Calendario
Info da proba

O Mosteiro - Meis

01/10/2023 10:00 - 11:00
Regulamento
A HISTORIA DE LEO
.


A historia de Leo é, por desgraza, unha das moitas que se suceden no noso país.

A celebración desta proba é unha mostra máis do seu legado, a nosa maneira de honralo e de sentir que o seu paso polo mundo non foi en balde, senón que servirá para axudar a moitos nenos e nenas que están a pasar por situacións semellantes.

O fin último da ANDAINA / CARREIRA non é outro que dar visibilidade, apoiar e recadar fondos que axuden a mellorar a calidade de vida a nenos e nenas con enfermidades raras, severas ou crónicas. Nesta 1ª edición, a recadación destinarase integramente á FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas).

Para elo imos a levar a cabo unha proba deportiva que consistirá en carreiras de atletismo con diferentes distancias e categorías a partir dos 3 anos de idade. Paralelamente, vaise levar a cabo unha andaina circular pola contorna duns 6 km.

Para máis información poden consultar as seguintes ligazóns:

CARTEL, REGULAMENTO e INSCRICIÓNS (Click para acceder á plataforma de inscrición)