Calendario
Info da proba

Piñor

13/11/2022 11:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA DEPORTIVA
ANDAINA E TRAIL SAUDABLE DO OUTONO 2022
1. DATA: domingo 13 de novembro de 2022.
2. ORGANIZA: Concello de Piñor.
3. INFORMACIÓN DAS PROBAS:
O Concello de Piñor conta cun entorno paisaxístico e cultural singular polo que para
promocionalo e fomentar estilos de vida saudable organiza as seguintes probas:
A. TRAIL: 14 KM
- LUGAR DE SAÍDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO.
- SAÍDA TRAIL: 11:00 horas.
- DIFICULTADE: media
- CATEGORÍAS:
o VM1Veteranos I, dende 1978 e anteriores.
o VF1Veteranas I, dende 1978 e anteriores.
o SM Sénior masculino, dende o 2000 ata 1979.
o SF Sénior femenina, dende 2000 ata 1979.
o 3 General masculino e femenino.
o 3 Local masculino e femenino.
B. ANDAINA 14 KM
- LUGAR DE SAIDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO.
- SAIDA ANDAINA: 10:00 horas.
- DIFICULTADE: media.
Será de velocidade libre pero existen horas de corte.
A ruta da andaina e do trail é circular, con saída e chegada no pobo de Arenteiro, no
Campo da Festa.
O percorrido pasa polos núcleos rurais de Arenteiriño, Albarona, Piñor e Barrán, amosa
un gran valor paisaxístico e etnográfico do Concello, pasando polas ribeiras do Río
Arenteiro, destacando a súa fervenza chamada Fervenza do Peilán, e de seguido a
Fábrica de Papel de Lousado.
4. CUSTO E LUGAR DE INSCRICIÓNS:
 TRAIL: 10,00 €
 ANDAINA: 5,00 €
INSCRICIÓNS: ata as 23:59 do mércores 9 de novembro de 2022 en:
 https://sportmaniacs.com
 APP Saudeter Live.
* Non se admitirá participación e inscrición fóra de prazo baixo ningún concepto.
Todos /as os/as deportistas recibirán un agasallo conmemorativo da proba.
As prazas para o desenvolvemento das probas deportivas son LIMITADAS.
5. RECOLLIDA DE DORSAIS E DUCHAS
Os dorsais recolleranse a partir das 9:00 h do 13 de novembro no lugar de saída das
probas no Campo da Festa Arenteiro.
As duchas estarán situadas aproximadamente a 2 km do lugar da celebración da
proba., na localidade de Cotelas. (https://goo.gl/maps/CLqVL21sviejmpcH9).
6. PREMIOS.
o Premio para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
* Os premios non serán acumulativos, no caso de dúbida poderase pedir o track
gps por parte da organización.
* NON HABERÁ PREMIOS ECONÓMICOS.
7. SINALIZACIÓN E CONTROIS
O percorrido estará sinalizado con postes de madeira, carteis informativos, cintas e
marcas. Ademais nos puntos máis conflitivos haberá persoal de Protección Civil e da
organización.
8. SERVIZOS MÉDICOS
A organización contará con servizo médico e ambulancia dende antes do inicio e ata
finalizar a proba deportiva. Tamén contará con persoal de Protección Civil.
9. SEGURO.
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
de accidentes deportivos.
10. INDICACIÓNS DE INTERESE XERAL.
 Respectar o entorno natural e non deixar os residuos tirados, depositalos nas zonas
habilitadas.
 Zona de aparcamento amplia no lugar de saída da proba.
11. OUTRAS CONSIDERACIÓNS.
• A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba
se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior.
• Por o feito de tomala saída, todos/as os/as participantes/as aceptan o presente
regulamento.