Calendario
Info da proba

Barreiros

13/11/2022 12:00 - 13:00
Regulamento 1. PRESENTACIÓN:
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros é unha asociación que nace no ano 2006 coa
finalidade de dinamizar a vida cultural e social do municipio barreirense. Máis de dez anos
despois da súa creación e cunha traxectoria de actividades que avalan a consecución dos
obxectivos plantexados inicialmente, Ollomao, no 2016 actualiza as súas fins fundacionais
ampliando os seus intereses e campos de actuación. É entendendo que os medios a
empregar para poñer en valor e dinamizar un territorio poden ser múltiples e de diversa
tipoloxía que se deseña a actividade que aquí se presenta, na cal destaca a práctica
deportiva como ferramenta fundamental.
Nesta traxectoria de traballo de Ollomao cómpre destacar as actividades, tanto lúdicas
cómo formativas e informativas, e de sensibilización, que teñen como protagonista o río
Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos. Este, principal fluvial de Barreiros e concellos
colindantes cómo son Foz, Lourenzá e Mondoñedo, foi nos seus mellores momentos un
importante recurso natural, económico e industrial, véndose na actualidade nun estado de
abandono que impide o seu óptimo aproveitamento e desfrute.
Coa finalidade de dar a coñecer a importancia deste río e reivindicar a súa limpeza e
recuperación, así como de mostrar as múltiples oportunidades que podería ofrecer de verse
nun estado mellorado, o Colectivo Cultural Ollomao planificou no ano 2017 unha serie de
actividades encaixadas todas elas baixo a marca “Ao Son do Masma”, nome que recibía o
festival de música galega e encontro veciñal que este colectivo realizou á beira do río.
Atendendo a esa variedade de oportunidades que podería ofrecer o Masma e sendo a
práctica de actividades deportivas unha delas, deseñouse a realización dunha carreira
popular a carón do río.
Dende o Colectivo Cultural Ollomao acreditase nos valores de respeto á diversidade social,
os valores nautrais e patrimoniais da nosa cultura o longo da proba.
Esta edición incorporamos unha novidade moi importante para nós e os nosos valores cómo
é ser solidarios, por tanto, unha parte da recaudación desta carreira irá destinada para a
asociación APNED (Asociación de Pais de Nenos con Discapacidade) de Barreiros que fan
unha labor de apoio as familias de nenos con diferentes discapacidades.
2. ORGANIZA E PATROCINA:
Colectivo Cultural Ollomao e Concello de Barreiros
O Domingo 13 de Novembro de 2022 a partires das 10:30 terá lugar a IV Carreira
Popular “Ao Son do Masma”
3. COLABORA
Protección Civil de Barreiros, Eroski City Barreiros, Gadis, Asociación Deportiva Augas
Santas e Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado.
4. LUGAR-DÍA
Todas as probas terán saída e chegada nas Escolas de Celeiro de Mariñaos, Barreiros o día
13 de novembro de 2022
5. HORARIOS, CATEGORÍAS E ANOS DE NACEMENTO POR COMPETICIÓN:
- A partir das 10:00h ENTREGA DE DORSAIS
- 10:45h Saída da andaina
- 11:30h TROITIÑAS/PITUF@S (NADOS 2017 E POSTERIORES) Non competitiva e
mixta. Distancia: 110 metros
- 11:05h TROITAS/SUB 8 (NADOS 2015- 2016) Non competitiva e mixta. Distancia:
200 metros
- 11:10h REOS/SUB 10 (NADOS 2013-2014) Distancia: 410 metros
- 11:15h ANGUÍAS/SUB 12 (NADOS 2011-2012) Distancia: 700 metros
- 11:20h LAMPREAS/SUB 14 (NADOS 2009-2010) Distancia: 1550 metros
- 11:30h SOLLAS/SUB 16 (NADOS 2007-2008) Distancia: 2260 metros
- 11:45h ENTREGA DE PREMIOS DAS CATEGORÍAS MENORES
- 12:00h SAÍDA CARREIRA ABSOLUTA- SALMÓNS (2006 E
ANTERIORES)Distancia: 5600 metros
- 12:30h CHEGADA ANDAINA
- 13:00h ENTREGA DE PREMIOS
6. INFORMACIÓN E CARACTERÍSTICAS DOS PERCORRIDOS:
PERCORRIDOS CORTADOS AO TRÁFICO
TODOS OS PERCORRIDOS ESTARÁN DEBIDAMENTE SINALIZADOS
TODAS AS COMPETICIÓNS ACOMPAÑADAS POR CICLISTAS, ENCABEZARÁN A
MESMA E A PECHARANA.
* Non se poderá acompañar aos participantes nin correndo nin en bici nin de ningún xeito
agás na proba de PITUF@S
7. PERCORRIDOS MENORES:
- Todas as probas terán a meta na pista das Escolas de Celeiro de Mariñaos.
- A proba dos pituf@s/ Troitiñas: Deberán ser acompañados por un responsable.
(non competitiva mixta). Distancia: 100 metros.
- Percorrido Troitas/ Sub 8 → Distancia: 200 metros. (non competitiva e mixta)
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-sub8-troitas-116782642
- Percorrido Reos / Sub 10 → Distancia: 410 metros.
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-reos-sub-10-116782729
- Percorrido Anguias/ Sub 12 → Distancia: 700 metros.
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-anguias-sub12-116782921
- Percorrido Lampreas / Sub 14 → Distancia: 1.550 metros
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-lampreas-sub14-116783183
- Percorrido Sollas / Sub 16 → Distancia: 2.260 metros
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-sollas-sub16-116783233
8. PERCORRIDO CARREIRA ABSOLUTA:
- Percorrido carreira absoluta / salmóns → Distancia: 5.600 metros.
https://www.wikiloc.com/running-trails/ao-son-do-masma-salmons-absoluta-116783384
9. INSCRIPCIÓN E PREZOS:
O prazo de inscrición estará aberto do 25 de Outubro ata o xoves 10 de Novembro , na web
www.maiskmsbarreiros.gal ou en www.championchipnorte.com A inscrición nesta carreira
está ligada ao "CIRCUITO +KMBARREIROS".
- A inscrición para as categorías menores será de balde pola web durante o prazo de
inscrición.
- A inscrición para a carreira ABSOLUTA , será de 7 € (6€ + 1€ doazón) máis 1€ de
aluguer a os non propietarios de chip amarelo ata o 6 de Novembro. Do 6 ao 10 de
Novembro serán 9€ (8+1 doazón)
* A organización doará 1€ de cada inscrición a prol da asociación APNED asociacion de
país con nenos con discapacidade de Barreiros.
10. RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase nas Escolas de Celeiro de Mariñaos dende as 10:00 horas
ata media hora antes da saída da carreira absoluta.
11. TROFEOS E AGASALLOS DA CARREIRA
● Carreiras menores:
○ Medalla para os 3 primeiros/as de cada categoría competitiva.
● Carreira absoluta:
○ Agasallo para todos os participantes.
○ Medalla para os 3 primeiros/as de cada categoría.
○ Agasallo especial para os/as gañadores/as absolutos.
● Categorías probas menores:
○ TROITIÑAS/PITUF@S → Nados no 2017 e posteriores (non competitiva e
mixta).
○ TROITAS/SUB 8 → Nados entre 2015- 2016 (non competitiva e mixta).
○ REOS/SUB 10 → Nados entre 2013-2014 (masculina e feminina)
○ ANGUÍAS/SUB 12 → Nados entre 2011-2012 (masculina e feminina)
○ LAMPREAS/SUB 14 → Nados entre 2009-2010 (masculina e feminina)
○ SOLLAS/SUB 16 → Nados entre 2007-2008 (masculina e feminina)
● Categorías proba absoluta:
○ SUB - 23 → Nados entre 2006-2000 (masculina e feminina)
○ SENIOR → Nados entre 1988-1999 (masculina e feminina)
○ VETERANOS/AS → Nados o 1987 ou anteriores (masculina e feminina)
12. INSCRIPCIÓN
➔ www.maiskmsbarreiros.gal (web oficial Circuito)
➔ www.championchipnorte.com
13. OUTRAS DISPOSICIÓNS
● Poderán participar atletas federados e non federados.
● Non se poderá acompañar aos participantes nin correndo nin en bici agás na proba
de pitufos/as.
● Si eres propietario do chip amarelo debes competir con él.
● É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal no peito.
● É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP DE ALQUILER AO REMATAR A CARREIRA
● A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais, materiais ou
económicos, tanto dos participantes como dos acompañantes, derivados da
participación nesta proba.
● A organización poderá descalificar a toda aquela persoa participante que teña unha
actitude antideportiva ou que dificulte o bo desenvolvemento da proba.
● A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de
Responsabilidade Civil e servizos de protección civil.
● Contarase tamén con seguro de accidentes que cumpra os requisitos legais para
unha proba deste tipo.
● Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente
regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes do
eventos.