Calendario
Info da proba

Sada - Costa Doce

29/01/2023 10:00 - 14:00
Regulamento VII Trail Costa Doce, Sada

Data: sábado 28 e domingo 29 de xaneiro de 2023.
Horarios:
SÁBADO 28
Trail Nocturno - 19:00
Peche da carreira - 21:15
Entrega de trofeos - 21:30
Domingo 29
Trail Longo - 10:00 h.
Andaina – 10:00 h.
Trail Curto - 11:30 h.
Peche de carreira - 14:30 h.
Entrega de trofeos – 14:30 h.
Distancias:
Trail nocturno: 15 km aprox., con +500 é -575 metros
Trail longo: 26 km aprox., con +1000 é -1000 metros
Trail curto: 15 km aprox., con +500 é -575 metros.
Andaina : 11 km aprox., con +350 é -450 metros.
Web: Club Atletismo Sada
Inscricións: Championchip Norte

:: Comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

Puntuables o trail nocturno e curto - coeficiente 2 para a xeral e 3,38 para montaña.


1. ORGANIZACIÓN
O Trail Costa Doce está organizado polo Club de Atletismo Sada e o Concello de Sada.
O VII TRAIL COSTA DOCE terá lugar o sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro do 2023 en Sada, A Coruña.
Contará con catro variantes:
• Trail nocturno: 14 km aprox., con +500 é -575 metros
Trail longo: 26 km aprox., con +1000 é -1000 metros
• Trail curto: 14 km aprox., con +500 é -575 metros.
• Andaina : 11 km aprox., con +350 é -450 metros.

2. ITINERARIO
Circuito circular no trail longo e lineal nas outras variantes, que se desenvolve en terreo de
monte prácticamente en todo o seu percorrido. Os tramos que transcorren por asfalto son
fundamentalmente en zonas peonís. En ocasións cruzaranse estradas onde dispoñerase de
persoal para regular o tráfico nos cruzamentos urbanos e nos rurais.
Facilitarase a información necesaria a través de redes sociais e web.

3. CONDICIÓNS e NORMATIVA COVID-19
Os participantes corren baixo a súa propia responsabilidade, realizando toda ou parte da proba.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poidan recibir ou producir
os participantes, aínda que se dispoñerá dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes
para os mesmos, estean ou non federados en montaña.
En caso de retirada, deberá avisarse ao persoal da organización. No suposto de lesión, ou
impedimento para regresar polos propios medios a meta, pedirase axuda á organización que
xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de contacto para emerxencias.
O circuíto non estará pechado ao tránsito de vehículos, polo que todo participante está obrigado
a cumprir as normas de circulación viaria, sendo responsable de cantas infraccións puidese
cometer, e deberá respectar o paso de gandos, persoas e vehículos.
NORMATIVA COVID-19, no caso de que as autoridades correspondentes diten medidas
restritivas que afecten ao normal desenvolvemento da proba, facilitarase a información
necesaria a través de redes sociais e web.

4. CATEGORÍAS E TROFEOS
4.1. PARTICIPACIÓN INCLUSIVA
Se vas participar e tes algunha discapacidade, comunícanolo á organización neste
correo montana@clubatletismosada.com e adxunta o certificado de discapacidade e
poñerémonos en contacto contigo

4.2. TRAIL NOCTURNO
Sábado 28 as 19:00
Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles a
totalidade do percorrido.
A cronometraxe realizásese por medio de chip.
Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e feminino, nas
seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Cadete (participantes de 15, 16 e 17 años)
- Sénior (participantes de 18 a 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
Os trofeos non serán acumulables.
Peche da carreira 21:15
A entrega de trofeos terá lugar ás 21:30 o mesmo día da proba
A organización facilitará o transporte dos participantes ata a zona de saída da súa proba.
O autobús sairá da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel Sada Mariña, a 200
mts da meta. A hora de saída dos autobuses que conducirán aos participantes cara ao
punto de saída concretarase coa debida antelación, e estes deberán presentarse alí
debidamente identificados e á hora en punto. Non se demorará a saída do autobús por
ningunha causa allea á organización.
A organización establecerá unha furgoneta como gardarroupa na zona da saída e esta
baixará as bolsas a zona da meta. As bolsas deberán ir debidamente identificadas co
número de dorsal.
Haberá duchas para uso dos participantes.

4.3. TRAIL LONGO
Domingo 29 as 10:00
• Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles a
totalidade do percorrido.
• A cronometraxe realizásese por medio de chip.
• Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e feminino,
nas seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Sénior (participantes ata 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
• Non se permite a participación de menores de 18 anos.
• Os trofeos non serán acumulables.
Peche de carreira - 14:30 h.
• A entrega de trofeos terá lugar ás 14:30 o mesmo día da proba.

4.4. TRAIL CURTO
Domingo 29 as 11:30
Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles a
totalidade do percorrido.
A cronometraxe realizásese por medio de chip.
Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e feminino, nas
seguintes categorías do Trail:
- Absoluta
- Cadete (participantes de 15, 16 e 17 años)
- Sénior (participantes de 18 a 39 anos cumpridos)
- Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
- Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
Os trofeos non serán acumulables.
Peche de carreira - 14:30 h.
A entrega de trofeos terá lugar ás 14:30 o mesmo día da proba
A organización facilitará o transporte dos participantes ata a zona de saída da súa proba.
O autobús sairá da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel Sada Mariña, a 200
mts da meta, tras dar saída á proba longa. Os corredores deberán presentarse alí
debidamente identificados e á hora en punto. Non se demorará a saída do autobús por
ningunha causa allea á organización.
A organización establecerá unha furgoneta como gardarroupa na zona da saída e esta
baixará as bolsas a zona da Meta. As bolsas deberán ir debidamente identificadas co
número de dorsal.

4.5. ANDAINA
Domingo 29 as 10:00
Os corredores participasen de maneira individual, debendo completar cada un deles a
totalidade do percorrido.
Peche de carreira - 14:30 h.
Non é competitiva polo que non haberá premios
A organización facilitará o transporte dos participantes ata a zona de saída da súa proba.
O autobús sairá da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel Sada Mariña, a 200
mts da meta. A hora de saída dos autobuses que conducirán aos participantes cara ao
punto de saída será as 9:30, e estes deberán presentarse alí debidamente identificados e
á hora en punto. Non se demorará a saída do autobús por ningunha causa allea á
organización.

4.6. PREMIO ESPECIAL A COMBINADA
Establécese un premio especial á primeira e o primeiro corredor/a que participen no
TRAIL NOCTURNO e no TRAIL LONGO e que na suma dos dous tempos fagan
(computen) o menor tempo.
Este premio está patrocinado por FS+ FisioSport

5. INSCRICIÓNS
As inscricións poderanse realizar na páxina web ChampionChip Norte (www.championchipnorte.com).
O prezo da inscrición será:
A. Para o Trail Nocturno establécese un único prezo de 16€ para todas as prazas
dispoñibles.
B. Para o Trail Longo e o Trail Curto os prezos variarán segundo o número de rexistrados
(computan a suma do longo e o curto)
1. Os 300 primeiros inscritos: Longo 23 € - Curto 15 €
2. Do inscrito 301 ao inscrito 600: Longo 25 € - Curto 18 €
3. Do inscrito 601 en diante : Longo 28 € - Curto 21 €
C. COMBINADA. Establécese un prezo especial de 34 € para os inscritos nesta opción que
consta de inscrición o Trail Nocturno e inscrición o Trail Longo. Os/as participantes
nesta opción terán ademais un agasallo extra.
D. Para a Andaina 12 €
No trail nocturno hai un límite de inscritos de 350 participantes (computan tamén os
inscritos na Combinada). Nos outros 2 trails e na andaina non existe límite de inscritos.
A organización reservarase un número de inscricións para os patrocinadores.
Último día de inscrición e pago será o 22 de Xaneiro do 2023.
As anulacións de dorsal só poderanse realizar ata o día 15/01/2023 tendo un importe de 7€ en
concepto de gastos de xestión.
Os cambios de dorsal poderanse realizar ata o día 15/01/2023, sen custo de xestión e deben
realizarse SEMPRE a través da organización (montana@clubatletismosada.com) e NUNCA
entre particulares directamente. Correr co dorsal doutra persoa significa, entre outras cousas,
non estar cuberto por ningún tipo de seguro.
Para participar no trail será necesario o uso do chip. No caso de que o corredor ou corredora
non o teña en propiedade, deberá pagar 1€ a maiores, en concepto de aluguer do mesmo e
ademais establecerase unha fianza a hora de inscribirse de 5€ que se cobrará no caso de non
devolvelo o chegar a meta.
A inscrición dá dereito aos avituallamentos correspondentes, asistencia sanitaria durante e ao
finalizar a proba, transporte ata o lugar de saída, transporte a meta dos participantes que
abandonen a proba, bolsa do corredor, gardarroupa, e avituallamento adicional en meta.
A organización resérvase o dereito de impedir a inscrición, na presente e futuras edicións da
proba, nas seguintes circunstancias:
- Calquera persoa á que considere non capacitada, pola súa condición física ou que poida
ser prexudicial para o desenvolvemento da mesma ou da contorna onde se desenvolve.
- Calquera persoa á que, polas súas accións ou palabras, considéreselle unha ameaza para
a seguridade da carreira, dos demais corredores, público, colaboradores, patrocinadores,
medios de comunicación, etc.
- Calquera persoa que corra na presente edición sen acreditar a súa condición de
rexistrado.

6. ENTREGA DE DORSAIS
Poderase recoller os dorsais o Sábado 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 na Casa da
Cultura "Pintor Lloréns , Avd. Do Porto S/N
O mesmo día da proba nas carpas habilitadas o efecto na Casa da Cultura ata 30’ antes do inicio
de cada competición. Recomendase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última
hora.
Para a recollida de dorsais poderase exixir a presentación do DNI ou documento oficial que
acredite a identidade.

7. AVITUALLAMIENTOS
Os avituallamentos atóparanse en lugares visibles e sinalizados, informarase con antelación da
situación dos mesmos por medio de redes sociais e web.
Trail Nocturno
- Un aprox. a medio percorrido.
Trail Curto
- Un aprox. a medio percorrido.
Trail Longo
- Tres durante o percorrido.
Andaina
- Un aprox. a medio percorrido.
Ademais, disporase dun líquido e sólido na chegada.
Co fin de minimizar o impacto ambiental non se facilitarán vasos, polo que os corredores
deberán levar o seu propio medio para beber (vaso, bidóns, mochila de hidratación).
Dispoñerase de contedores no avituallamento para residuos orgánicos e inorgánicos. Non
existirá ningún punto para depositar lixo pasado o control de avituallamento, sendo este inicio e
fin do mesmo.
Está prohibido o avituallamento e a axuda externa durante o desenvolvemento da carreira de
calquera persoa, non competidora, estando permitido unicamente o avituallamento que cada
participante leve consigo desde a saída ou repoña nas áreas de avituallamento establecidas pola
organización.
Así mesmo, está prohibido saír da zona de avituallamento con calquera tipo de envase ou
envoltorio.

8. MATERIAL OBRIGATORIO
Dado que a organización non facilitará vasos de plástico nos avituallamentos, é altamente
recomendable portar algún sistema de hidratación propio (mochilas, bidóns, vasos
plegables…).
A organización, en función das condicións meteorolóxicas previstas para o día da carreira,
poderá modificar o material necesario que poderá ser revisarado no momento da saída.
Isto anunciarase coa debida antelación por medio de correo electrónico, redes sociais e web, e o
corredor ou corredora que non o porte non poderá competir.
TRAIL NOCTURNO
- Frontal (con baterías cargadas)
- Batería ou pilas de reposto
- Chaleco o roupa reflectinte
- Teléfono Móbil prendido (con batería cargada)
- Silvato
- Manta térmica

9. MATERIAL ACONSELLABLE
- Roupa e zapatillas adecuadas para unha carreira de media montaña no inverno, con
previsión probable de choiva
- Teléfono móbil
- GPS

10. SEÑALIZACIÓN
Todo o percorrido atoparase balizado con cinta de cores facilmente visibles, que se
acompañarán con marcas e frechas en cruces de camiños. Estes sinais serán retiradas pola
organización durante o mesmo día da proba. Darase información de distancia cada 5 km.

11. SEGURIDADE
A organización dispón dun seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para todos os
participantes.
Haberá un servizo de Atención Sanitaria para casos de accidente ou necesidade de evacuación
do corredor.
Un corredor escoba da organización actuará como peche de carreira a un ritmo suficiente para
cumprir co horario previsto.
O corredor escoba ten potestade para descualificar a calquera corredor en calquera punto de
control ou avituallamento, retirándolle o dorsal, se considera que este incumpriu o regulamento
da proba ou non está en condicións de continuar en carreira.
Ao longo do percorrido, naqueles puntos que poidan resultar conflitivos, haberá persoal da
organización para orientar aos participantes.
Non está permitida a participación a menores de idade no Trail Longo.

12. METEOROLOXÍA
O mal tempo non será impedimento para a celebración da carreira. A organización poderá
interromper a proba en calquera punto se considera que poida haber serio perigo para a
integridade física dos participantes, ou en casos de forza maior.
Terase previsto un percorrido alternativo.
En caso de interrupción ou anulación da proba, porque as condicións climatolóxicas así o
requiran, e resulten impracticables todos os itinerarios alternativos, os dereitos de inscrición non
serán devoltos.

13. OBRIGAS
Os corredores están obrigados:
- A levar o dorsal facilitado pola organización. Este levará nun lugar visible e na parte
dianteira durante toda a proba e non poderá ser dobrado nin recortado.
- A socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á organización.
- A seguir as instrucións dos membros da organización, mostrándose respectuosos con
estes e cos demais corredores.
- A non saírse do itinerario sinalizado.
- A comunicar a súa retirada nun control ou avituallamento, entregando o dorsal. Neste
caso, o corredor asume toda a responsabilidade desde que abandona voluntariamente a
proba ou é descualificado. Se decide continuar no percorrido será baixo a súa absoluta
responsabilidade.
- A levar consigo calquera residuo que xere: envases, papeis, residuos orgánicos, etc., ata
os lugares sinalados e habilitados pola organización.
Será motivo de descualificación do corredor:
- Abandonar residuos fóra das papeleiras situadas nos avituallamentos.
- Non auxiliar a outros participantes no caso de que o necesiten.
- Non obedecer as indicacións do persoal identificado como da organización.
- Non levar o dorsal visible.
- Atallar, saírse do itinerario sinalizado.
- Non pasar, ou non identificarse, polos controis de paso que determine a organización.
- Non realizar o percorrido completo.
- Ter un comportamento non deportivo, irrespetuoso con corredores ou membros da
organización.
- Provocar un accidente voluntariamente
- Abandonar a carreira sen comunicación á organización, que conlevará a imposibilidade
de participar en futuras edicións da proba.
- Comportamento irrespetuoso ou temerario co medioambiente.
- Incumprir algún dos puntos do apartado 13 deste regulamento.

14. HORARIOS
SÁBADO 28
Trail Nocturno - 19:00
Peche da carreira - 21:15
Entrega de trofeos - 21:30
Domingo 29
Trail Longo - 10:00 h.
Andaina – 10:00 h.
Trail Curto - 11:30 h.
Peche de carreira - 14:30 h.
Entrega de trofeos – 14:30 h.

15. RECLAMACIÓNS
Poderanse presentar reclamacións referentes ás clasificacións provisionais ata 30 minutos
despois da súa publicación.

16. CLASIFICACIÓNS
A clasificación colgarase nun taboleiro de anuncios en Meta conforme vaian chegando os
corredores.
Aquilo non regulado neste regulamento rexerase polo Regulamento da FGDM.

17. ECORESPONSABILIDADE
O itinerario transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico, polo que se deben seguir as pautas de
comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non acender lume, non
producir ruídos que molesten á fauna, non acampar, non saírse do percorrido sinalizado,…en
definitiva non deixar rastro da nosa actividade.
Reducirase ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamentos, sinalización. A
organización utilizará no posible material reutilizable ou reciclable.
Lembramos aos corredores e corredoras que a organización non facilitará vasos de plástico nos
avituallamentos, polo que é obrigatorio portar algún sistema de hidratación propio (mochilas,
bidóns, vasos plegables…).

18. CÁMARA DE CHAMADAS E ACCESO O AUTOBUS
45 minutos antes do comezo da proba abrirase a cámara de chamadas, que se pechará 10
minutos antes do pistoletazo de saída.

Será OBRIGATORIO pasar por este control tanto no trail Nocturno, no trail longo como no
trail curto.
Todo corredor que non pase o control de chamadas non aparecerá nos resultados oficiais
sendo descalificado
Os participantes do trail Nocturno serán trasladados a zona de saída en autobuses que farán
varias viaxes e que partirán da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel Mariña Sada, a
200 metros da zona de Meta, A hora de saída dos autobuses concretarase coa debida antelación.
Os participantes da andaina serán trasladados a zona de saída en autobuses que farán varios
viaxes e que partirán da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel Mariña Sada,a 200
metros da zona de Meta, e que partirán cara a ese punto as 9:30.
Os participantes no trail Curto serán trasladados a zona de saída en autobuses que farán varias
viaxes e que partirán da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel Mariña Sada,a 200
metros da zona de Meta, e que partirá cara a ese punto de saída xusto despois do comezo da
proba longa.

19. MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO
O regulamento pode ser modificado en calquera momento pola organización por previsión
meteorolóxica ou por calquera tipo de circunstancia necesaria.

20. FACILIDADES
Haberá duchas para uso dos participantes.

Información actualizada a 23/01/2023