Calendario
Info da proba

Mondego

12/11/2022 13:00 - 14:00
Regulamento Cross de Mondego
ORGANIZAN
Club Atletismo Sada e Concello de Sada
PARTICIPANTES
Categorías Prebenxamín, Su18, Sub20, Sub23, Sénior, Máster e inclusiva
CATEGORÍAS
A efectos de premiación haberá 5 categorías masculino e feminino en cada una delas
1. Prebenxamín nados nos anos 2016 e 2017
2. Sub 18/SUB20: nados nos anos 2007-2004
3. SENIOR (INCLUIDOS SENIOR e sub23) nados nos anos 2003- ATA 34 ANOS
4. INCLUSIVA
5. MASTER A: DE 35 A 45 ANOS (INCLUIDOS)
6. MASTER B: DE 46 EN ADIANTE (INCLUIDOS)
LUGAR E DATA
Circuíto de Mondego (Sada), o 12 de novembro 2022
https://goo.gl/maps/ijBH38KSVW12
Previamente a partir das 11 da maña se celebrará a 1ª Xornada Escolar Campo a Través Xogade
INSCRICIÓN
A inscrición dos atletas participantes farase antes das 23:59 horas do mércores 09 de
novembro do 2022, a través do formulario dispoñible na páxina web do Club Atletismo Sada
https://forms.gle/6yuLU9qmaFACmFtE6
A inscrición ten un coste de 4 €. Se pagará no momento da retirada do dorsal, o mesmo día da
proba na zona de saída dende as 10:30. Prégase traer o importe exacto. Os atletas do club
organizador están exentos de pago.
PREMIOS
Haberá medalla para os 3 primeiros clasificados de cada Categoría da competición popular, de
sub18 en diante, excepto prebenxamín. Se entregarán o remate das probas. Os prebenxamins
recibirán todos medalla a entrada en meta.
VESTIARIOS
Estarán a disposición de todos os participantes debidamente sinalizados, os vestiarios dentro
das instalacións do Colexio de Mondego (Sada)
SECRETARÍA
A secretaría para a recollida dos dorsais, e o pago das inscricións, estará situada na entrada do
circuíto.
DISTANCIAS POR CATEGORIA
Ø PREBENJAMINES 250 M
Ø SUB18 MASCULINO E FEMININO: 2.750 m (aprox) CS+2 VG+CM
Ø RESTO DE CATEGORIAS MACULINO E FEMININO: 5.300 m (aprox) CS + 4 VG + CM
§ CS Cola de Saída 75 mts
§ CM: Cola de meta 75 mts
§ VG: Volta Grande 1300 mts. aprox
As distancias das voltas, ou os percorridos poderán sufrir variacións respecto o debuxo inicial,
en función das condicións climatolóxicas e o estado do terreo.
HORARIO DAS PROBAS
A retirada de dorsais poderán facela dende as 10:30 horas, ata media hora antes do comezo das
Probas
Ø 12:55 Saída prebenxamín feminino e a continuación prebenxamin masculino
Ø 13:00 Saída todas as categorías de Sub 18 en adiante, masculino e feminino
* Si o número de inscritos fora elevado se farían dúas saídas: feminino e masculino. O peche
das inscricións se publicará o horario definitivo
A organización non se fai responsábel dos danos morais causados a si mesmos ou a outras
persoas causadas polos participantes desta carreira
A organización resérvase o dereito de admisión.
A organización resérvase o dereito a modificar estas normas se as circunstancias así o
aconsellan, avisando na medida do posible.
As reclamacións pódense facer ao Árbitro da proba, verbalmente ata 15' despois da
presentación dos resultados.
O non recollido neste regulamento recollerase de acordo coas normativas da FGA, RFEA e IAAF
nesta orde.
A participación implica a aceptación total do regulamento desta proba.
A proba contará co apoio da Policía Local de Sada, así como dos voluntarios do Club Atletismo
Sada.
Os resultados publicaranse nos sitios web do Club Atletismo Sada, www.clubatletismosada.com.
Cada participante, ao formalizar a súa inscrición, autoriza a publicación dos seus datos persoais
necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, nos medios e / ou na
internet, así como no seu uso para o envío de información relacionados co evento, incluídas
edicións posteriores. Tamén autoriza que as imaxes recollidas (fotografía ou vídeo) poidan ser
utilizadas de forma intemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único propósito
de promover e difundir o evento. Cada participante é responsable da veracidade dos datos
facilitados na súa inscrición e acepta que estes datos sexan incorporados a un ficheiro
automatizado, polo cal o Club Atletismo Sada é responsable. O titular dos datos terá dereito a
acceder, rectificar, cancelar e opoñerlle nos termos establecidos na Lei Orgánica 15/1999, do 13
de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.