Calendario
Ver carrera

Cangas de Foz

06/11/2022 11:30 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción 1. DATA:
A Run Foz Run en colaboración co Club Atletismo Ría de Foz e C.M.V.M. Cangas organizan a III Edición do CROSS OS
CASTROS o día 6 de Novembro de 2022 na localidade de Cangas de Foz.
2. PARTICIPANTES:
Poderán participar na categoría absoluta todas aquelas persoas nacidas dende o ano 2006 (incluído) que o desexen,
sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.
O evento desenvolverase en tres fases diferenciadas, andaina popular, carreiras de pitufos e menores cun máximo de
50 participantes en cada categoría e unha competición de Cross Absoluta de maneira individual e por equipos cun
máximo de 300 participantes. A organización resérvase 50 prazas a maiores para deportistas convidados/as.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
Quen participe comprométese a aceptar o presente regulamento e calquer posible modificación da proba obrigada
por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os
compromisos que se inclúen neste regulamento.
Todo/a participante inscrito/a declara:
 Que se considera nun estado de saúde óptimo para participar no III CROSS OS CASTROS.
 Que ten lido, entendido, aceptado e se compromete a cumprir o presente regulamento.
 Que exime de responsabilidade á Organización pola perda de obxectos persoais ou roubo, así como como por
calquera contaxio de calquera enfermidade que puidera sufrir durante o evento deportivo.
 Que autoriza sen contraprestación algunha a que a Organización faga uso de calquera tipo de material
audiovisual no que poida figurar o/a participante, aceptando a publicación do seu nome completo na
clasificación da proba, nos medios de comunicación, e/ou internet.
 Conforme á L.O. 03/2018, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro,
cuxo responsable é O Club Atletismo Ría de Foz. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para
os eventos RUN FOZ RUN así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercer os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección de sinalada
(atletismoriadefoz@mail.com), axuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte o presente regulamento. En caso
de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estimarase e aceptarase o que dispoña a
Organización.
4. INSCRICIÓNS:
En ningún caso de van aceptar inscricións fora de prazo. Desde o 23/09/2022 ata o 30/09/2022 a un prezo reducido
de 6€. Desde o 01/10/2022 ata o 23/10/2022 8€ e desde o 24/10/2022 ata o 02/11/2022 10€. Menores gratuítas
salvo no último tramo que abonarán 2€!
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o importe da inscrición en ningún caso salvo baixa
médica acreditada presentada antes do 2 de NOVEMBRO (incluído) e enviada a atletismoriadefoz@gmail.com En caso
contrario, non se fará o reembolso.
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:
Os/as deportistas Terán que portar obrigatoriamente un dorsal no peito en todo momento, sen dobrar nin ocultar,
ben visible. Recomendamos recoller o dorsal nas primeiras horas da mañá para evitar aglomeracións innecesarias de
última hora.
Na carpa da organización de 09:00h a 11:00h. Situada no Campo de Fútbol de Cangas de Foz. Zona de Saída e Meta.
7. ZONA DE QUENCEMENTO:
O quencemento poderá facerse oficialmente na zona do campo de fútbol de Cangas acotada a tal efecto ou no paseo
marítimo, pregamos que si están disputándose carreiras non se quente no circuíto.
8. PRESAÍDA E SAÍDA:
Todos os deportistas terán que presentarse á porta da zona de presaída exactamente 10 minutos antes da súa saída
para ser ubicados nun lugar axeitado, para non ter acumulacións de persoas e controlar os caixóns de saída. Todos os
atletas da categoría absoluta terán un tempo máximo de 60 minutos para rematar a proba.
Para a categoría pícaros a carreira será non competitiva.
9. PENALIZACIÓNS E DESCUALIFICACIÓNS:
Será obrigatorio cumprir o presente regulamento para o desenvolvemento da proba, publicado na web
https://championchipnorte.com/
Todo/a aquel/a que non o cumpra poderá ser descualificado (incluso antes de comezar a competición). Non se
permite:
 Incumplir o presente regulamento.
 Non levar axeitadamente o dorsal no peito, e/ou o chip oficial de control de tempos.
 Non realizar o percorrido completo.
 Manifestar un mal estado físico evidente.
 Manifestar un comportamento non deportivo coa Organización, cos outros deportistas ou co público, facendo
protestas maleducadas, ou se reitere en protestas inxustificadas ante a Organización.
O persoal de Organización, está facultado para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que manifeste
un mal estado físico evidente. Todo/a aquel/a corredor/a descualificado/a deberá retirar o seu dorsal e abandonar o
circuíto inmediatamente.
II CROSS OS CASTROS
10. SERVICIOS E SEGURO:
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e de accidentes.
Contaremos coa axuda de efectivos de Policía Local e de Protección Civil, ademáis dos voluntarios propios da
organización.
11. PERSONAS NON INSCRITAS:
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola
Organización, considerando que pon en risco ao evento debido á actual situación sanitaria. Se é advertida a súa
presenza se lle instará a abandonar o circuito e serán requeridos os seus datos persoais.
12. RECLAMACIÓNS:
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao responsable técnico do evento, non mais tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados, presentando o DNI.
13. PREMIACIÓN:
A cerimonia de entrega de premios do III CROSS OS CASTROS 2022 efectuarase a partir das 13:00h na zona de meta.
Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar noutra persoa. Se non
estivese presente ao inicio do acto, entenderase que renuncia ao premio.
Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as individuáis das seguintes categorías:
 Categoría Pícaros (2015 y posteriores): Categoría no competitiva. Medallas para todos.
 Categoría Benxamín (14-13): Trofeos tres primeros clasificados masculino e femenino.
 Categoría Alevín (12-11): Trofeos tres primeros clasificados masculino e femenino.
 Categoría Infantil (10-09): Trofeos tres primeros clasificados masculino e femenino.
 Categoría Cadete (08-07): Trofeos tres primeros clasificados masculino e femenino.
 Categoría Absoluta: Trofeos e agasallo aos tres primeros clasificados masculino e femenino.
 Categoría Senior (2006 hasta 34 años): Trofeos tres primeros clasificados masculino e femenino.
 Categoría Máster A (35 hasta 44 años): Trofeos tres primeros clasificados masculino e femenino.
 Categoría Máster B (45 hasta 54 años): Trofeos tres primeros clasificados masculino e femenino.
 Categoría Máster C ( 55 años y +): Trofeos tres primeros clasificados masculino e femenino.
Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as POR EQUIPOS (Mínimo 4 atletas): Deberán formar e crear o
seu equipo na web championchipnorte.
A zona de entrega de premios será no palco situado na praza, a carón do Campo de Fútbol.
14. AVITUALLAMIENTO/OUTROS:
Todos/as os/as inscritos gozarán dun avituallamento líquido e sólido ao finalizar o evento. Haberá a disposición dos
atletas colectores de lixo polo que agradecemos que ao rematar depositen o lixo neles. Haberá servizo de duchas e
vestiarios e tamén gardaroupa.
16. CATEGORÍAS/DISTANCIAS/HORARIOS ESTIMADOS: *PODEN SUFRIR MODIFICACIÓNS.
CÁMARA
CHAMADAS
HORA
SAÍDA CATEGORÍA ANO
NACEMENTO DISTANCIA VOLTAS COMPETICIÓN
10:20 H 10:30H PÍCAROS 2015 EN DIANTE 200M Media MENORES
10:30 H 10:40H BENXAMÍN 2013-2014 600M 1 A MENORES
10:40 H 10:50H ALEVIN 2011-2012 1000M 1 B MENORES
10:50 H 11:00H INFANTIL 2009-2010 1600M 1 A + 1 B MENORES
11:05 H 11:15H CADETE 2007-2008 2000M 2 B MENORES
11:20 H 11:30H CROSS ABSOLUTO 2006 + 6500M 1 A + 3 C POPULAR
12:45 H CERIMONIA PREMIACIÓN POPULAR

[ Go Back ]