Calendario
Ver carrera

Ribadavia

04/12/2022 11:00 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción “VII CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA FESTAS DO PORTAL”
REGULAMENTO XERAL
O Concello de Ribadavia, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo
organiza o vindeiro, domingo 11 de Setembro de 2022 “VII CARREIRA PEDESTRE DE
RIBADAVIA FESTAS DO PORTAL”
SAIDA E META
A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior.
HORARIOS E PERCORRIDO
HORARIO SAÍDA CATEGORÍAS CIRCUÍTO DISTANCIA(*) Nº DE VOLTAS
ABSOLUTA
11:00 HORAS
MASTER D A 10 KM. 1
MASTER C A 10 KM. 1
MASTER B A 10 KM. 1
MASTER A A 10 KM. 1
SENIOR A 10 KM. 1
SUB23 A 10 KM. 1
SUB20 A 10 KM. 1
SUB18 A 10 KM. 1
11:05 HORAS
SUB16 B 2100 M. 3
SUB14 B 1400 M. 2
SUB12-SUB10 B 700 M. 1
12:20 HORAS SUB-8 C 100 M. Praza Maior
12:25 HORAS BIBERONS C 50 M. Praza Maior
(*) Distancia aproximada
CIRCUITO A 10Km: Praza Maior, Rúa Garcia Penedo, Rúa Alcalde Meruendano, Rúa
Progreso, Rúa Ribeiro, Rúa Veronza, Rúa do Xestal, Camiño San Cristovo (Baixo Autovía),
Area Recreativa A Veronza (Carril bici), Rúa Veronza, Rúa Extramuros (senda peonil
Avia/Miño), Rúa da Aldea, Praza Cruceiriño, Rúa do Pouso, Estrada Filgueira, Estrada
Francelos, Rúa San Lazaro, Rúa Progreso, Rúa alcalde Meruendano, Rúa García Penedo,
Praza Maior.
CIRCUITO B 700m: Praza Maior, Rúa García Penedo, Rúa Alcalde Meruendano, Rúa
Progreso, Rúa Extramuros, Rúa Porta Nova de abaixo, Praza da Magdalena, Praza Bujan,
Rúa Merelles Caula, Praza Maior.
CIRCUITO C: Praza Maior.
CATEGORÍAS
CATEGORÍAS IDADE/anos NADOS
ABSOLUTA
MASTER D + DE 65 anos ANOS CUMPRIDOS O DÍA DA PROBA
MASTER C DE 55 A 64 ANOS CUMPRIDOS O DÍA DA PROBA
MASTER B DE 45 A 54 ANOS CUMPRIDOS O DÍA DA PROBA
MASTER A DE 35 A 44 ANOS CUMPRIDOS O DÍA DA PROBA
SENIOR Nados/as desde 1999 ata master
SUB 23 Nados/as en 2000, 2001 e 2002
SUB20 Nados/as en 2003 e 2004
SUB18 Nados/as en 2005 e 2006
BASE
SUB16 Nados/as en 2007 e 2008
SUB14 Nados/as en 2009 e 2010
SUB12 Nados/as en 2011 e 2012
SUB10 Nados/as en 2013 e 2014
SUB8 Nados/as en 2015 e 2016
BIBERÓNS Nados en 2017 e posteriores
2
RECOLLIDA DE DORSAIS
- O Domingo 11 de Setembro 2022, ata 15:00 minutos antes da saída de cada categoria
na secretaría de competición (Concello de Ribadavia/Praza Maior, 4).
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA:
- A carreira estará baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo e do
Comité Galego de Xuíces.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá puntos de
control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por
todos os puntos de control establecidos serán descualificadas, coa consecuente
eliminación dos resultados finais oficiais.
INSCRICIÓN E PRAZOS
- As categorías participantes na proba absoluta (excepto categoría SUB18) ten un custe
de 5 €.
- Todos os inscritos na carreira de adultos terán un obsequio recordo da proba.
- As categorías base e xuvenil : a inscrición e de balde .
- A inscrición para todas as categorías será ata as 23’59 horas do 6 de setembro en
www.carreiragalegas.com
NORMAS DA COMPETICIÓN
A proba estará controlada e sinalizada en todo momento.
Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Os corredores levarán en todo momento o dorsal ben visible na zona do peito para a
súa identificación, sen engurrar e cos patrocinadores da proba ben visibles.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada quilómetro.
- O control de chegada, da carreira absoluta, pechará as 12:15 h.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes,
que regularán o tráfico aó longo do percorrido.
SERVIZOS
- Vestiarios e duchas: POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DO CONCELLO (Rua Baixada ao
Concello, 37).
- Os resultados serán expostos ó remate da proba na web www.carreirasgalegas.com
3
ENTREGA DE PREMIOS
- A entrega de premios, de tódalas categorías, as 13:00 horas na Praza Maior Fronte ao
Concello.
- Recibirán premio os tres primeiros clasificados masculinos e femininos Absolutos e de
cada categoría.
- Nas categorías SUB10, SUB8 e Biberóns recibirán un premio tódolos participantes.
- Premio Local: 1º e 1ª atleta clasificad@ do Concello de Ribadavia na carreira absoluta.
UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen
axudas externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún veículo alleo á
organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo nón se
permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr
acompañados destes en ningún intre.
RECLAMACIÓNS
- Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona
de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
DESCALIFICACIÓNS
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que
manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que
se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local,
Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente
identificados.
- Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor que non leve visible
o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete
o percorrido completo, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas Normas
Xerais da Federación Galega de Atletismo.
- As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.
4
RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a
proba, eximindo a organización da devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá
as incidencias inherentes á proba.
- Teranse en conta a normas en vigor en relación a Covid-19.
LOPD
- Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición,
o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan utilizados por FG
Atletismo e o Concello de Ribadavia para comunicacións sobre as súas actividades e
publicación de reportaxes sobre a proba.
COMPROMISO
- A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
CAMBIOS NO REGULAMENTO
- A organización resérvase o dereito de realizar cambios no presente regulamento se así
o considerase comunicando a través da web: www.deportesribadavia.es –
www.carreirasgalegas.com e na información aos participantes.
CONSIDERACIÓN FINAL
- Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas
Xerais da WA, Real Federación Española de Atletismo e Federación Galega de Atletismo.

[ Go Back ]