Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Arteixo
01/05/2023
11:45 - 13:15
Voltar
Regulamento
REGULAMENTO XXIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO.
Ideoloxía:
A carreira popular do Concello de Arteixo ten por obxectivo seguir a fomentar a
práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis
saudable, a través desta nova edición.
Neste ano 2023, despois de catro anos de ausencia no calendario de carreiras
populares, a proba que se viña celebrando no Concello de Arteixo retoma a súa
andadura. Nesta edición colaborarase co banco de alimentos Rías Altas favorecendo
que todas as persoas que desexen axudar voluntariamente a esta entidade, podan
facelo doando o que considere cada quen, con alimentos non perecedoiros
preferentemente (leite, cacao, fariña, azucre, aceite, conservas, cereais para o
almorzo, salsa de tomate, leite infantil e potiños infantís) na carpa habilitada para tal fin
no día da carreira.
Todas as persoas que libremente estean interesadas, tamén poderán colaborar coa
Entidade Stop Leucemia, Fundación contra o Cancro Hematolóxico, dirixíndose á
carpa que terán situada preto da saída e meta.
Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
HORARIO:
10.00 h Pre-benxamín 200 metros aprox.
10.30 h Benxamíns e Alevíns 960 metros aprox.
10.45 h Infantil-Cadete-Xuvenil 2.800 metros aprox.
11.30 h Categoría Especial (persoas con diversidade funcional) 200 metros aprox.
11.35 h Participantes en cadeira de atletismo e handbike 11.700 metros aprox.
11.45 h Sénior en diante 11.700 metros aprox.
LUGAR DE SAÍDA: Pazo dos Deportes
CATEGORÍAS CARREIRA LONGA:
Séniors (Masculino e feminino): nados entre 2005-1989 ambos incluídos.
Veteranos/as A (Masculino e feminino): nados entre 1988-1973 ambos incluídos.
Veteranos/as B (Masculino e feminino) : nados entre 1972-1959 ambos incluídos.
Veteranos/as C (Masculino e feminino): nados en 1958 e anteriores.
RESTO DE CATEGORÍAS E PROBAS:
Pre-benxamín: persoas nadas entre 2016-2018 ambos incluídos.
Benxamín: persoas nadas nos anos 2014 e 2015 homes e mulleres.
Alevín: persoas nadas nos anos 2012 e 2013 homes e mulleres.
Infantil: persoas nadas nos anos 2010 e 2011 homes e mulleres.
Cadetes: persoas nadas nos anos 2008 e 2009 homes e mulleres.
Xuvenil: persoas nadas nos anos 2006 e 2007 homes e mulleres.
Cadeiras de atletismo e handbike.
Categoría especial, persoas con diversidade funcional, (persoas nadas en 2018 e
anteriores).
2
A CARREIRA É TOTALMENTE GRATUÍTA. O Concello de Arteixo organiza a XXIII Carreira
Popular Concello de Arteixo. Os percorridos das distintas categorías serán os seguintes:
Carreira de pre-benxamíns: Hora: 10.00 horas. Distancia 200 metros aprox.
As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o
resto de categorías.
Percorrido: Dende a entrada no aparcadoiro do Campo de fútbol ata o IES Manuel
Murguía e volta.
Non portarán chips.
Está terminantemente prohibido o acompañamento ás persoas participantes por parte
doutras alleas á organización da proba. As persoas participantes deberán ser
autónomas na realización do percorrido.
Todas as persoas participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Ao ser unha
proba non competitiva, non haberá clasificación nin trofeos.
CIRCUÍTO A (Benxamíns-Alevíns) Hora: 10.30 horas. Distancia: 960 metros aprox.
As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com
Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias ata Glorieta e volta.
Todas as persoas participantes recibirán unha medalla conmemorativa. A maiores
haberá clasificación e trofeos para os tres primeiros clasificados homes e as tres
primeiras clasificadas mulleres de cada categoría, benxamín e alevín.
CIRCUÍTO B (Infantís-Cadetes-Xuvenís): Hora: 10.45 horas Distancia: 2.800 metros aprox.
As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com
Percorrido: Ida e volta, saída do Pavillón, Avda. Arsenio Iglesias, Paseo Fluvial ata a
primeira ponte pola que pasa a estrada xeral.
Haberá clasificación e trofeos para os tres primeiros clasificados homes e as tres
primeiras clasificadas mulleres, en cada categoría.
Tempo límite para rematala 20´.
Carreira categoría especial. Hora: 11.30 h. Distancia 200 metros aprox.
As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o
resto de atletas.
Percorrido: Dende aproximadamente a entrada do aparcadoiro do Campo de fútbol ata
o lugar de saída da carreira absoluta.
A organización non dispón de persoal de atención directa ás persoas participantes,
debendo estas ser autónomas ou ter acompañante que axude no desenvolvemento da
proba.
Todas as persoas participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Ao ser unha
proba non competitiva, non haberá clasificación nin trofeos.
CIRCUÍTO C (Sénior en diante e cadeiras de atletismo e handbike): cadeiras de atletismo e
handbike: 11.35 horas Distancia: 11.700 metros aprox. Sénior en diante 11.45h.
As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com
Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O
Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Ervedíns, Marciñado, O
Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e
chegada ao Pazo dos Deportes.
Haberá clasificación e trofeos para os tres primeiros clasificados homes e as tres
primeiras clasificadas mulleres, en cada categoría da carreira sénior.
Haberá clasificación e trofeos para as tres primeiras persoas clasificadas en handbike e
as tres primeiras persoas clasificadas en cadeira de rodas, sen distinción de xénero.
Tempo límite para rematala 90´.
3
A organización resérvase a potestade de cambiar os percorridos definidos, probas convocadas
ou propoñer a modificación das bases, circunstancias que serán comunicadas ás persoas
participantes coa suficiente antelación, a través da web municipal e da web
www.championchipnorte.com
INSCRICIÓNS:
As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, si ben tanto para entidades
deportivas como para centros escolares, existe a posibilidade de realizar inscricións grupais:
- Os centros escolares poden poñerse en contacto no correo:
consulta@championchipnorte.com para que se lles habilite a conta pertinente desde a
que realizar a inscrición.
- As entidades deportivas poden crear un usuario desde o que dar de alta aos
participantes na proba desde o seguinte enlace:
https://ccnorte.com/registro/club?next=/perfil/datos-deportivos/
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
As inscricións estarán limitadas a 2.500 participantes no cómputo de todas as
categorías.
As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, gratuitamente.
MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o luns 24 de abril,
ás 23.59 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a
devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.
A persoa inscrita autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do
deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa
solicitude expresa por escrito no rexistro municipal en calquera dos medios recollidos
no artigo16.4 da Lei de Procedemento Administrativo 39/2015.
Non se permitirá a participación en máis dunha proba.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
O sábado 29 de abril en horario de 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h e o domingo
día 30 de abril en horario de 10.00h a 14.00h, na piscina municipal de Arteixo.
O mesmo día da proba ( 1 de maio) no Pazo dos Deportes dende as 8.30h ata media
hora antes do inicio de cada proba. Recoméndase chegar con antelación suficiente
para evitar colas de última hora.
Unha vez finalizada a proba, as persoas participantes non propietarias de chip non
terán que devolver o chip xa que a organización facilitou o chip desbotable que
estará colocado no dorsal.
Para a retirada do dorsal, a todas as persoas participantes, poderáselles solicitar que
acrediten a súa identidade á hora de recoller o dorsal, con calquera dos seguintes
documentos oficiais:
o Maiores de 14 anos: DNI, ou outro documento oficial.
o Os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do pai/nai/titor/a.
CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa Champion Chip Norte.
TROFEOS E PREMIOS:
Recibirán trofeo as 3 primeiras persoas clasificadas da proba sénior longa, tanto en
homes como mulleres, ademais das tres primeiras persoas clasificadas das diferentes
categorías de veteranos, tanto en homes como en mulleres.
4
Os trofeos non serán acumulativos. Os tres primeiros clasificados masculino e
feminina non recibirán trofeo, de ser o caso, na súa categoría específica.
As 3 primeiras persoas clasificadas en categorías benxamín e alevín, tanto en homes
como mulleres recibirán trofeo e todos os participantes medalla conmemorativa.
As 3 primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías na categoría InfantilCadete-xuvenil, tanto homes como mulleres recibirán trofeo.
Trofeo ao corredor/a de maior idade que remate a proba.
Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a do Concello de Arteixo, ben que resida no
municipio ou ben sexa natural do mesmo. Para optar a este premio deberá facer
constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo
deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Arteixo.
Recibirán trofeo as 3 primeiras persoas clasificadas en handbike e as tres primeiras
persoas clasificadas en cadeira de rodas, sen distinción de xénero.
Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
Farase entrega dos mesmos en dous bloques, o primeiro ao finalizar as probas de
categorías base e o segundo ao remate da proba da carreira sénior longa.
Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos.
As persoas participantes na proba pre-benxamíns recibirán unha medalla
conmemorativa.
Todas as persoas participantes na categoría especial recibirán unha medalla
conmemorativa.
Anunciarase por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de
cada carreira estean colocadas ao público.
Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega
poderán perder o dereito para recollelo. Aquelas persoas que poidan alegar unha
causa xustificada deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes nun
prazo máximo de 15 días desde a realización da carreira, para acordar a entrega
posterior do premio. Cumprido o dito prazo perderán o dereito a recollelo.
A organización poderá obsequiar con un agasallo a cada participante.
CONDICIÓNS XERAIS:
A proba rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a
celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de
novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da
vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do
seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
Os e as atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a
todos os efectos usuarios e usuarias normais da vía.
É obrigatorio correr pola marxe dereita das rúas de Arteixo.
A organización da proba resérvase o dereito de modificar os percorridos por causas de
forza maior, así como de aprazar ou suspender a organización dalgunha proba, sen
que exista dereito a reclamar ningunha compensación.
Suspenderase a proba sempre e cando haxa unha alerta meteorolóxica en terra no
ámbito territorial da proba, de nivel igual ou superior a laranxa ou causa de forza maior.
A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmo
ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das
neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
Todas as persoas participantes declaran expresamente non sufrir ningún problema de
saúde que lle impida a práctica deportiva e a disputa desta carreira.
A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou
imputadas por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)
Non se permitirá o acompañamento de animais ás persoas participantes durante a
proba.
5
Non se permitirá o acompañamento de cadeiras ou carros de bebés ou similar por
parte dos participantes durante a proba.
Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións,
esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A
organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias
así o aconsellasen, avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo
resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A
participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.
É obrigatorio levar o dorsal claramente visible durante todo o percorrido da carreira.
Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o
seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento ás persoas
participantes mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descualificación.
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como
ambulancia e médico na carreira. Durante a carreira o persoal sanitario seguirá o
desenvolvemento da mesma, para poder actuar no caso de que se precise os seus
servizos.
A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Arteixo, así como de
persoas voluntarias de diversas entidades de Arteixo.
Facilitarase servizo de duchas e gardarroupa, que estarán situadas no Pazo dos
Deportes.
Estará a disposición das persoas participantes un servizo de fisioterapia.
Haberá un “coche escoba” para quen non estea en condicións de finalizar a proba.
Os resultados publicaranse nas webs do Concello de Arteixo, así como nas distintas
webs de ámbito deportivo que así o estimen oportuno.
CATEGORÍA CADEIRAS DE ATLETISMO E HANDBIKE.
Poderán participar en handbike ou cadeira de atletismo, sendo estas categorías
independentes, todas aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos neste
regulamento e que sexan maiores de idade con discapacidade física que xustifique a súa
participación en esta modalidade. O percorrido será o mesmo que para a categoría sénior
Deberán presentarse na carpa de control 60 minutos antes do inicio da proba para pasar o
control de material e recibir o briefing da carreira. No control de material revisaranse os
seguintes elementos, que deberán estar homologados e funcionar correctamente: casco,
chasis, bandeira de visibilidade, rodas, sistema de freado e sistema de dirección.
DESCUALIFICACIÓNS: A descualificación na proba pode ser polos seguintes motivos:
o Por deterioro físico. Nestes casos a decisión será tomada pola organización da proba a
instancias dos servizos médicos dela, e a súa decisión será inapelable.
o Non levar o dorsal visible durante todo o percorrido ata a súa entrada na meta.
o Non atender as indicacións da organización.
o Entrar fóra do control, previamente establecido, ou non realizar o percorrido completo.
o Non inscribirse na proba.
o Correr co dorsal ou chip doutra persoa ou con máis dun chip. Serán descualificadas
ambas as persoas.
o Por condutas antideportivas ou contra o medio ambiente.
o Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
o Participar con acompañamento de cadeiras ou carros de bebés ou similar por parte dos
participantes durante a proba.
o Realizar a proba con acompañamento de animais.
Voltar