterán masculino e feminina +45 anos
• Equipos: Para optar a esta clasificación tódolos membros do equipo deben estar
inscritos co mesmo nome de equipo. Os equipos serán mixtos, e debe ter un
mínimo de 4 membros entre homes e mulleres, puntuando os catro mellores
clasificados de cada equipo entre os que haberá cando menos unha muller e un
home. A puntuación será outorgada por rigoroso orde de chegada, e gañará o
equipo con menor puntuación acumulada.
PREMIOS PARA TRAIL E TRAILIÑO:
• 3 primeiros clasificados da carreira xeral
• 3 primeiros clasificados veterán masculino (+45)
• 3 primeiras clasificadas veterán feminina (+45)
• Primeiro Equipo Clasificado (sen xénero)
Os trofeos NON SON ACUMULATIVOS.
SINALIZACIÓN E CONTROIS
O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor viva,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de sinalización. É
responsabilidade de cada participante localizar a sinalización e seguila.
Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas,
nalgún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas.
Polo tanto, estes tramos non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo os
participantes respectar as normas de tráfico e indicacións da Organización.
Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis
regulamentarios establecidos. A Organización poderá realizar as modificacións
que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, se as
condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que
non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fóra das áreas
de control. Será motivo de descualificación o incumprimento desta norma.
INSCRICIÓN
A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos na
carreira de 26k e 14 anos na de 15k (en ambos casos, cumpridos o día da proba).
As inscricións poderanse formalizar a partir do día 1 de agosto de 2022, a través
da páxina web https://magmasports.es enchendo o formulario habilitado a tal
efecto, e efectuando o pagamento correspondente.
A inscrición dá dereito a:
• Dorsal con chip
• Seguro de accidentes
• Asistencia médica en carreira
• Regalo conmemorativo
• Avituallamentos
• Avituallamento especial fin de carreira
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste Regulamento
e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda
acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez
realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente
á inscrita.
MOTIVOS DE DESCUALIFICACIÓN
Motivos de descualificación:
- Non pasar polos puntos de control establecidos.
- Non realizar o recorrido completo.
- Non respectar o itinerario balizado ou a sinalización do recorrido.
- Entrar na meta sen dorsal.
- Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquera outro desperdicio), fóra das
zonas de avituallamentos e control).
- Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite.
- Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
RETIRADA E ABANDONOS
- Calquera corredor poderá retirarse da proba sempre que o desexe,
advertindo ao control máis próximo ou ao persoal da Organización e
entregando o dorsal.
- Se por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non
pode chegar ata un punto de control, terá que avisar ao corredor máis
próximo ou esperar ao vehículo “escoba”. Existirá un no de teléfono para
emerxencias.
- A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, aos
participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos,
desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou
aqueles que teñan minguadas as súas condicións físicas para continuar en
carreira.
- Os participantes están obrigados a prestar auxilio aos accidentados ou a
aqueles que o requiran.
OUTRA INFORMACIÓN
- A Organización disporá de servizos de asistencia médica e duchas (Pavillón
Polideportivo Santa Baia).
- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha
póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes
que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da
proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente,
imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Regulamento,
así como os producidos nos desprazamentos ou e desde o lugar no que se
desenvolve a carreira.
- A Organización resérvase o dereito de admisión nesta proba