Calendario
Ver carrera

Vigo + 11

13/11/2022 10:00 - 11:30

[ Go Back ]

Descripción VIGO + 11
CARREIRA POPULAR
REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, coa colaboración do
Concello de Vigo, organizan a 14ª Carreira PopularVIGO +11, baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuíces.
2. Data: 13 de novembro de 2022.
3. Saída e Meta: Xardíns de Elduayen (As Avenidas).
4. Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non
federadas, a través da web magmasports.es/es/eventos/run-run-vigo-2022
5. Cota: 5 €, excepto as categorías sub8, sub10, sub12, sub14, sub16 e sub18.
6. Prazo de inscrición: ata o día 8 de novembro ás 24:00.
7. Entrega de dorsais e chips: Efectuarase na Casa do Deporte o 12 de novembro,
desde as 10:00 ás 21:00 horas, e o día da carreira na zona da saída a partir das 9:00.
8. Premios: Recibirán medalla os tres primeiros clasificados, tanto masculinos como
femininos, de cada categoría. Excepto sub8 da que non se fará clasificación e
recibirán un detalle en meta todos.
9. A proba está incluída no circuíto Run RunVigo do Concello de Vigo.
10.Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais.
11. A participación de atletas estranxeiros e de outras autonomía se rexira polo
disposto na sección terceira do reglamento de competiciones da RFEA, disponible
en: https://www.rfea.es/normas/pdf/Reglamento2022/05_ReglamentoCompeticion.pdf.
12. Establécese un límite de unha hora e quince minutos para completar a proba de
10 km. A partir de ese momento pecharase o control de chegada e quen permaneza
no circuíto o fará baixo a sua responsabilidade seguindo as normas de circulación.
13. Haberá servizo de gardaroupa, no Real Club Náutico de Vigo a disposición de
tódolos atletas ao finalizar as probas.
14. Horarios e Categorías:
Categoría Distancia (aprox.) Hora de saída
Subɪ ɤɢɣɧ-ɤɢɣɨ-ɤɢɣɩ ɤɢɢm ɱrecta metaɲɣɢ:ɢɢ
Subɣɢ ɤɢɣɥ-ɤɢɣɦ ɣkm ɱɣvolta c.ɲ ɣɢ:ɣɧ
Subɣɤ ɤɢɣɣ-ɤɢɣɤ ɣkm ɱɣvolta c.ɲ ɣɢ:ɣɧ
Subɣɦ ɤɢɢɫ-ɤɢɣɢ ɤkm ɱɤvoltas c.ɲ ɣɢ:ɥɢ
Subɣɨ ɤɢɢɩ-ɤɢɢɪ ɥkm ɱɥvoltas c.ɲ ɣɢ:ɦɧ
Subɣɪ ɤɢɢɧ-ɤɢɢɨ ɥkm ɱɥvoltas c.ɲ ɣɢ:ɦɧ
Subɤɢ ɤɢɢɥ-ɤɢɢɦ ɣɢkm ɣɣ:ɣɢ
Subɤɥ ɤɢɢɢ-ɤɢɢɣ-ɤɢɢɤ ɣɢkm ɣɣ:ɣɢ
Sénior ɣɫɫɫata Máster ɣɢkm ɣɣ:ɣɢ
Máster ɦɢ ɦɢata ɦɦanos cumpridos ɣɢkm ɣɣ:ɣɢ
Máster ɦɧ ɦɧata ɦɫanos cumpridos ɣɢkm ɣɣ:ɣɢ
Máster ɧɢ ɧɢata ɧɫanos cumpridos ɣɢkm ɣɣ:ɣɢ
Máster ɨɢ ɨɢou máis anos cumpridos ɣɢkm ɣɣ:ɣɢ
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar
ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados
dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o
compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo
de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar
a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir
alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité
Organizador e polas normas da FGA, RFEA e World Athletics en vigor.

[ Go Back ]