Calendario
Ver carrera

Santiago -San Silvestre

31/12/2022 17:30 - 18:30

[ Go Back ]

Descripción O Concello de Santiago a través do seu departamento de deportes e a Federación Galega
de Atletismo organizan a IX Edición da Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela
que terá lugar o 31 de decembro de 2022 a partir das 17:00 horas da tarde.
As probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados (para os cales realizarase una
licenza de día) haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras
estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. A SAÍDA da proba será a partir das 17:00 horas desde a Avenida de Xoan XXIII. A
zona de meta estará ubicada na rúa de San Francisco. A continuación da Praza do
Obradoiro.
3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no
ano 2010. Os atletas menores de esa idade non poderán participar na proba, a
organización non se fará responsable deles.
4. CATEGORIAS E HORARIOS
Nesta edición de 2022, a carreira disputarase conxuntamente co CAMPIONATO DE
GALICIA DE 5 KM EN RUTA, polo cal haberá caixóns de saída distribuídos por marcas,
tendo preferencia os atletas que disputen o Campionato de Galicia.
Publicarase de xeito previo un horario de saídas por caixóns e a composición dos
mesmos. O horario das probas será o seguinte:
CATEGORÍA ANOS DE
NACEMENTO DISTANCIA HORA
SAN SILVESTRE POPULAR
CATEGORÍA ESCOLARES
do 2005 ó 2010
5 km
homologados
pola RFEA
A partir das
17:00 h
SAN SILVESTRE POPULAR
CATEGORÍA ADULTOS
E
CAMPIONATO DE GALICIA DE
5 KM EN RUTA
2004 e anteriores
5 km
homologados
pola RFEA
A partir das
17:00 h
A entrega de premios será ás 18:15 horas aprox. na rúa San Francisco
5. LUGAR DE SAÍDA E META
A saída de todas as probas realizarase desde a Avenida de Xoan XIII.
A meta será na rúa San Francisco, a continuación da praza do Obradoiro.
6. INSCRICIÓNS
As inscricións poderán realizarse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal, con data límite o martes 27 de decembro ás 23:59 horas.
Deberán cubrir o formulario cos datos requiridos e finalizar o proceso de inscrición
(poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs). Establecerase un límite
de 2700 inscritos na proba. Unha vez chegada a esa cifra pecharase a inscrición.
CAIXÓNS SAN SILVESTRE:
Os caixóns de competición faranse por orde de marcas na distancia, e no caso de non existir,
faranse por orde aleatorio establecido previamente. Os atletas participantes no Campionato de
Galicia de 5 km en ruta sairán no caixón dianteiro.
PREZOS E PRAZOS DA INSCRICIÓN
▪ CATEGORÍA ESCOLARES e ADULTOS: 4 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
www.carreirasgalegas.com .
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co
teléfono 981 291 683 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il
info@carreirasgalegas.com.
Teléfonos de información xeral da proba:
981 291 683 / 981 528 730
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o
día da proba.
PREMIOS E AGASALLOS
SAN SILVESTRE:
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (5 km
homologados pola RFEA).
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (5 km
homologados pola RFEA).
Premio participación ao club de atletismo federado feminino con máis
participantes ADULTOS nas probas.
Premio participación ao club de atletismo federado masculino con máis
participantes ADULTOS nas probas.
Premio participación ao grupo popular con máis participantes na proba
(deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación a EMPRESA con máis participantes na proba (deberán
reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantes
na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio ao mellor disfraz de grupo (mínimo 3 integrantes).
Premio aos 3 mellores disfraces individuais.
TODOS OS ATLETAS PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE GALICIA DE 5 KM EN
RUTA DEBERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA POPULAR SE DESEXAN TOMAR
PARTE NOS PREMIOS POPULARES
7. RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:
➢ LUGAR: Centro Comercial As Cancelas
➢ Horarios e días:
▪ 29 de decembro de 16:00 a 20:30 horas
▪ 30 de decembro de 11:00 a 20:30 horas
▪ 31 de decembro de 11:00 a 13:30 horas
ENTREGARANSE DE XEITO EXCLUSIVO DORSAIS NA PRAZA DO OBRADOIRO
O DÍA 31 DE 15:30 a 16:30 HORAS
(Prégase realizar a recollida no Centro Comercial as Cancelas para evitar
posibles colapsos na entrega)
Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal que
non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de
xeito visible na zona anterior do corpo.
8. CIRCUÍTO
A proba disputarase sobre un circuíto de 5 km en ruta homologados pola Real
Federación Española de Atletismo e as marcas pasarán ao ranking galego e
nacional na distancia. O circuíto estará publicado nas web
www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal.
A saída será na Avenida de Xoan XXIII e a meta será na rúa San Francisco.
9. Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas
en ruta da FGA e da RFEA en vigor.
10. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas
suporá a total aceptación deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
Prégase precaución na proba polo alto volume de participantes na mesma. A
seguridade é o primeiro.

[ Go Back ]