Calendario
Ver carrera

Paradela

08/10/2022 17:00 - 18:00

[ Go Back ]

Descripción I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PARADELA
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Paradela organiza a I Carreira popular Concello de Paradela
A proba terá lugar o vindeiro sabado día 17 de setembro de 2022, con saída e meta na Praza do
Mercado Gandeiro.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física
suficiente para rematar a proba.
Artigo 2: Categorías, distancias e horarios:
➔ Categoria de menores (2007 e posteriores)
• Distancia: 1500 metros.
• Horario: 15:30 horas
➔ Categoria absoluta (2006 e anteriores)
• Distacia: 8000 metros
• Horario: 17:00 horas
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da organización. A
PREVISION MAXIMA SERA DE 300 PARTICIPANTES
Artigo 3: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.
Artigo 4: Condicións de Participación:
➢A inscrición na proba é persoal e intransferible
➢A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación
se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización
e os seus colaboradores, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
➢No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en mans da organización.
➢A proba estará controlada por persoal da organización, e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respectar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.
➢Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase a través do enlace que se poderán atopar nas web https://ccnorte.com/. A
inscrición pecharase o xoves día 15 de setembro.
➢Non se admitirán inscricións fora de prazo.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,enderezo,
concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais poderanse retirarse o día da carreira ata media hora antes da carreira.
Artigo 7: Premios:
➢A entrega de premios será na zona de meta o rematar as probas.
➢Premio aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
➢Na categoría de menores darase medalla a todos os participantes. Non haberá
premiacións para esta categoría nin se farán clasificacións.
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
4. Vestiarios na zona de meta.
5. Gardarroupa
6. Avituallamento na zona de saída da proba e durante o percorrido da carreira.
7. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros
sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9: Aceptación do regulamento:
A inscrición na proba conleva a autorización da publicación de fotografías ou vídeos da
participación na mesma por parte do organizador e dos seus colaboradores, así coma os
resultados. O descoñecemento do regulamento no exime do seu cumprimento.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva
implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que
a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquer aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
Artigo 10: Cambios do regulamento:
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, e deberá publicalo na web.
Artigo 11: Cambios do desenrolo da actividade e protocolo COVID:
As condicións de desenrolo da actividade pódense ver alteradas pola situación da
pandemia. O protocolo COVID a aplicar durante o evento publicarase na web da carreira
www.correrenmonterroso.es e nas redes sociais na semana de celebración da mesma.
Este protocolo axustarase a situación sanitaria na semana da carreira. Tódolos
participantes no evento teñen a obriga de consultalo protocolo COVID e cumprilo en todo
momento a fin de que teñamos carreira segura para todos.

[ Go Back ]