Calendario
Info da proba

Santiago

17/05/2023 10:00 - 12:00
Regulamento IX CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría
Xeral de Política Lingüística e de Cultura, organiza o mércores 17 de maio de 2023 a
IX Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que partirá dende o Pico Sacro,
seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura. A maiores da proba de 15 qm,
farase unha carreira de 5 qm no entorno da Cidade da Cultura, ofrecendo as dúas
alternativas a todos/as os/as participantes.
Este ano tamén organizaremos carreiras para as distintas categorías infantis e xuvenis (
de sub6 a sub16).
Esta Carreira, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das
Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago, réxese polo seguinte
REGULAMENTO
1. Data, distancias e horarios
A IX Carreira Camiño das Letras terá lugar o mércores 17 de maio de 2023 e
constará de dúas probas absolutas (15 e 5 km) na que poderán participar atletas
federados e non federados que correrán (estes últimos) coa licenza de día da
Federación Galega de Atletismo.
PROBA ABSOLUTA DE 15 QM
Esta proba absoluta (das categorías absoluta a senior)) sairá a partir das 10.00 horas
dende as proximidades do Pico Sacro, e seguirá un circuíto de 15 qm ao longo da Ruta
da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.
Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista
pola organización para a súa saída para o comezo da carreira. Os únicos vehículos que
poderán seguir a proba serán os designados pola organización.
PROBA ABSOLUTA DE 5 QM
A saída desta proba (categoría absoluta a senior) será as 10:05 da Cidade da Cultura
con percorrido polo Gaias e o Bosque de Galicia seguindo un circuíto de 5 qm.
A Carreira estará controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.
PROBAS DE MENORES
As probas das categorías “escolares” (de sub 6 a sub 16) realizaranse a partir das
12:00 horas por un circuíto na Cidade da Cultura, coas seguintes distancias e intervalos
de tempo:
12:00 h Sub 14 – Sub 16 H/M 2,5 km aprox.
12:20 h Sub 10 – Sub 12 H/M 1,5 km aprox.
11:45 h Sub 8 H/M 500 m aprox.
12:00 h Sub 6 H/M 300 m aprox.
Os horarios das saídas poderanse modificar, a criterio da organización e do xuíz árbitro
da proba, en función do número de participantes de cada categoría. As categorías sub 6
e sub 8 non son categorías federadas.
2. Categorías de Competición por PROBA:
Proba 15 QM e 5 QM
 SUB 18 M/F Nados/as entre 2006 e 2007
 SENIOR M/F De 18 anos cumpridos o dia da proba ata master
 MÁSTER 1 M/F De 35 a 40 anos cumpridos o día da proba
 MÁSTER 2 M/F De 41 a 49 anos cumpridos o día da proba
 MÁSTER 3 M/F De 50 años e superiores
 ABSOLUTA M/F Calquera das categorías anteriores
PROBAS DE MENORES:
 SUB 6 M/F Nados/as no ano 2018 e posteriores
 SUB 8 M/F Nados/as nos anos 2016 e 2017
 SUB 10 M/F Nados/as nos anos 2014 e 2015
 SUB 12 M/F Nados/as nos anos 2012 e 2013
 SUB 14 M/F Nados/as nos anos 2010 e 2011
 SUB 16 M/F Nados/as nos anos 2008 e 2009
3. INSCRICIÓNS:
Realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com :
As inscricións estarán abertas ata o domingo 14 de maio ás 23.59 horas. Non se
admitirán inscricións fóra do prazo establecido.
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
PROBA CATEGORIAS PREZO
Proba menores De sub 6 a sub 16 GRATUITA
Proba absoluta
15 qm aprox. De Senior a Absoluta  Do 17/04 ao 15/05: 10 €
Proba de 5 qm
aprox.
De Senior a Absoluta
Sub 18
 Do 17/04 ao 13/05: 5 €
 Do 17/04 ao 13/05: 2 €
4. Entrega de dorsais
A entrega dos dorsais realizarase na sede de Bonaval Car na Rúa do Cruceiro 99
(Carretera de A Coruña ) nos seguintes días e horarios:
 Martes 16 de maio de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición
situada na Cidade da Cultura, entre as 8.30 e as 9.00 horas.
A cronometraxe realizarase mediante un sistema de chip-dorsal.
Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte anterior do
corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a
proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descualificación.
5. Premios e agasallos
Todos os participantes que se inscriban nas probas recibirán xunto a entrega do
dorsal e como agasallo da organización, un libro e máis o diploma Camiño das
Letras, para unir a conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo dos
Camiños de Santiago.
A entrega de premios aos gañadores na zona de meta da Cidade da Cultura a partir
das 13:00 horas aprox.. Os premios non serán acumulativos.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 15 qm recibirán un trofeo
deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 5 qm recibirán un trofeo deseñado
especialmente e un lote de libros
- Os tres primeiros clasificados/as de cada categoría establecida neste
regulamento recibirán un lote de libros.
- O club federado do que máis atletas rematen a proba de 15 QM recibirá un
trofeo e un lote de libros.
- O colexio do que máis atletas rematen as probas recibirán un trofeo e un lote de
libros.
6. Avituallamentos
Estableceranse 2 puntos de avituallamento nos quilómetros 7 e 12 aprox. da proba de
15 qm, onde se abastecerá de bebida aos atletas. Na liña de meta, facilitarase a
hidratación dos participantes de ambas probas (5 e 15 qm) coa entrega de auga, zumes
e froita.
7. Servizos médicos
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia. De
outra banda, disporase de servicio de masaxistas para aqueles sofran algún percance
muscular.
SERVIZO DE AUTOBUSES PARA A PROBA DE 15 QM
OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA
FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8:30 HORAS EN DIRECCIÓN Á
ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9:15 HORAS. Seguirase
sempre o protocolo covid-19 establecido para o transporte público.
8. Reclamacións
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da competición,
situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de que se publiquen os
resultados oficiais.
9. Responsabilidade
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para correr a proba.
Ademáis exime a organización desta responsabilidade e que non presenta
sintomatoloxía relacionada coa covid-19, o cal lle permite estar en condicións óptimas
para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A
organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os
participantes por imprudencias ou neglixencias destes.
A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubrirá
as incidencias inherentes á proba.