Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ferrol
01/09/2023
22:00 - 23:00
[
Go Back
]
Descripción
A X Carreira Nocturna Corre por Ferrol, organizada polo Servizo de Deportes do Concello
de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo,
terá lugar o venres 1 de setembro a partir das 22:00 horas (carreira absoluta) e 21:00
horas carreiras de menores.
A proba pertence o IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola
Deputación da Coruña.
A proba está suxeita ás seguintes normas:
1) A Saída e a chegada situaranse nas proximidades da Praza de armas.
2) O percorrido será de 5.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de
Ferrol para as categorías absolutas.
3) A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
4) A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, persoal
da concellería de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do
percorrido.
5) Serán motivos de descualificacións os seguintes:
a) Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O
incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos
corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán
seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a
organización, que contarán con roupa apropiada e visible.
Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súas extensión (no peito
durante todo o recorrido) ata a súa entrada en meta.
c) Participar con un dorsal que corresponde a outro corredor
d) Non realizar o percorrido da carreira completo.
e) Non pasar polos controis de carreira establecidos.
f) Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de
duración da proba.
g) Non atender as indicacións dos membros da organización e dos xuíces.
h) Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
i) Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non sexa
motivo de expulsión do circuíto.
j) Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira
poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción
disciplinaria.
k) Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
l) Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
m) Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra do
espírito deportivo.
n) Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo do Comité poidan ser
consideradas como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria
o) Ningún/ha atleta federado/a poderá competir con outro club que non sexa o
que figure na súa licenza correspondente. No caso de que se producise esta
situación, o/a atleta será descualificado/a automaticamente
6) A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto.
7) O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o
primeiro clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de
control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola
organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a
proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da
propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade,
debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un usuario máis da vía,
quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese
acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
As reclamacións relativas a clasificación faranse verbalmente antes dos 30 minutos
posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría da competición, sendo
o Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o non previsto neste
regulamento, resolverase conforme as normas da F.G.A ; R.F.E.A e a W.A por
este orden.
9) A Organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade
Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos participantes que, con
anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que
realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.
10)Non se disporá de servizo de duchas.
11)CATEGORÍAS: Aplícanse as categorías recollidas nas Bases do XI Circuíto
Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña.
CATEGORÍAS ABSOLUTAS. CARREIRA NOCTURNA. CORRE
POR FERROL
Sub 20: Nacidos/as no ano 2004 e 2005
Sub 23: Nacidos/as no ano 2001 – 2002 - 2003
Sénior Nacidos/as no ano 2000 ata o 1989
Master 1 Nacidos/as en 1988 ata 1983
Master 2 Nacidos/as en 1982 ata 1973
Master 3 Nacidos/as en 1972 ata 1963
Master 4 Nacidos/as 1963 e anteriores
Cadeira de rodas*
Handbike*
Invidentes*
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A. e non participantes no X Circuito de carreiras
populares da Deputación de A Coruña.
CATEGORÍAS DE MENORES. CARREIRA NOCTURNA CORRE POR
FERROL
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA
Sub 18 Nacidos/as no 2006 - 2007
21:45 2,000 mts aprox
Sub 16 Nacidos/as no 2008 - 2009
Sub 14 Nacidos/as no 2010 - 2011
21:30 900 mts aprox
Sub 12 Nacidos/as no 2012 - 2013
Sub 10 Nacidos/as no 2014 - 2015 21:15 500 mts aprox
Sub 8* Nacidos/as no 2016 - 2017 21:05 250 mts aprox
peques* Nados/as no 2018 e anteriores 21:00 50 mts aprox
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A. e non participantes no X Circuíto de carreira
populares da Deputación de A Coruña.
12) INSCRICIÓN E RETIRADA DE CHIPS E DORSAIS. As inscricións
poderán efectuarse a partir do día 1 de agosto ata as 22:00 h do día o 29 de
agosto as 22:00 horas a través da páxina web carreirasgalegas. Non se admitirá
outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
A inscrición é gratuíta e a organización establecerá os seguintes limites de inscricións
▪ 900 dorsais carreira absoluta
▪ 900 dorsais carreiras de menores
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do xoves 31 de agosto todo
o día e o venres 1 pola mañá no Pavillón polideportivo de A Malata así como o
sábado 10 de setembro, dende as 16:30 ata as 20:00 horas no posto habilitado na
praza de Armas para tal fin.
13) PREMIOS. A organización premiará as tres primeiras persoas clasificadas de
cada categoría das absolutas e menores. A entrega de trofeos realizarase unha vez
pechado o control de meta.
A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a
carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera
circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De igual maneira,
mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan
empregados pola organización para comunicacións acerca da súa actividade.
Todos os participantes no circuíto, polo simple feito de realizar a inscrición na carreira
popular aceptan todas e cada unha das presentes regras e no caso de dúbida, sempre
prevalecerá o criterio da organización do “IX Circuíto de Carreiras Deputación da
Coruña”.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter
persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido
a Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402 Ferrol,
.
Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento.
[
Go Back
]