Calendario
Ver carrera

Ferrol

27/11/2022 11:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción III CARREIRA E ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ferrol 27 de NOVEMBRO 2022
CIRCUÍTO DA CARREIRA: Discorrerá polo centro de Ferrol tendo saída e chegada na PRAZA DA
CONSTITUCIÓN A saída farase as 11:00 am do día 27 de Novembro.
INSCRICIÓNS: Ata o día Mércores 23 de Novembro as 23:59 horas na páxina:
www.carreirasgalegas.com
REGULAMENTO DA CARREIRA:
Haberá dúas opcións de participar:
A) Carreira (5Km): poderán participar todos aqueles/as deportistas nados no ano 2006
ou anteriores. Na carreira farase unha clasificación oficial e repartiranse premios entre
os 3 primeiros e as 3 primeiras clasificadas de cada categoría e sexo.
Categoría Xóvenes nados entre o 1 de xaneiro de 2000 e o 31 de decembro do 2006
Categoría Senior nados antes do 1 de xaneiro do 2000.
Ojo morado Andaina (5Km): poderán participar todos/as aqueles/as deportistas que o desexen,
non haberá clasificación nin tempos finais e . poderán participar deportistas de calquera
idade.
Inscrición máxima de 1500 participantes.
Tódolos/as participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible
no desenrolo da proba.
O dorsal entregarase xunto a unha camiseta na casa da Muller, Rúa Lugo 56. 15402 Ferrol
inscritos ata: entrega a partir de :
domingo 20 martes 22
martes 22 xoves 24
mércores 23 venres 25
horarios de entrega de dorsais
martes 22 10 a 14 horas
mércores23 10 a 14 horas
xoves 24 10 a 14 horas
venres 25 10 a 14 horas
domingo 27 9:00 a 10:30 nas inmediacións da saída
(Prégase retiren o dorsal na casa da muller para facilitar as labores dos/as voluntarios/as o
día da carreira)
Faranse controis de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá durante o
transcurso da proba polos cales terán que pasar os/as participantes para non ser
descualificados/as.
O peche do control de carreira será 1 hora despois de que entre o 1º clasificado en meta.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde
o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.

[ Go Back ]