Calendario
Info da proba

Sada

16/12/2022 21:10 - 22:10
Regulamento VI Carreira Nocturna de Sada “Ninguén sen
Nadal”
1. Organización
O 16 de decembro de 2022 celébrase a VI Carreira Nocturna de Sada “Ninguén sen Nadal”,
o Concello de Sada e o Club Atletismo Sada organizan unha carreira pedestre polas rúas de
Sada, onde o importe íntegro das inscricións dos participantes doarase en favor dunha
campaña social para axudar aos máis desfavorecidos no Nadal.
17 de decembro do 2021
2. Lugar e datas de celebración
O 16 de decembro do 2022 a partires das 19:00, nas inmediacións do Parque das Brañas.
Ubicación:
https://goo.gl/maps/khubdGUUP37Yz6SFA
3. Categorías e distancias a percorrer:
Categorías e distancia aproximada por categorías:
Chupete y prebenxamins: 100 m (recta salida)
Sub10/Benxamins: 1 volta (300 m)
Sub12/Alevins: 2 voltas (600 m)
Sub14/Infantis: 3 voltas (900 m)
Sub16/Cadetes: 3 voltas (900 m)
Carreira Adaptada: 2 voltas (600 m)
Sub18/Xuvenil-xunior, senior, Master/veteranos A y B, Handbike: 5 km
4. Horarios
O seguinte horario:
A partires das 18:45 quentamento de tódalas categorías.
19:00.- Prebiberons. Con cadencia de 5 minutos as dúas seguintes categorías.
19:15.- Sub10 Con cadencia de 10 minutos ata Sub12 e 15 minutos dende Sub14 ataSub16.
20:30.- Carreira Inclusiva
21:10 Sub18, Senior, Master e Handbike*.
*A saída de HANDBIKE será 2 minutos antes da saída do resto de corredores.
5. Premiacións:
Habera medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.
Tras a conclusión das carreiras dos nenos farase entrega das medallas de ditas categorías.
E terminada a de adultos, farese entrega das medallas destes e das de Handbike.
Entregarase Medalla conmemorativa a tódolos participantes:
Chupete 2021/2020/2019/2018
Prebenxamines 2017/2016
A efectos de premios existirán 8 categorías:
SUB 10/Benxamíns 2015/2014
SUB 12/Alevín 2013/2012
SUB 14/Infantís 2011/2010
SUB 16/Cadetes 2009/2008
SUB 18/xuvenil e sub20/junior 2007/2004
SENIOR desde 2003 ata 34 años
Master A 35 – 45 años
Master B 46 en adiante
Handbike 2005 a Master
6. Inscricións:
As inscricións de tódalas carreiras efectuarase a través da pasarela de inscrición:
https://ccnorte.com/
A inscripción ten un coste de 5€ para os adultos que corran na carreira de 5km (incluido as
HANDBIKE), 3€ Carreira inclusiva (poden participar cadeiras de rodas con axuda doutro
participantes) e 2€ os menos do resto de categorías.
No caso que algún adulto e/ou neno queira participar na carreira inclusiva, poderáinscribirse
nas dúas.
A maiores, coa fin de axudar coas doazóns na campaña “Ninguén sen Nadal”, haberá
posibilidade efectuar doazóns úncias ou por riba da inscrición, seguindo as instrucións da
pasarela de inscrición.
Os ingresos de inscricións, e tódalas doazóns efectuadas polos participantes doaranse en
favor dunha campaña social enfocada a que “Ninguén se quede sen Nadal”.
O alquiler de chip terá un coste de 2€ para os non propietarios de chip ademáis de una fianza
de 5€ que será devolta una semana despóis da carreira una vez procesados os chips devoltos.
7. Secretaría:
A secretaría para a recollida dos dorsais estará situada xunto a saída, desde unha hora antes
do inicio da primeira proba.
8. Secretaría:
Tódolos participantes contarán cun seguro de accidentes segundo normativa en vigor.
A organización dispón dunha póliza de responsabilidade civil para darlle cobertura aos
posibles desperfectos ou danos causados a terceros, no desenvolvemento da actividade.
A organización posúe tódolos permisos necesarios para o desenvolvemento desta
actividade na vía pública, segundo o legalmente establecido.
A organización non se fai responsable dos danos morais que a si mesmo ou a outras
persoas ocasionen os participantes desta carreira.
A organización resérvase o dereito de admisión.
A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstanciasasí
o aconsellasen, avisando na medida do posible
A inscrición e participación posterior supón a total aceptación do regulamento desta proba.
9. Vehículos no percorrido. Seguridade na proba
Soamente permítese aos membros da organización a utilización de vehículos para o
seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento dos
participantes mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descualificación.
A proba contará co apoio de Policía Local, Protección Civil, Cruz Bermella de Sada, así como
de voluntarios do Club Atletismo Sada.
10. Resultados e clasificación.
As clasificación e resultados publicaranse na web de Championchipnorte.com , en Carreiras
Galegas e na da FGA.
11. Protección de datos
Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está a autorizar a publicación dos seus
datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nas listaxes oficiais,
en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de información
relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes
recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera
publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento. Cada
participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e
consente que devanditos datos incorpórense a un ficheiro automatizado, do que é
responsable o Club Atletismo Sada. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación,
cancelación e oposición nos termos previstos. Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de
Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales.