Calendario
Ver carrera

Narón - San Silvestre

31/12/2022 16:45 - 17:45

[ Go Back ]

Descripción A TRINTAEUNDOCE - San Silvestre Naronesa

:: Comenta A Trintaeundoce neste tema do foro ::

Artigo 1. Organización:
O Concello de Narón e a AD Náutico de Narón organizan “A trintaeunodoce” (San Silvestre Naronesa). A proba terá lugar o sábado 31 de decembro, con saída e meta na Estrada de Castela (Freixeiro) e discorrerá por dita Estrada. A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.

Artigo 2. Categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da organización.

CATEGORÍA/ANOS DISTANCIA HORA DE SAÍDA
A PITUFOS (2014 e posteriores) 300 mts 16:20
B PROMOCIÓN (2013-2007) 1556 mts (1v) 16:30
C SENIOR (2006-1987) 3112 mts (2v) 16:45
D MASTER (1986 e anteriores) 3112 mts (2v) 16:45

Artigo 3. Condicións de participación:
- As inscricións faranse a través da páxina www.galitiming.com
- A inscrición pecharase o 25 de decembro ás 23:59 horas.
- Non se admitirán inscricións fora de prazo.
- A inscrición na proba é persoal e intransferible
- NON está permitida a participación na proba con mascotas.
- A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en mans da organización.
- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento. Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respectar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.

- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Artigo 4. Percorridos:
A saída e meta estarán situadas na estrada de Castela nº 336 (punto próximo á rotonda de Freixeiro), mentres o punto de retorno para as categorías B, C e D estará na mesma estrada de Castela nº 525.

Artigo 5. Inscricións
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina: www.galitiming.com
Os dereitos de inscrición na carreira absoluta terá un custe de 3€. Na proba de promoción serán de 1€ e a proba de pitufos será gratuita.
O prazo de inscripción será do 5 de decembro ó 25 de decembro ás 23:59 horas.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.

Artigo 6 . Retirada de Dorsais
Os dorsais poderanse retirar o día 31 de decembro na carpa próxima a Saída/Meta (Parque de Freixeiro) e desde as 16h00 do xoves 29 ata as 21h00 do venres 30 en DECATHLON Ferrol.

Artigo 7 . Premios e clasificacións:
- A entrega de premios será no parque de Freixeiro e farase unha vez finalice a proba absoluta.
- Clasificacións, segundo as categorías indicadas no artigo 2. As clasificacións e a cronometraxe será electronica e apoiada polo Comité Galego de Xuíces.
- Haberá medallas para os tres primerios clasificados de cada categoría e sexo, segundo as categorías indicadas no artigo 2.
- Na categoría de PITUFOS darase un agasallo a tod@s @s participantes. Trátase dunha proba NON COMPETITIVA. Non haberá premiacións para esta categoría nin se farán clasificacións.
- Premio Especial aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos absolutos da proba.
- Haberá un sorteo con diferentes agasallos unha vez finalice a proba.

Artigo 8. Seguro
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa dacompetición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.

Artigo 9. Aceptación do regulamento:
A inscrición na proba conleva a autorización da publicación de fotografías ou vídeos da participación na mesma, así coma os resultados.

Artigo 10. Cambios do regulamento:
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas articipantes.

[ Go Back ]