Calendario
Info da proba

A Baña

02/10/2022 9:45 - 14:15
Regulamento - Trail: 26,00 Km.
- Mini Trail: 16,00 Km.
- Andaina non Competitiva: 16,00 Km.
- “PequeTrail”: Segundo inscrición.
1. ORGANIZACIÓN. O Concello da Baña organizan coa colaboración do Clube Seixos
e a asociación de Empresarios A Baña Emprende o TRAIL DA BAÑA, con dúas
distancias na modalidade de Trail, unha aproximada de 26 Km. e un desnivel positivo
duns 780 mts, outra distancia de aproximadamente 16 km e un desnivel positivo
aproximado de uns 500 mts, e unha na modalidade de andaina non competitiva de
16 km. Tamén se celebrará unha proba simbólica para nenos e nenas “Pequetrail”
adaptada ao número e idade das inscricións.
2. DATA E TEMPOS. As probas celebraranse o Domingo 02 de outubro de 2022, ás
09:45 h. nas modalidades de Trail e ás 10:00 h, para a modalidade da andaina e
Pequetrail, con saída e chegada nas proximidades da Praza do Concello.
O evento é libre, podendo participar tanto persoas federadas como non
federadas. A idade mínima para participar en ambas probas será de 18 anos, para os
menores de esta idade e ata os 16 anos deben de ter un consentimento asinado por
un titor ou titora legal. No caso da andaina, poden participar menores de idade
acompañados do titor ou titora.
Non hai tempo máximo para completar a proba de Trail e Mini Trail pero, en
ningún caso, debe superar as 6 horas máximo dende a saída. Transcorrido este
tempo, péchase o control de chegada.
Hai controis de paso, e a organización poderá en todo momento alteralos por
seguridade ou por causas do tempo atmosférico.
A organización resérvase o dereito de poder retirar da carreira a calquera
participante que pase os controis fóra do tempo establecido. O corredor terá a
posibilidade de continuar pola sua conta sen ningún tipo de apoio por parte da
organización e baixo a súa responsabilidade e risco.
Os e as participantes que non terminen no tempo establecido pola
organización quedarán descualificados.

A andaina estará auxiliada por membros da organización e nunca se poderá
abandonar dita formación se non está autorizado polo responsable organizativo, xa
que hai partes comúns co percorrido das outras probas e pode xerar confusión ou
accidentes.
É responsabilidade de cada participante seguir na ruta correcta da etapa, para
o cal a organización sinalará con todos os medios dispoñibles os enclaves conflitivos
de cada unha delas e será motivo de descualificación non seguir o trazado designado
ou saltarse os controis de paso, así como detectar recortes no percorrido. A
organización resérvase a posibilidade de cancelación por causa xustificada e tamén o
cambio de datas e lugares de celebración, o cal será sempre comunicado con
antelación, salvo que se teña que suspender o mesmo fin de semana por causas
climatolóxicas ou xustificadas, neste último caso no haberá dereito á devolución da
inscrición.
3.ABASTECEMENTOS, PRINCIPIOS E MATERIAL.- Haberá os seguintes
abastecementos nas tres modalidades de participación:
- TRAIL: Tres líquidos e sólidos, (nº1, km.11), (nº2, km.17), meta (km.26) , e un
líquido no paso intermedio (km.6,5). Distancias aproximadas.
- MINI TRAIL: Tres líquidos e sólidos (nº1, km. 5), (nº2 km.10), e meta (km.16).
Distancias aproximadas.
- ANDAINA: Tres líquidos e sólidos (nº1, km. 5), (nº2 km.10), e meta (km.16).
Distancias aproximadas.
- PEQUETRAIL: líquidos e sólidos na meta.
Estes puntos quilométricos son aproximados, a organización poderá aumentar
ou mover os abastecementos segundo a climatoloxía ou por causas debidamente
xustificadas, sempre en beneficio do desenvolvemento da proba.
Semi-autosuficiencia. Estas carreiras réxense polo principio de carreira
individual en semi-autonomía, é dicir, a capacidade dun corredor ou corredora de
organizarse a súa propia supervivencia entre dous abastecementos, tanto desde o
punto de vista alimentario como de vestiario, de seguridade, permitindo a
resolución sen axuda dos posibles problemas previsibles considerando o entorno
(enfermidade, problemas psíquicos, feridas, etc.). Cada corredor debe levar durante

toda a carreira todo o material obrigatorio si é o caso ou facer caso das
recomendacións da organización respecto a isto. Este material pode ser requirido na
saída, a vez que en calquera momento os responsables dos puntos de control da
carreira poden solicitar unha comprobación de devandito material. Todos os
corredores ou corredoras están obrigados e obrigadas a someterse aos controis con
amabilidade, incumprir o control ou non levar o material obrigatorio dá lugar a unha
retirada ou penalización. Para este tipo de probas non é obrigatorio ningún tipo de
material auxiliar.
Material Recomendable para as probas: impermeable, teléfono móbil cargado, vaso
e sistema de hidratación propio.
Dado o noso compromiso co medio ambiente e co fin de evitar xerar residuos,
non haberá vasos plásticos, haberá una cantidade limitada de vasos reciclados de
cartón nas zonas dos abastecementos. Os participantes que porten envases ou
residuos deberán cargar con eles ata depositalos no abastecemento máis próximo
ou na liña de meta onde haberá depósitos para a sua recollida.
4.CATEGORÍAS E PREMIOS.- As idades de referencia das categorías terán que estar
cumpridas na data da carreira.
TRAIL*
 Absoluta 18 anos en adiante.
 Tres primeiras e tres primeiros postos.
 “Veteranos e veteranas 1” desde 40 anos en adiante.
 Tres primeiras e tres primeiros postos.
 “Veteranos e veteranas 2 “desde 55 anos en adiante.
 Tres primeiras e tres primeiros postos.
*Premios non acumulativos.
MINI TRAIL
 Absoluta 18 anos en adiante.
 Tres primeiras e tres primeiros postos.
 Veteranos e veteranas 1 , desde 40 anos en adiante.
 Tres primeiras e Tres primeiros postos.

 Veteranos e veteranas 2, desde 55 anos en adiante.
 Tres primeiras e tres primeiros postos.
*Premios non acumulativos.
O titor ou titora que firme a autorización é o responsable en todo momento
do menor, dando consentimento á organización de poder gravar imaxes ou sacar
fotos durante o percorrido e podendo ser publicadas ou divulgadas posteriormente.
Todo corredor ou corredora terá que avisar aos seus acompañantes de dito
consentimento, de non facerse, o corredor asumirá toda a responsabilidade.
5. INSCRICIÓN.- A inscrición realizarase online a través da web
http://www.galitiming.com realizando o ingreso a través da pasarela de pago
mediante tarxeta bancaria. A inscrición inclúe: dorsal personalizado, obsequio de
participación, cronometraxe/clasificacións (Trail e MiniTrail), seguro de
accidentes/responsabilidade civil, abastecementos, servizo médico, ambulancia e
servizo de fisioterapia no final da proba.
Os dorsais unha vez asignados son persoais e intransferibles, debendo
colocarse na camiseta, a altura do peito, con imperdibles ou cinta porta-dorsal,
permanecendo sempre visible. Todo corredor ou corredora que porte un dorsal que
no sexa o seu poderá ser penalizado e retirado da proba e en caso de entrar en meta
en posición de podio, será descualificado. A retirada de dorsais será o domingo 2 de
outubro desde as 8:00 h ás 9:30 na Praza do Concello, debendo presentar para a súa
retirada documento de identidade. No caso de non poder recoller o dorsal en
persoa, débese entregar unha autorización impresa previamente firmada a un
terceiro coa documentación necesaria e mostrar fotocopia do DNI/NIE orixinal do
titular do dorsal, entregando dita autorización nas mesas de recollida de dorsais.
Non se entregarán dorsais a aqueles que no cumpran con estes requisitos. Os prezos
serán de 15 euros para a modalidade de Trail, 12 para o MiniTrail, 10 para andaina e
5 para o PequeTrail.
Haberá una charla técnica o Domingo 2 de outubro previa ás saídas das
probas. A cronometraxe realizarase mediante o sistema de Galitiming por chip.

Todo corredor ou corredora non inscrito será responsable de calquera dano causado
durante o transcurso do evento.
A retirada da proba voluntaria debe facerse sempre nos abastecementos e
comunicarlle ao persoal da Organización dito feito.
6.INFRACCIÓNS.- Consideraranse infraccións o seguinte:
.-Non auxiliar ou socorrer a outro participante que se encontre en perigo ou
accidentado.
.-Realizar calquera acción voluntaria que dane o entorno natural.
.-Arroxar calquera desperdicio durante o percorrido, fóra dos depósitos previstos
pola organización ou áreas de abastecementos.
.-Non realizar o percorrido completo.
.-Non levar o dorsal, manipulalo ou cedelo a outra persoa.
.-Alterar os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu D.N.I
ou N.I.E.
.-Comportamento non deportivo ou non respectuoso con organizadores/as,
colaboradores,/as, público e outros participantes.
.-Responsabilidade ou participación neglixente nun accidente no que se ve envolto
outro participante.
.-Calquera outro motivo non reflectido entre os puntos anteriores que se considere
castigado pola Organización. A Organización poderá designar unha sanción tanto de
tempo como de suspensión do participante.
7.CAMBIOS.-A Organización resérvase o dereito de realizar calquera cambio por
necesidades organizativas ou polo beneficio dos participantes, debendo comunicalo
aos mesmos antes da saída ou cando sexa posible durante o transcurso da mesma. A
organización poderá suspender e aprazar a proba se se observa un risco para a
seguridade dos participantes, por causa de forza maior, por condicións
meteorolóxicas extremas que desaconsellen a súa celebración ou calquera outro
motivo que estea xustificado. Calquera modificación notificarase debidamente e coa
máxima antelación posible.

8.RESPONSABILIDADE.- Cada participante no momento da súa inscrición manifesta
encontrarse nunha forma física e psíquica axeitada para afrontar o reto desta proba
e asume o risco derivado desta práctica deportiva.
A Organización non se fai responsable dos danos, prexuízos ou lesións que os
participantes poidan sufrir ou causar a terceiros, como tampouco dos gastos,
débedas ou danos que puideran contraer durante o evento. A Organización, ten
subscrito un seguro de responsabilidade civil e outro de accidentes para todos os
participantes debidamente inscritos que cubrirán as incidencias da proba. Quedan
excluídos da póliza os casos derivados dun padecemento latente, inobservancia das
leis, imprudencia e os producidos por desprazamento a ou desde o lugar no que se
desenvolve a proba.
9.ACEPTACIÓN, DESCARGO DE RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS.- Os e
as participantes, polo feito de inscribirse libre e voluntariamente, declaran coñecer e
aceptar plenamente o presente regulamento. No caso de dúbidas ou de xurdir
algunha situación non reflectida no mesmo, prevalecerá o que dispoña a tal efecto a
organización. Polo simple feito de inscribirse, o participante declara o seguinte:
“Atópome en estado de saúde óptimo para participar no Trail da Baña 2022.
Ademais, eximo de toda responsabilidade á organización, patrocinadores e outras
institucións participantes ante calquera accidente ou lesión que puidera sufrir antes,
durante e ou despois do evento deportivo, renunciando dende xa a calquera acción
legal en contra de calquera das entidades mencionadas.
Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e
calquera outro tipo de material audiovisual no que poida figurar eu, acompañantes
ou outros corredores que eu inscriba, debendo notificalos de dita cesión ou
autorización, e aceptando a publicación de nomes e apelidos na clasificación da
proba nos medios de comunicación e/ou Internet, sin esperar pago, compensación
ou retribución algunha por este concepto”.
O Concello da Baña ou calquera outro patrocinador da proba, por si mesmos
ou mediante terceiras entidades, poderán almacenar, tratar como establecen a Lei
Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, da protección de Datos de Carácter Persoal,
todos os datos persoais facilitados polos participantes e as imaxes obtidas no
desenvolvemento da carreira serán almacenadas en ficheiros da entidade coa
finalidade de xestionar a participación na carreira, así como a promoción, a
distribución e a difusión da mesma. Podendo en calquera momento exercer os
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando un escrito
acompañado do seu DNI ao mail: deportes@concellodabana.gal
A efectos de notificación todo corredor inscrito autoriza como medio de
notificación legal o correo electrónico e o móbil.