Calendario
Info da proba

Pintos

27/08/2022 17:30 - 18:30
Regulamento XXXV Carreira Popular de Pintos

Por fin, volvemos!! despois de dous anos "parados" obrigados pola pandemia, con moito gusto aquí vos presentamos o cartel desta edición especial do 35 aniversario da nosa Carreira Popular de Pintos.

Como principal novidade, ademais de algunha que outra sorpresa, este ano xusto despois da carreira teremos unha gran festa de celebración amenizada polo grupo Son das Tabernas, xa ben entrada a noite e ata que o corpo aguante!!

Xa empezamos a traballar arreo para que o próximo 27 de agosto, Pintos volva a recuperar a súa Carreira Popular!