Calendario
Ver carrera

Mañón

20/11/2022 12:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
V CARREIRA POPULAR DO CONCELLO DE MAÑÓN
(Iª DO VIII CIRCUITO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA)
DOMINGO 20 DE NOVEMBRO 2022
1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Mañón organiza a V Carreira Popular de Mañón. A proba terá
lugar o Domingo 20 de Novembro do 2022 ás 11:00h ,con saída e chegada na praia
de Esteiro ,no Barqueiro.
Haberá control técnico por parte da Federación galega de Atletismo en todas as
categorías. O percorrido de 7400 metros será por estrada asfaltada.
2. PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas federados ou non, sen distinción de
sexo ou nacionalidade.
3. CATEGORÍAS:
CATEGORÍA ANO DE
NACEMENTO
DISTANCIA SAÍDA
Pitufo 2017 e posteriores 100m 11h
Prebenxamín 2015-2016 100m 11h
Sub 10 2013-2014 500m 11:15h
Sub 12 2011-2012 500m 11:15h
Sub 14 2009-2010 1000m 11:30h
Sub 16 2007-2008 1000m 11:30h
Sub 18 2005-2006 7400m 12h
Sub 20 2003-2004 7400m 12h
Sub 23 2000-2001-2002 7400m 12h
Senior 1999 ata 1988 7400m 12h
Máster 1 1987 ata 1982 7400m 12h
Máster 2 1981 ata 1972 7400m 12h
Máster 3 1971 ata 1962 7400m 12h
Máster 4 A partir de 1961 7400m 12h
4. INSCRICIÓNS:
-A inscrición será gratuíta para os atletas das categorías menores(de pitufo a sub
18) e de 5€ para os/as atletas da categoría absoluta (nados no ano2004 ou
anteriores) e poderá realizarse a través da páxina web da Federación Galega de
Atletismo
Calquera dúbida ou máis información serán atendidas no tf 647536305 ou por
correo electrónico: cultura.deportes@manon.es.
- O prazo de inscrición rematará o xoves 17 de Novembro ás 23:59h
- Límite de prazas absoluta:500
- Non se admitirán inscricións fóra de prazo
- A inscrición da proba é persoal e intransferible
- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o
regulamento da proba
- A proba estará controlada polo persoal da Federación Galega de Atletismo
e estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o
regulamento.
Protección de datos: Todos/as os/as corredores/as ó realizar a inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación, medios de
comunicación e /ou internet. Mediante a inscrición o corredor consinte
expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para
comunicacións acerca da súa actividade. En toda caso e tal como se establece a
Lei de Protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereito de acceso
rectificación, cancelación e posición mediante un escrito ou correo electrónico.
5. ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsais entregaranse o día da proba na zona habilitada pola organización
(Polideportivo de Esteiro),ata media hora antes da saída de cada proba.
6. GARDA ROUPA:
A organización habilitará un servicio de garda roupa, pero non se
responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas. Estará instalado
no Pavillón municipal de Esteiro.
7. SERVICIO DE DUCHAS:
A organización poñerá a disposición dos/as corredores/as servicio de
duchas(Pavillón municipal de Esteiro)
8. PERCORRIDOS:
-A saída situarase no Pavillón municipal da praia de Esteiro no Barqueiro e as
diferentes carreiras realizaranse no entorno próximo ó redor da localidade
-É obrigatorio que os corredores leven durante toda a carreira o dorsal no
peito, deben chegar á meta con él.
-O percorrido da categoría absoluta estará sinalizado en cada km
-As distancias sinaladas son aproximadas.
-A organización resérvase o dereito de realizar modificacións ou cambios no
percorrido se a seguridade o require, e na distribución das saídas, dependen da
cantidade de inscritos.
9. AVITUALLAMENTO:
Haberá servizo de avituallamento sólido e líquido ó final da proba.
10.VEHÍCULOS
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola
organización, que regularán o tráfico ó longo do percorrido. Queda totalmente
prohibido seguir ós corredores en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que poidera
supoñer para os atletas, así como a participación de animais.

11.PREMIOS:
-A organización premiará ós 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría
masculina e feminina
-Trofeo para o/a mellor corredor/a en categoría absoluta
-A entrega de trofeos realizarase unha vez remate a proba da categoría absoluta.
12. SEGURO:
A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que
cubre os posibles danos e responsabilidade civil.
Esta carreira disporá de ambulancia para atender posibles incidencias.
Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita
proba. Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse, aceptan o presente
regulamento e en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no
mesmo acatarase o que dispoña o Comité Organizador da proba
13. DESCALIFICACIÓNS:
A proba estará controlada por técnicos da Federación Galega de Atletismo e polo
persoal do Concello de Mañón, e estarán capacitados para descualificar a calquera
atleta que incumpra o regulamento.

[ Go Back ]