Calendario
Info da proba

Pobra do Caramiñal

29/07/2023 22:00 - 23:00
Regulamento II CARREIRA SOLIDARIA MÓVETE POLA DIABETES
O sábado 29 de xullo de 2023, terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal a
II CARREIRA SOLIDARIA MÓVETE POLA DIABETES, organizada polo Concello da Pobra do
Caramiñal, a Asociación Anedia, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a
Federación Galega de Atletismo.
As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como non
federados/as e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo e seguirán o seguinte regulamento:
1- CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
SUB 6 2019-2018
SUB 8 2017-2016
SUB 10 2015-2014
SUB 12
SUB 14
2013-2012
SUB 14 2008 2011--2009 2010
SUB 16 2009-2008
SUB 18 2007-2006
SUB 20 2005-2004
SUB 23 2003-2002-2001
SENIOR H/M de 2000 ata máster
MASTER 1 H/M de 35 a 39 anos
MASTER 2 H/M de 40 a 44 anos
MASTER 3 H/M de 45 a 49 anos
MASTER 4 H/M de 50 a 54 anos
MASTER 5 H/M de 55 a 59 anos
MÁSTER 6 H/M Maiores de 60 anos
ZAPATILLA INCLUSIVA * Todas as idades
(*) Na categoría Zapatilla inclusiva poderanse incluír todas as persoas con diversidade
intelectual, sensorial ou motriz.
2 - HORARIO DAS PROBAS:
HORA CATEGORÍA NADOS DISTANCIA
20.00 SUB 6 2019-2018 250 ml
20.15 SUB 8 2017-2016 400 ml
20.30 SUB 10 2015-2014 600 ml
20.45 SUB 12 2013-2012 1.000 ml
21.05 SUB 14 2011-2010 1.000 ml
21.25 SUB 16 2009-2008 1.000 ml
22.00 SUB 18 – SUB 20 – SUB
23 – SENIOR –
MÁSTER 1, 2, 3 , 4, 5,
MÁSTER e ZAPATILLA
INCLUSIVA
2007 e anteriores 3.000 ml
22.45 ENTREGA DE TROFEOS
2- INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
As inscricións realizaranse online a través da páxina web www.carreirasgalegas.com
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
Sub 6, Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16 GRATUÍTO
Zapatilla inclusiva GRATUÍTO
Adultos (de sub 18 a máster) 6 €
INFORMACIÓN
Para máis información poderán acudir ao Dpto. dos Deportes do Concello da Pobra do
Caramiñal, na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” no horario de 9:30 h a
14:30 h
Para información telefónica: 981 83 25 90 / 981 83 15 45 ou o teléfono móbil 619 229 946.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 27 de xullo ás 14 horas.
3- RECOLLIDA DE DORSAIS:
Os dorsais de competición poderán recollerse na Praza Maior da Pobra do Caramiñal ata
MEDIA HORA ANTES DO INICIO DE CADA CARREIRA.
4- SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS.
A saída das probas estará situada na rúa Fernández Albor. A meta estará situada
no interior da Praza Alcalde Segundo Durán.
5- PREMIOS E AGASALLOS
A entrega de trofeos realizarase no lugar de meta a partir das 22.45 h
Outorgaranse os seguintes trofeos:
▪ Medallas a tódolos/as participantes nas categorías SUB 6 e SUB 8
▪ Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as nas categorías SUB10, SUB12,
SUB14, SUB16.
▪ Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as absolutos da proba de 3000
metros aprox.
▪ Trofeos ós/ás primeiros/as clasificados/as por categoría dende SUB18 en
adiante (proba de 3.000 m)
▪ Medalla ós/ás segundos e terceiros/as clasificados/as por categoría dende
SUB18 en adiante (proba de 3.000 m)
▪ Os trofeos non serán acumulativos, de xeito que ningún atleta poderá gañar 2
trofeos.
▪ Camiseta técnica para tódolos/as participantes.
6- SERVIZOS MÉDICOS E FISIOTERAPIA
A organización disporá dos servizos médicos obrigatorios, seguro de accidentes
deportivos e responsabilidade civil.
7- RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da
competición, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da
publicacións dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola
organización.
8- DESCUALIFICACIÓNS
Os/as xuíces/as da proba e membros da organización reservaranse a facultade de
descualificar ao infractor/a que, comprobada calquera irregularidade: non leve
visible o seu dorsal, manipule ou ceda a outro, altere os datos facilitados á
organización ou ao xuíz árbitro con respecto aos que figuran no seu DNI ou ficha
federativa, non completar o percorrido completo, manifeste un mal estado físico,
non facilite á organización a documentación que se lle requira, ou incumpra
calquera outra norma contemplada nas normas de competición vixentes da FGA e
RFEA para probas en ruta.
Serán descualificados os/as corredores/as que non respecten as indicacións da
Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, Xurado, Servizos Médicos ou membros
da Organización debidamente identificados.
Os/as corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio en
metálico ou trofeo.
9- RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou
causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o
participante declara polo feito de inscribirse, baixo a súa responsabilidade, terse
realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións
óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos
que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
10- ARTÍGO 23: LOPD
Todos/a os/asas corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA e
RFEA