Calendario
Info da proba

Coruña - CHUAC

18/12/2022 10:00 - 11:00
Regulamento INFORMACIÓN XERAL
O Concello da Coruña e o CHUAC, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar
os cambios que sexan necesarios, previo acordo entre ambas as partes, e que serán
comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para o seu coñecemento.
Art. 1 - DATA
O Concello da Coruña e o CHUAC organizarán o 18 de decembro de 2022 na Coruña a Carreira
Popular 50 anos do CHUAC. A proba, incluída no calendario oficial da competicións da FGA,
disputarase a través dun circuíto totalmente urbano.
Art. 2 - HORARIO
A carreira comezará ás 10.00 a.m.
Art. 3 – CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 5.250 m. aproximadamente. O percorrido decorre
sobre asfalto na súa maior parte, con algunha zona de camiño de terra. A ruta estará
debidamente sinalizada e terá marcados todos os quilómetros.
Atallar o trazado oficial pode implicar a descualificación das persoas infractoras.
A saída estará na avda. de Lamadosa e a meta estará na explanada do Parrote.
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
ART. 4 - CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Galego deXuíces da FGA.
Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. O control da carreira estará dirixido polo
Comité Galego de Xuíces. Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao Xuíz Árbitro
da proba ata 30 minutos despois da publicación dos resultados.
Art. 6 - UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, ou os chips amarelos nas zapatillas, son persoais e
intransferibles. Os dorsais serán exclusivos desta carreira, e deben colocarse na parte frontal do
corpo de maneira totalmente visible, sen ocultar e sen manipulacións, manténdoos así durante
toda a proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do que as persoas que cheguen á meta (finishers)
poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean rexistradas ou que corran sen dorsal e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas
regulamentariamente rexistradas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente
a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa
o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A
organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas
materiais de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente rexistradas e que cumpran as normas do World Para Athletics.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar,
avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento, así como tampouco está permitida a participación con
animais, nin correr acompañados destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de
running *.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar unha
persoa con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade
trasladarse polos seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante
sempre á persoa que empurra o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non á
persoa que vai no carro.
Igualmente, será obrigatorio acreditar a discapacidade da persoa que vai no carro, enviando
copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de forma que quede
acreditado o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal. A inscrición desta
persoa, que irá con dorsal sen chip, será gratuíta. Para iso deberán contactar coa
organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante.
Art. 8 - DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste
un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, os/as
participantes que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os/as xuíces/xuízas da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor/a que non leve visible
o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con
respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra
calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA, WA e IPC.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
CATEGORÍAS E INSCRICIÓN
Art. 9 - PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O tempo de realización máxima da carreira será de 1 hora.
Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e
trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas
clasificacións.
Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en
todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.
Art. 10 - CATEGORÍAS
- Sub 20, nados/as en 2003 e 2004
- Sub 23, nados/as en 2000, 2001 e 2002
- Sénior, nados/as desde 1999 ata os 34 anos
- Máster 1: De 35 a 39 anos cumpridos o día da proba
- Máster 2: De 40 a 44 anos cumpridos o día da proba
- Máster 3: De 45 a 49 anos cumpridos o día da proba
- Máster 4: De 50 a 54 anos cumpridos o día da proba
- Máster 5: De 55 a 59 anos cumpridos o día da proba
- Máster 6: De 60 a 64 anos cumpridos o día da proba
- Máster 7: A partir de 65 anos cumpridos o día da proba
- Atletas con discapacidade*: nados/as en 2004 e anos anteriores
*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden
á impulsión das mesmas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro
adherido á roda.
Ojo morado Discapacidades visuais
C) Discapacidades intelectuais
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se
desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán
na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico consulta@championchipnorte.com.
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo
de 2 guías para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de
participantes con discapacidade intelectual, de atletas de apoio, debe comunicárselle con
antelación á Federación Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se
van situar os guías das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.
SERVIZOS A PARTICIPANTES
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde,
para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
consulta@championchipnorte.com
Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse
nesa categoría.
A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carreira,
que terá unha normativa especifica para a súa regulación.
Art. 11 – INSCRICIÓN E COTA
a) A inscrición en liña realizarase a través da pasarela de pagamento inserida na páxina web
www.championchipnorte.com. Estará operativa ata o 11 de decembro de 2022.
Ojo morado Cota e prazos de inscrición:
 Participantes no Circuito Coruña Corre 2022: gratis
 Resto de participantes: 3 €
A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.
Art. 12 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
 VENRES 16 de decembro no Palacio dos Deportes de Riazor de 17.00 a 21.00 h
 SÁBADO 17 de decembro no Palacio dos Deportes de Riazor de 11.00 a 20.30 h.
 DOMINGO 18 de decembro no espazo habilitado na avda. de Lamadosa, dende as 09.00
horas ata o comezo da carreira absoluta.
A organización non pode garantir o talle, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade
ao peche de inscricións.
Art. 13 – ASEOS E GARDARROUPA
ASEOS: Estarán a disposición aseos localizados no parque de Eirís.
DUCHAS: Estarán a disposición no Palacio dos Deportes de Riazor de 11.00 a 13.30 horas.
GARDARROUPA: Estará a disposición na zona de saída na avda. de Lamadosa ata as
09.45 horas. Nese momento trasladarase á zona do Parrote ata as 13.00 horas.
Art. 14 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Establecerase un punto de avituallamento na liña de meta para favorecer a hidratación das
persoas participantes.
Ademais, poñeranse ao dispor dos/as corredores/as colectores suficientes para a recollida
selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio.
Art. 15 - SERVIZOS MÉDICOS
A proba dispoñerá dos servizos médicos recomendados pola lexislación vixente.
A organización dispoñerá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas rexistradas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real Decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do Seguro
Obrigatorio Deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal,
indicando os datos de nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias,
enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e
contacto/s en caso de emerxencia.
Art. 16 – CLASIFICACIÓNS
Publicaranse nas páxinas web do Concello da Coruña e Championchipnorte. Non haberá
exposición física das listaxes de resultados.
PREMIOS E TROFEOS
Art. 17 – ENTREGA DE TROFEOS
Ás 11.00 horas, outorgaránselles os trofeos no espazo habilitado na liña de meta no Paseo do
Parrote, ás tres primeiras persoas clasificadas femininas e masculinas da proba absoluta.
Ademais, recibirán un trofeo a primeira muller e o primer home clasificados que sexan persoal do
CHUAC.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se faga o anuncio do seu comezo.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non
se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo
de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado,
entenderase que renuncian a el.
CARREIRAS DE MENORES
Art. 18 - INSCRICIÓNS
As inscricións (gratuítas) realizaranse a través da pasarela de pagamento inserida na páxina web
www.championchipnorte.com. Estará operativa ata o 11 de decembro de 2022.
Non se admitirá ningún/ha corredor/a sen estar inscrito/a e sen o dorsal correspondente co chip
incorporado.
Art. 19 - CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
CATEGORÍA HORARIO* DISTANCIA
Sub 18 (nadas/os nos anos 2005/2006) 11.15 2.500 m aprox.
Sub 16 (nadas/os nos anos 2007/2000) 11.30 2.500 m aprox.
Sub 14 feminino (nadas nos anos 2009/2010) 11.45 1.425 m aprox.
Sub 14 masculino (nados nos anos 2009/2010) 11.55 1.425 m aprox.
Sub 12 feminino (nada nos anos 2011/2012) 12.05 845 m aprox.
Sub 12 masculino (nados nos anos 2011/2012) 12.15 845 m aprox.
Sub 10 feminino (nadas nos anos 2013/2014) 12.25 845 m aprox.
Sub 10 masculino (nadas/os nos anos 2013/2014) 12.35 845 m aprox.
Peques (nadas/os nos anos 2015 e posteriores) 12.45 150 m aprox.
*Os horarios son aproximados, dependendo do volume de participantes de cada categoría.
A organización pode facer variar carreiras en cada idade.
Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade, que
poderán participar na categoría de menores que lles corresponda. No caso de necesitar algún tipo
de adaptación na distancia a percorrer deben solicitalo no correo electrónico
secretaria@atletismo.gal.:
D) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á
impulsión das mesmas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido
á roda. Non se permite handbike.
E) Discapacidades visuais
F) Discapacidades intelectuais
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se
desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán
na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico consulta@championchipnorte.com
RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un guía para
os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes con
discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación
Galega de Atletismo.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde,
para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
consulta@championchipnorte.com.
Para optar a clasificación na categoría de atletas con discapacidade é necesario
inscribirse nesa categoría.
Art. 20 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
 VENRES 16 de decembro no Palacio dos Deportes de Riazor de 17.00 a 21.00 h.
 SÁBADO 17 de decembro no Palacio dos Deportes de Riazor de 11.00 a 20.30h.
 DOMINGO 18 de decembro no posto situada no Paseo do Parrote, dende as 10.15 horas
ata 1 hora antes do comienzo de cada carreira.
A organización non pode garantir o talle, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade
ao peche de inscricións.
Art. 21 – TROFEOS
Os resultados estarán dispoñibles na web do concello e Championchipnorte.
A partir das 11.15 horas, outorgaránselles os trofeos no espazo habilitado na liña de meta no
Paseo do Parrote, ás tres primeiras persoas clasificadas femininas e masculinas de cada
categoría de menores.
Art. 22 – CATEGORÍA PEQUES
Esta carreira é unicamente participativa e non competitiva. Todas as persoas participantes
nesta categoría recibirán unha medalla.
Informarase da organización dos peques no momento oportuno.
Art. 23 – RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por
imprudencias ou descoidos delas mesmas.