Calendario
Info da proba

Laracha

16/07/2023 11:45 - 13:15
Regulamento REGULAMENTO VI Carreira Popular do Apóstolo
Artigo 1: Organizador e denominación da proba.
1.1. A Asociación Cultural Adro de Vilaño, en colabor0ación co Concello de A Laracha e empresas
colaboradoras, organizan a VI Carreira Popular do Apóstolo o domingo 16 de xullo de 2023
en Vilaño, na localidade de A Laracha. As probas levaranse a cabo baixo o control técnico da
Federación Galega de Atletismo (Delegación de A Coruña), en adiante FGA.
1.2. De forma paralela e para pechar o evento, a Asociación Cultural Adro de Vilaño, en
colaboración coa Asociación Española contra o Cancro e Cáritas Laracha, organizan unha
Andaina Saudable e Solidaria. (Ver detalles no regulamento específico da páxina 14).
1.3. A VI Carreira Popular do Apóstolo está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega
de Atletismo, sendo calificada como proba oficial da FGA con distancia non homologada.
Artigo 2. Protocolo Físicovid-DXT Galego para a práctica do atletismo.
2.1. Tódalas normas dispostas no articulado do presente regulamento adaptaranse ás medidas
específicas para competicións de Ruta do protocolo Físicovid-DXT Galego para a práctica do
atletismo vixentes no momento de celebración da competición, de xeito que a organización
poderá modificalas no caso de experimentar variación.
Artigo 3: Participantes e Categorías.
3.1. Poderán participar atletas federados e non federados, habendo unha clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
3.2. Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador
persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto
asume persoalmente e exime á organización calquera incidente ou lesión acaecida por esa
causa ou por actitude imprudente e/ou neglixente durante a participación.
3.3. Deportistas con discapacidade:
Establécense tres categorías para atletas con diversidade funcional:
a) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engranaxes que axuden á
impulsión destas.
Ojo morado Persoa con discapacidade visual.
c) Persoa con discapacidade intelectual.
3.3.1. No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como
se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo
figurarán na táboa xeral de tempos.
3.3.2. Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da
tarxeta acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o
envío, ao correo electrónico seguinte: adrodevilano@gmail.com.
3.3.3. As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios
que necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles.
3.3.4. Permitirase un máximo de 2 guías para os e as atletas con discapacidade visual.
3.3.5. O uso de guías ou, no caso de participantes con discapacidade intelectual de atletas de
apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo, así como o
punto quilométrico exacto onde se van situar os guías das persoas corredoras con
discapacidade visual para facer a remuda.
3.3.6. A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde,
para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
adrodevilano@gmail.com.
3.3.7. Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa
categoría.
3.3.8. Os atletas deberán presentarse na zona de control 30 minutos antes do inicio da proba
para pasar o control de material, realizado pola organización. No control de material
revisarase os seguintes elementos, que deberán estar homologados e funcionar
correctamente: Casco, elementos de visibilidade, chasis, rodas, sistema de frenado e
sistema de dirección.
3.3.9. Exceptuando o definido para atletas con discapacidade, está prohibida a utilización de
calquera vehículo ou material de desprazamento (patíns, carriños, etc.) excepto aqueles
que previa solicitude autorice a organización expresamente.
3.3.10. Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo
alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes. Exceptúase ós
proxenitores, titores, adestradores, etc. de menores con minusvalías ou que sexan
autorizados expresamente pola organización así como os guías para deportistas con
discapacidade visual. Ao mesmo tempo non se permite a participación con coches ou
cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento, así como
tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en
ningún momento.
3.4. As datas de nacemento para cada categoría e proba, así como as distancias e os horarios
son as seguintes:
*A categoría Pitufo e a Andaina Saudable e Solidaria non son categorías federadas.
Artigo 4: Inscricións.
As inscricións son personais e intransferibles supoñendo a aceptación de todo o desposto no
presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os preceptos legais.
4.1. Forma de inscripción:
4.1.1. Web oficial da FGA: http://www.carreirasgalegas.com
4.2.1. De forma presencial (ata mércores 12 de xullo):
a) Concello de A Laracha (Dpto. de deportes).
Ojo morado Piscina municipal de A Laracha.
c) Centros de ensino do concello de A Laracha (só categorías escolares).
d) Cultiagro S.L.
4.2. Cuota de inscripción:
4.2.1. As inscricións para a proba 10K e 5K, dirixidas ás categorías de adultos (Sub 20, Sub
23, Senior e Master) é de 6,00 €, que se ingresará a través da pasarela de pago na páxina
de inscrición www.carreirasgalegas.com, ou de forma presencial nos puntos habilitados.
CATEGORÍA DATAS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA DE
SAÍDA
ESCOLARES
Pitufo* Nados/as en 2016 - 2020 200 m 11:30
Benxamín / Sub 10 Nados/as en 2014 - 2015 1.100 m 10:45
Alevín / Sub 12 Nados/as en 2012 - 2013 1.100 m 10:45
Infantil / Sub 14 Nados/as en 2010 - 2011 3.800 m 11:00
Cadete / Sub 16 Nados/as en 2008 - 2009 3.800 m 11:00
Xuvenil / Sub 18 Nados/as en 2006 - 2007 5.000 m 11:45
ADULTOS
Junior / Sub 20 Nados/as en 2004 - 2005 10.000 m 11:45
Promesa /Sub 23
Nados/as en 2001- 2002-
2003 10.000 m 11:45
Sénior Nados/as en 2000 ata 1989 10.000 m 11:45
Máster A Nados/as en 1988 ata 1983 10.000 m 11:45
Máster B Nados/as en 1982 ata 1973 10.000 m 11:45
Máster C Nados/as en 1972 ata 1963 10.000 m 11:45
Máster D Nados/as antes do ano 1963 10.000 m 11:45
Andaina Saudable e
Solidaria*
Indiferente 3.800 m 11:50
4.2.2. Para o resto de categorías (Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10, Pitufos e
Biberón) e para deportistas con discapacidade acreditada a inscrición é gratuita).
4.2.3. A falsedade ou omisión nos datos proporcionados ca inscrición anularán a clasificación
e premios obtidos.
4.3. Prazo de Inscricións:
Admítense ate as 23:59 horas do día 13 de xullo de 2023.
4.4. Datos xerais:
4.4.1. Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os
datos obrigatorios presentes no formulario de inscrición.
4.4.2. As inscricións de forma presencial deberán realizarse achegando debidamente
cuberta a ficha de inscrición dispoñible nos puntos de inscrición autorizados. Os atletas
menores de idade deberán cubrir tamén a autorización paterna presente na parte
inferior do formulario de inscrición. Este documento tamén se atopa dispoñible no
ANEXO I (última páxina).
Artigo 5: Datos de carácter xeral.
A Asociación Cultural Adro de Vilaño, como entidade organizadora do evento, tratará os
seus datos coa finalidade de xestionar a súa inscrición e participación na actividade e para a
eventual xestión de imaxes para a promoción da mesma nas redes sociais e prensa. A base
lexitimadora é o consentimento do interesado e cumprimento dunha misión realizada en interese
público ou no exercicio de poderes públicos.
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade e durante
os prazos de prescrición legal. Non haberá cesións, salvo as necesarias, como á Federación
Galega de Atletismo, e salvo que exista obrigación legal. Para a xestión das inscricións, Adro de
Vilaño conta ca Federación Galega de Atletismo. Non haberá transferencia internacional de datos
nin elaboración de perfís.
Artigo 6: Recollida de dorsais e chips.
Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto nas seguintes datas e horarios:
6.1. 2 días antes da proba (Venres 14 de xullo) no Centro Comercial Carrefour de
Coristanco, en horario de 17:00 a 21:00.
6.2.O día anterior á proba (Sábado 15 de xullo) no Centro Sociocultural de Vilaño, situado
no Adro de Vilaño (zona de saída e meta), en horario de mañá de 11:00 a 13:00 e de tarde
de 17:00 a 21:00. O horario de tarde coincidirá coa celebración da I Copa de España de
Ciclismo Adaptado.
6.3.O mesmo día da proba (Domingo 16 de xullo) no Centro Sociocultural de Vilaño,
situado no Adro de Vilaño (zona de saída e meta), en horario de 9:00 ata media hora antes
do inicio de cada proba.
6.4. Requisitos: Para a entrega é imprescindible a presentación de dni, licenza federativa
ou documento identificativo válido. Un deportista poderá recoller varios dorsais a condición
de acreditar a condición do párrafo anterior para o respectivo deportista.
Artigo 7: Emprego de dorsais e chips.
7.1. O dorsal acreditativo é intransferible, e debe corresponderse única e inexcusablemente
co deportista para o que foi emitido pola organización.
7.2. O dorsal entregado pola Organización deberá levarse colocado en toda a súa extensión
na parte anterior do corpo á altura do peito e de forma claramente visible na súa
totalidade.
7.3. O deportista debe indicar no reverso do dorsal calquera circunstancia a ter en conta en
caso de atención médica urxente durante a proba (alerxia a medicamentos, etc.).
7.4. A participación sin dorsal, con dorsal non oficial, manipulado, ou co dorsal correspondente
a outro corredor implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico ou
da Organización.
Artigo 8: A cronometraxe.
8.1. Todas as probas (excepto a categoría Pitufo e a Andaina) estarán controladas a través
dun chip desechable que irá situado na parte posterior do dorsal, o que implica pasar
obligatoriamente polas alfombras de control.
8.2. Non se poderá manipular dito elemento nin será necesaria a súa devolución.
8.3. O chip é intransferible, e calquera irregularidade relacionada co mesmo así como o non
ser detectado nos puntos intermedios de control e cronometraxe se os houbera, ou a
participación sen chip implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico
ou da Organización.
Artigo 9: Control Técnico das carreiras.
O control técnico das carreiras é realizado polo comité galego de xuíces da FGA,
sendo O xuíz árbitro a máxima autoridade técnica da proba, o cal supervisará o
desenvolvemento desta así como os resultados finais. Así as reclamacións deberán ser feitas
verbalmente ó xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos da comunicación oficial dos
resultados.
Artigo 10: Asistencia médica.
10.1. A Organización contará con servicios médicos e ambulancia na zona de
saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois
da finalización.
10.2. Os médicos da proba e o persoal auxiliar sanitario, en coordinación co control
técnico de carreira poderán descalificar a aquel participante que ó seu xuizo manifeste
incapacidade para continuar a proba con seguridade.
Artigo 11: Seguro.
11.1. Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desarrollo da proba.
11.2. Quedan excluidos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc.
11.3. Tamén quedan excluidos os casos producidos polo desplazamento ó lugar da
competición ou desde o mesmo.
Artigo 12: Circuíto.
12.1. No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas alleas á proba nos
seguintes termos: dende trinta minutos previos, e durante a celebración da mesma
tendo os deportistas o uso exclusivo da vía entre o vehículo de apertura e o de peche,
e só os vehículos autorizados poderán seguir a proba.
12.2. Esta prohibición de vehículos comprende tamén bicicletas, carriños ou outros
medios de desprazamento como patíns, etc.
12.3. As carreiras realízanse pola calzada de tráfico rodado sen invadir as aceras
reservadas para peóns, con excepción dos espazos peonís que se inclúen no circuito.
12.4. A non observancia desta norma anterior, así como recortar sobre o trazado oficial
poderá supoñer a descalificación na proba.
12.5. O percorrido da proba de adultos consistirá en dúas voltas a un circuito de 5 Km
que trascorre na súa maioría por pavimento a excepción dun único tramo de 450
metros que pasa por unha pista non asfaltada. A pendente media ascendente é dun
2,3% e a pendente media descendente é dun -2,7%.
Os circuitos das categorías menores consisten en variantes reducidas do circuito
da proba de adultos. Todos os percorridos estarán claramente indicados, controlados
e sinalizados cada kilómetro. A Organización contará coa colaboración dos
organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.
12.6. A saída e meta de todas as probas estará ubicada no espacio acondicionado do
Adro de Vilaño, situado a 1,5 Km do casco urbano de A Laracha (haberá indicacións).
Artigo 13: Premios e agasallos.
Todas as persoas que finalicen a proba recibirán unha camiseta conmemorativa dentro da
bolsa do corredor, que tamén poderá incluír diversos regalos que proporcionen os
patrocinadores. A maiores, outorgaranse os seguintes premios:
13.1. Probas Escolares:
13.1.1. Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino de cada categoría,
agás na categoría Pitufos onde non haberá clasificación.
13.1.2. Medallas aos segundos e terceiros clasificados masculinos e femininos de
cada categoría, agás na categoría Pitufos onde non haberá clasificación.
13.1.3. Medallas para todos os participantes da categoría Pitufos.
13.2. Proba de Adultos:
13.2.1. Trofeo e material de Decathlon aos 3 primeiros da clasificación xeral
masculina e feminina.
13.2.2. Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino de cada categoría.
13.2.3. Trofeos aos segundos e terceiros clasificados masculinos e femininos de
cada categoría.
13.3. Premios Especiais:
13.3.1. Trofeo “Fundación Luis Calvo Sanz” ao primeiro clasificado masculino e
feminino entre os participantes da carreira 5k.
13.3.2.Trofeo “Cerámica Campo” ao primeiro clasificado masculino e feminino
entre os participantes nados no Concello de A Laracha.
13.3.3. Trofeo Superveterán ao corredor de maior idade que finalice a proba.
13.3.4. Trofeo Superveterana á corredora de maior idade que finalice a proba.
13.3.5. Trofeo ao centro escolar que aporte máis participantes á proba.
13.3.6.Trofeo ao clube federado que aporte máis participantes á proba.
13.4. Premios en Metálico:
13.4.1. Establécese un premio de 150€ para o atleta masculino que gañe a proba
e supere o récord actual da proba situado en 33:07.
13.4.2.Establécese un premio de 150€ para a atleta femenina que gañe a proba
e supere o récord actual da proba situado en 37:31.
Artigo 14: Servizos a corredores.
Co fin de dar as maiores facilidades a todos os participantes neste evento, a Organización
ofrecerá os seguintes servizos de forma gratuita:
14.1. Duchas (Pavillón do IES Agra de Leborís).
14.2. Gardarroupa (Centro Sociocultural de Vilaño).
14.3. Gardería con monitores para os nenos (Parque infantil do Adro de Vilaño).
14.4. Aparcamentos para os coches (zonas cercanas ó Adro de Vilaño, con indicacións).
14.5. Fotografía e vídeo.
14.6. Fisioterapia.
14.7. Avituallamento intermedio con auga.
14.8. Avituallamento final con froita, bebida isotónica, e aperitivo variado.
Artigo 15: Información importante aparcamento para coches.
Habilitaranse 2 estacionamentos gratuitos nos arredores da zona de saída / meta, que
estarán debidamente sinalizados, con claras indicacións desde o casco urbano de A Laracha.
Debido aos cortes de tráfico:
15.1. Un dos aparcamentos estará pechado durante o transcurso das distintas probas, non
podendo entrar nin saír ningún coche. O aparcamento P1 estará aberto durante todo
o trascurso do evento, podendo entrar e saír coches sen limitacións horarias.
15.2. Toda persoa que estacione no aparcamentos P2 non poderá mover o coche ata
rematar a carreira de adultos (20:30 h aproximadamente). Polo tanto recomendamos
estacionar os vehículos no aparcamento P1.
15.3. Todos os coches que cheguen despois das 18:00 horas deberán dirixirse
obligatoriamente ao aparcamento P1, o cal estará debidamente sinalizado.
P1 Aberto durante todo o
transcurso da proba. P2 Pechado desde as 17:30 h ata
o final da carreira (20:30 h
aproximadamente) QUINTÁNS AREOSA
Artigo 16: Conductas antiregulamentarias.
Cosidéranse antiregulamentarias, ca oportuna sanción que decida o organizador e a FGA,
incluída a descalificación da carreira as seguintes:
16.1. Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante
todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
16.2. Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor.
16.3. Non pasar polos controis de carreira establecidos.
16.4. Non realizar o percorrido de carreira completo.Non atender as indicacións dos
membros da organización ou xuíces/zas.
16.5. Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da
proba.
16.6. Pretender participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.
16.7. Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
16.8. Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra do espírito
deportivo.
16.9. Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non sexa motivo
de expulsión do circuíto.
16.10. Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida
ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
16.11. Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
Artigo 17: Dereitos de imaxe.
Coa realización da inscrición todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
Organización, que utilizará ditas imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
Artigo 18: Aceptación do regulamento.
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo o que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA,
RFEA e IAAF en vigor.
Artigo 19: Suspensión da proba.
A organización poderá decidir a suspensión da proba con carácter previo ou durante a
celebración da mesma por calquera causa que afecte á seguridade na celebración da mesma
(alertas por temporal, causas que afecten á capacidade de organización eficaz, etc.), non
xenerándose dereito algún hacia os inscritos, excepto a devolución das cuotas de inscrición
satisfeitas só no caso de non chegar a iniciarse a proba.
Artigo 20: Disposición final.
Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas do "IX Circuito de
Carreiras Populares Deputación da Coruña" e polas normas de Competición da FGA, RFEA
e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.