Calendario
Info da proba

Órdenes

10/09/2023 11:00 - 12:10
Regulamento O Concello de Ordes celebra a XXVI edición da súa Carreira Popular o domingo 10 de
setembro na localidade de Ordes, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo
(Delegación en Santiago), formando parte do IX Circuíto de Carreiras da Deputación da
Coruña e de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
BABY * 2018 e posteriores 300 metros
PREBENXAMÍN * 2016-2017 300 metros
SUB 10 2014-2015 1.200 metros
SUB 12 2012-2013 1.200 metros
SUB 14 2010-2011 2.400 metros
SUB 16 2008-2009 2.400 metros
SUB 18 2006-2007 8.500 metros
SUB 20 Nados/as en 2004-2005 8.500 metros
SUB 23 Nados/as en 2001-2002-2003 8.500 metros
SENIOR Nados/as en 2000 ata 1989 8.500 metros
MASTER 1 Nados/as en 1988 ata 1983 8.500 metros
MASTER 2 Nados/as en 1982 ata 1973 8.500 metros
MASTER 3 Nados/as en 1972 ata 1963 8.500 metros
MASTER 4 Nados/as antes de 1963 8.500 metros
*As categorías BABY e PREBENXAMÍN non son categorías federadas.
Para o control da carreira (excepto categorías baby e prebenxamin) todos os participantes
deberán levar un CHIP que lles será entregado xunto co seu dorsal e que irá colocado na
parte de atrás do dorsal.
_____________________________________________________
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de saída 5 minutos antes do inicio de
cada proba, sita na Alameda de Ordes (ao carón da Casa Consistorial).
HORA CATEGORÍA
10:00 h Baby e Prebenxamín (300 metros)
10:10 h Sub 14 e Sub 16 (2400 metros)
10:40 h Sub 10 e Sub 12 (1200 metros)
11:00 h Sub 18, Sub 20, Sub 23, Senior e Master (8500 metros)
4. INSCRICIONS:
- Categorías de Baby a Sub 18: faranse cumprimentando os campos indicados a través do
formulario de inscrición presente na web www.carreirasgalegas.com.
- Categorías Sub 20-Sub 23, Senior e Master, poderán facelo visitando a páxina web
www.carreirasgalegas.com onde se lle indicarán os pasos que deberán efectuar para
formalizar a inscrición.
PREZO DE INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- DE SUB 18 A MÁSTER: 5,00 €
Para máis información, poderán utilizar o teléfono do Departamento de Deportes do
Concello de Ordes: 981 680002 (ext. 5).
O prazo de inscrición rematará o luns 4 de setembro de 2023 ás 23:59 horas.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
_____________________________________________________
Os dorsais e os chips recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN sita a carón da Casa
do Concello ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.
5. PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E
EXTRANXEIROS:
Actualmente esta carreira está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de
Atletismo, polo que a participación de atletas estranxeiros e doutras federacións
autonómicas rexerase da cordo co disposto na sección terceira, artigos 16, 17 e 18
do regulamento de competicións da Real Federación Española de Atletismo, que se pode
consultar na seguinte ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-04/Reglamento%20de%20Competición.pdf
6. PERCORRIDO
Ao longo do percorrido a organización situará controis nos cales poderase descualificar a
calquera atleta que incumpra a normativa da competición (saírse do percorrido, sacar o
dorsal, empurrar ou obstaculizar a outros atletas…).
O percorrido da proba de 8.500 metros estará sinalado cada quilómetro.
Todo atleta que chegue a liña de meta sen o seu dorsal colocado correctamente na zona do
peito, en toda a súa extensión será automaticamente descualificado.
7. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados a partir da categoría sub 10 (en mulleres e
homes), distribuídos como segue:
- SUB 10
- SUB 12
- SUB 14
- SUB 16
- SUB 18
- ABSOLUTA (SUB 20 - SUB 23 – SENIOR)
- MASTER 1 e 2
- MASTER 3 e 4
_____________________________________________________
Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán estar censados)
da clasificación xeral formada polas categorías SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER, ó
participante máis novo e o máis veterano que logre concluíla proba da súa categoría.
Os trofeos non serán acumulativos.
PREMIOS EN METÁLICO
PREMIOS INDIVIDUAIS
Tres primeiros clasificados da clasificación xeral formada polas categorías SUB 20, SUB
23, SENIOR e MASTER
1º Clasificado/a: 200 €
2º Clasificado/a: 120 € (Iguais para mulleres e homes)
3º Clasificado/a: 75 €
PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS*
Computarán os corredores das categorías SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER
1º Equipo Clasificado: 200 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 70 €
*A clasificación por clubs federados será establecida a través dos 4 primeiros
corredores en cruzar a liña de meta. Os clubs federados, para optar aos premios en
metálico, estarán formados por aqueles que na inscrición individual indiquen ao club que
pertencen e o número de licencia. A confección dos equipos poderá ser mixta, masculina
ou feminina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación.
Haberá servizo de duchas na piscina municipal “ O Muiño” a disposición de tódolos atletas
ao finalizar as probas. (Ubicación: https://acortar.link/W0B4kx)
Tódolos atletas que logren concluír a proba recibirán avituallamento e unha camiseta
conmemorativa do evento.