Calendario
Info da proba

Leiro

02/07/2023 10:00 - 11:30
Regulamento Regulamento. XXXIX Carreira Popular de Leiro
1. INFORMACIÓN XERAL
DATA: domingo, 2 de Xullo de 2023
HORA: a partir das 10:00 h.
LUGAR: Leiro (Ourense). Zona de Saída-Meta e Organización na Área
Recreativa do Salgueiral (ó lado do Campo de Fútbol)
DISTANCIA: de 100 m. A 10.000 m. aprox.
ORGANIZA: Concello de Leiro
Proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
controlada polo Comité Galego de Xuíces.
COLABORAN: Atletismo Arenteiro
INSCRICIÓN/INFORMACIÓN: ver no regulamento: en championchipnorte.com
e en Carreiras Galegas (Portal da FGA).
https://carreirapopulardeleiro.ccnorte.com/
https://www.facebook.com/Carreira-Popular-de-Leiro-102421812399376
https://www.instagram.com/concello.leiro
https://www.youtube.com/@carreirapopularleiro4120
A organización resérvase o dereito a realizar os cambios que sexan necesarios
co fin de cumprir coa normativa e outros motivos de carácter organizativo. De
ser o caso, estes cambios serán comunicados e difundidos entre as persoas
inscritas, para o seu coñecemento.
2. CATEGORÍAS
Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións
diferenciadas:
A: PITUFOS F/M 2018 e posteriores.
B: PREBENXAMÍN F/M 2016, 2017
C: SUB 10-12 F/M 2012, 2013, 2014, 2015
D: SUB 14-16 F/M 2008,2009, 2010, 2011
E: SUB 18 F/M de 2006,2007
F: SUB 20 / SUB 23 M/F atletas nados/as entre 2001 e 2005
G: SÉNIOR M/F atletas nados/as entre 2000 e ata Máster
H: MÁSTER A M/F atletas de 35 a 40 anos.
I: MÁSTER B M/F atletas de 41 a 50 anos.
J: MÁSTER C M/F atletas de 51 a 60 anos.
K: MÁSTER D M/F atletas de máis de 61 anos.
EQUIPOS: Haberá unha clasificación por equipos (que poderán estar formados
por mulleres, homes ou mixto) e confeccionarase inscribindo ós integrantes do
equipo no apartado que está habilitado para tal efecto na páxina de inscrición
de championchipnorte (importante cubrir ben este apartado, senón non se terá
en conta para a clasificación)
Para que un equipo teña clasificación, terán que rematar a proba como mínimo
7 corredores do mesmo equipo. Para confeccionar a clasificación dos equipos
sumaranse os postos dos 6 primeiros corredores clasificados e obtendo o
mellor resultado o equipo que na suma menos puntos acade e así
sucesivamente. . En caso de empate resolverase a favor do equipo que o seu
primeiro corredor obteña o mellor posto na clasificación xeral.
Para puntuar para o equipo teñen que disputar a distancia de 10 km. na proba
absoluta.
3. PERCORRIDO:
PROBA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
1ª 10:00 F,G,H,I,J,K 10 km (ABSOLUTA)
5 Km.
2ª 10:00 E 5 Km.
3ª 11:30 D 2 Km.
4ª 11:40 C 1,2Km.
5ª 11:50 B 700m.
6ª 12:00 A 250m.
Avituallamento líquido nos km. 1,5, Km. 4,2, Km. 6,5, Km. 9,2 e sólido-líquido
na meta.
Os quilómetros estarán perfectamente sinalados na Proba Absoluta.
Toda información sobre os recorridos e da proba en:
https://carreirapopulardeleiro.ccnorte.com/
4. INSCRICIÓNS
DISTANCIA E
CATEGORÍA
PREZO PRAZO
5Km 10Km
excepto categoría E
que será gratuíta.
7 € + 1 € ós non
propietarios/as de
chip amarelo
9 € + 1 € ós non
propietarios de
chip amarelo
Inscrición online en
championchipnorte ou nas
plataformas que poña a
disposición a organización dende
as 20:00h do 19 de marzo ata as
24:00h do 25 de xuño.
Inscrición online en
championchipnorte ou nas
plataformas que poña a
disposición a organización dende
as 00:00h do 26 de xuño ata as
24:00h do 29 de xuño.
A,B,C,D GRATUÍTA Inscrición online en
championchipnorte ou nas
plataformas que poña a
disposición a organización dende
as 20:00h do 19 de marzo ata as
24:00h do 29 de xuño.
Nas dependencias do Concello de
Leiro en horario de oficina.
Os 300 primeiros inscritos nos 10Km. e os 100 primeiros inscritos nos
5Km. recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.
Unha vez transcorrido o prazo de inscrición non se fará ningún tipo de
modificación nin devolución de cota de inscrición a ningunha persoa inscrita. A
organización resérvase o dereito de inscribir a algún atleta.
Na inscrición será obrigatorio poñer un tempo aproximado de realizar 10 km.
5. PREMIOS
A entrega de trofeos realizarase a partir das 12:00 h. na zona de Saída-Meta
na Área Recreativa do Salgueiral.
Todos os atletas premiados cumprirán estritamente as indicacións da
organización e os protocolos establecidos para recoller os trofeos.
- Medallas para todos os participantes das categorías A,B.
- Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros clasificados,
masculinos e femininos, nas categorías C,D,E.
- 5Km. Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros
clasificados absolutos masculinos e femininos.
- 10Km. Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros
clasificados absolutos masculinos e femininos. Máis agasallos a
determinar pola organización. Máis 200 € 1º F/M, 100 € 2º F/M,
50 € 3º F/M.
- 10Km. Trofeos (obsequio do evento) para os tres primeiros
clasificados, masculinos e femininos, nas categorías F,G,H,I,J,K.
- 10Km. Trofeo (obsequio do evento) para os tres primeiros
equipos clasificados. Máis 300 € 1º, 200 € 2º, 100 € 3º. O resto de
equipos que rematen a proba segundo as normas deste
regulamento, recibirán tamén un trofeo segundo a súa
clasificación final.
- Os trofeos (obsequio do evento) non son acumulativos, salvo os
indicados.
- As categorías A,B,C,D,E, os 300 primeiros inscritos nos 10
km e os 100 primeiros inscritos nos 5Km tamén recibirán
camiseta conmemorativa do evento.
- Sorteos de agasallos facilitados polos colaboradores entre todos
os participantes. Estes sorteos faranse durante o período de
inscrición(cos inscritos en cada momento) e o día antes da proba.
- Para recibir os premios, trofeos, agasallos terá que estar a persoa
titular no lugar e hora que determine a organización. Fóra do día da
proba non se entregará ningún premio, agasallo nin trofeo
perdendo todo dereito de reclamación por parte do seu titular.
6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Na Área Recreativa do Salgueiral ó lado do Campo de Fútbol o día da proba
desde as 8:00 da mañá ata 15 minutos antes de cada proba.
A organización con antelación suficiente, facilitará a cada participante as
instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no
correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización utilice
para a promoción e información do evento.
Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte
anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán
levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo
de descualificación.
7. ZONA DE QUECEMENTO E SAÍDA
A organización sinalizará unha zona específica para realizar o quecemento os
participantes, aínda que non será obrigatorio utilizar esta zona especifica,
podendo cada atleta facer o quecemento de forma específica onde el o
considere, sen invadir os circuítos da carreira (se están participando atletas nas
diferentes probas) e as estradas que non estean destinadas a tal fin.
8. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da
competición, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois
de que se publiquen os resultados oficiais.
9. RESPONSABILIDADE
A persoa participante co feito da inscrición na proba declara, baixo a súa
responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento médico que lle
permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á
organización da devandita responsabilidade. A organización non se fará
responsable dos danos que puidesen causar ou causarse ás persoas
participantes polas súas imprudencias ou neglixencias, nin dos danos físicos ou
morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira .
A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil
que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
10. SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de
ambulancia.