Calendario
Info da proba

Ortigueira - Couzadoiro

05/03/2023 9:30 - 14:30
Regulamento VI CARREIRA DE MONTAÑA E ANDAINA "MONTES DE COUZADOIRO 2023"


Proba de 16 km - coeficiente 2 para a xeral e 4,28 para montaña.

1) PRESENTACIÓN.
A Peña Ciclista Santa Marta, a Concellería de Deporte de Ortigueira, e a Asociación de Veciños e Veciñas de Couzadoiro, organizan o domingo 5 de Marzo a VI Carreira e Andaina de montaña "Montes de Couzadoiro"
As probas, tomarán a saída na zona da pista de fútbol sala da parroquia de Couzadoiro (Santa Marta de Ortigueira) ás 9:30h da mañá.
Para ámbalas dúas competicións non se precisa posuír licenza federativa.

2) CARACTERÍSTICAS DA COMPETICIÓN, CARREIRA E ANDAINA.
● A carreira de montaña no formato Trail Longo celébrase sobre unha distancia aprox. de 24,5kms, acumulando un desnivel positivo de 1300 metros.
● A carreira de montaña no formato Mini Trail, celébrase sobre unha distancia aprox. de 16kms, acumulando un desnivel positivo de 850 metros.
● A andaina celébrase sobre unha distancia de 10kms aprox. e un desnivel positivo de 450 metros. Non terá clasificación
● O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con cinta e / ou pintura ecolóxica ou carteis.
● Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
● A Organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
● O peche de control será ás 14:30 horas en meta e a maiores para o trail longo no km 16 transcurridas 2h45min de carreira.
Existirán tres postos de avituallamento ademais do disposto na meta:
1) Km 7
2) Km 15
3) Km 19
● O Trail e Mini Trail estarán cronometrados por un sistema de cronometraxe mediante chip (no caso da andaina non).
● Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de Saída/Meta
● Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condiciónfísica, psíquica e deportiva. No caso da andaina, os menores de idade poderán participar sempre e cando vaian acompañados dun adulto.

CATEGORÍAS MASCULINA E FEMININA ANOS (cumpridos ó día da proba)
SENIOR 18 a 44
VETERÁN 45 en diante

3) NORMATIVA PARA O TRAIL/MINI TRAIL/ANDAINA.
● Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
● Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
● Estará totalmente prohibido correr durante a andaina, isto será motivo de descalificación.
● A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
● Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
● A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
● Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o percorrido.
● A organización declina toda responsabilidade en caso da pérdida de obxectos de cada participante.
● Todo participante, polo feito de inscribirse, acepta as condicións e regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
● A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respeto o medio ambiente, a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.

4) INSCRICIÓNS
● TRAIL LONGO: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun custo de 18€ ata o día 15 de Febreiro e de 22 euros ata o día 2 de Marzo cando se pechan inscripcións por participante que inclúe chip de cronometraxe, agasallo, avituallamientos e comida
postcarreira.
● MINI TRAIL: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun custo de 15€ ata o día 15 de febreiro e de 19 euros ata o día 2 de marzo cando se pechan inscripcións por participante que inclúe chip de cronometraxe, un agasallo, avituallamientos e comida
postcarreira
● ANDAINA: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun custo de 11€ por participante ata o día 15 de febreiro e 14 euros ata o día 2 de marzo que inclúe un agasallo, avituallamientos e comida postcarreira
● Para todas probas a data límite de inscrición será o 2 de Marzo.
● Non se fará devolución das inscricións feitas desde o día 20 de febreiro, incluido este.

5) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
● Os dorsais e o chip de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpa situada xunto a saída, dende as 8:00h ata as 9:15h. E o día antes na Pizzería do Baleo desde as 16:00h (recomendable retirar o dorsal o día antes)
● Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o chip que facilita a organización e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
● A clasificación xeral oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe.

6) ENTREGA DE PREMIOS.
● TRAIL LONGO e MINI TRAIL, Senior e Veteráns: Trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina.
● A entrega de premios será ás 13:30h, para poder optar a podium os participantes teñen que cruzar a liña de meta antes das 13:30h. Respetarase esta hora de forma o máis escrupulosa posible

7) SEGUROS:
● Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante. Estarán excluídos os
derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc.
Tamén quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares hacia/ dende o lugar no que se desenvolve a proba.

A participación na VI CARREIRA DE MONTAÑA/ANDAINA MONTES DE COUZADOIRO leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.