Calendario
Info da proba

Pontevedra

13/11/2022 12:00 - 13:00
Regulamento IX MILLA SOLIDARIA ANEDIA
Domingo, 13 de novembro de 2022. Avda. de Montero Ríos, Pontevedra
Organiza: Anedia Galicia
Colaboran: Concello de Pontevedra, Club Atletismo Rias Baixas, Federación
Galega de Atletismo.
PROGRAMA:
Hora Proba Hora Proba
10:30 500m. Sub10 Fem. (nados* en 15 e 14) 11:50 Milla popular Fem. (n. en 07 e anteriores)
10:40 500m. Sub10 Masc. (n. en 15 e 14) 12:00 Milla popular Masc. (n. en 07 e anteriores)
10:50 500m. Sub12 Fem. (n. en 13 e 12) 12:10 4x500 mixto (máximo 8 equipos)
11:00 500m. Sub12 Masc. (n. en 13 e 12) 12:20 150m. Carreira Patrulla Canina (n. en 18, 17
e 16)
11:10 1.000m. Sub14 F. (n. en 11 e 10) 12:30 80m. Carreira Bob Esponja (n. en 19, 20, 21 e
22)
11:20 1.000m. Sub14 M. (n. en 11 e 10) 12:40 Milla Absoluta Fem. (n. en 07 e anteriores)
11:30 1.000m. Sub16 F. (n. en 09 e 08) 12:40 Milla Absoluta Masc. (n. en 07 e anteriores)
11:40 1.000m. Sub16 M. (n. en 09 e 08) 12:50 ANDAINA de 500m. (sen clasificación)
✓ As categorías corresponden a tempada 2023.
✓ O percorrido será na propia Avda. de Montero Rios, nun circuito balizado de ida e volta.
✓ Inscricións na web www.carreirasgalegas.com, ata o martes 8 de novembro. Excepto os que participen
na proba de remudas, que o farán a través do correo electrónico: atleriasbaixas@gmail.com, indicando o
nome do equipo; nome completo dos catros integrantes, número de licenza federativa, clube ao que
pertence, ano de nacemento e millor marca de cada un en 400m., 500m., 600m. e/ou 800m.; en 2022 ou
2021.
✓ Na remuda 4x500, participarán un máximo de 8 equipos, integrados por 2 homes e 2 mulleres; non teñen
porque pertencer ao mesmo Clube. A orde da remuda comunicarase na secretaría da competición, ata 40
minutos antes da carreira.
✓ Poderán participar atletas federados e non federados, agás na remuda e na milla absoluta, nas que so poderán
participar atletas federados. Na milla absoluta se non se poñe a licenza, será inscrito/a na milla popular.
✓ Na Milla Absoluta os homes sairán 45 segundos despois das mulleres.
✓ Na milla popular estableceranse 3 categorías: A) ata 35 anos, Ojo morado de 36 a 49 anos. C) de 50 anos en diante.
Terase en conta a data de nacemento.
✓ Os atletas accederán a zona da saída da súa carreira ata 10 minutos antes do comezo da mesma.
✓ As notificacións de baixas ata o xoves 10 de novembro ao correo: atleriasbaixas@gmail.com
✓ A recollida do dorsal (non se entregarán alfinetes) farase na Avda. de Montero Ríos ata 30 minutos antes
do comezo da súa carreira.
✓ Haberá agasallos a todos os participantes e premios aos 3 primeiros, Entregaranse ao remate da competición
na Ceremonia de Pódium.
✓ Aconsellamos cumprir as recomendacións sanitarias pola emerxencia sanitaria da Covid-19.